"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
Obxecto indeterminado.
-
Obxecto de pouco valor que non ten utilidade ou estorba.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Embutido semicurado propio de Nafarroa e tamén de Euskadi, feito a base de carne de porco, aínda que pode levar vacún, e touciño embuchados en tripa fina e condimentado con pemento. Consómese principalmente frita, pero tamén cocida; tradicionalmente, prepárase o día de san Tomé.
-
-
Que lle gusta e ten a capacidade de facer rir a xente, especialmente contando chistes ou cousas que fan gracia.
-
Que ten chiste.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pao que se crava no chan para demarcar terreos.
-
PERSOEIRO
Poeta e político peruano. En México foi secretario de Pancho Villa e, en Guatemala, conselleiro de Estrada Cabrera. Escribiu, entre outras obras, Iras Santas (1895), Alma América e Fiat lux! (1908) e o canto épico Ayacucho y los Andes (1924). Apresado en varias ocasións, morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Bohemia Setentrional, na República Checa, situada ao pé das montañas Krušné Hory (52.098 h [1996]). A industria, principalmente a química, é a base da súa economía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes da familia dos cipriniformes ao que pertence a boga de río.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Útil lítico realizado sobre coio que mostra sinais de tallado por dúas caras, unha aresta cortante na parte distal e conserva unha ampla superficie corticada. Xunto co chopper foi considerado o artefacto básico da pebble culture, aínda que aparece en xacementos posteriores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
píldora.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de paos dispostos en forma de reixa, con barras entrecruzadas, que van colocados na malladora para que a palla mallada poida esvarar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de choutar. Ex: O can pasou o valado cun potente chouto.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial de características románicas con planta de cruz latina rematada cunha ábsida semicircular, precedida dun pequeno tramo rectangular. O tramo da nave cóbrese con madeira a dúas augas, mentres que a cabeceira cunha bóveda de canón e a ábsida cunha de cuarto de esfera. A parte máis antiga do edificio é a ábsida, posiblemente dunha igrexa preexistente, da segunda metade do s XII, que fundara Fernando II de León. Nela aparece unha decoración de canzorros, entrelazos, seteiras e outros elementos propios do románico rural de Galicia. A nave e o cruceiro parecen ser posteriores, segundo aparece nunha inscrición que fai mención á fundación da igrexa por parte da abadesa Teresa Arias de Páramo en 1324. O interior do templo mantén a austeridade e o concepto espacial das características góticas, só alteradas polo pequeno retablo neoclásico do presbiterio e polos restos dunhas pinturas murais góticas tardías que se corresponden co padroado de don Alonso de More, no primeiro terzo do...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Efecto producido cando a luz atravesa unha suspensión dunha substancia finamente dividida nun líquido. Prodúcese por mor das diferentes dispersións do po en suspensión e do líquido; como consecuencia, a suspensión só deixa pasar as radiacións que teñan frecuencias que pertenzan á banda estreita do espectro, para a que o líquido e o po teñen o mesmo índice de refracción.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Khristo Javačev.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boris Khristov.
-
PERSOEIRO
Matemático alemán. Traballou no campo da xeometría diferencial. Introduciu os símbolos que levan o seu nome e que aparecen na relatividade xeral.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enrique I de Haití.
-
VER O DETALLE DO TERMO
chuviñoso.
-
PERSOEIRO
Político e escritor inglés. Fillo de Randolph H. S. Churchill. Ingresou no exército (1895) e foi correspondente de guerra para o xornal londinense Morning Post. Deputado conservador (1900), abandonou o seu partido para unirse aos liberais. Como subsecretario de estado para as colonias (1906) defendeu a Home rule irlandesa e a concesión da autonomía aos bóers. Foi ministro de Comercio (1908-1910) e do Interior (1910-1911) e primeiro lord do Almirantado (1911-1915). Posteriormente, exerceu como ministro de Municións (1917) e da Guerra (1919-1922). En 1924, en oposición ao que estaba a acontecer coa Revolución Rusa, volveu ao partido conservador. Nos anos trinta demandou con insistencia unha política de oposición ao expansionismo hitleriano. Ao desencadearse a Segunda Guerra Mundial foi nomeado primeiro ministro (1940). No exterior, malia as súas difíciles relacións con Stalin, cooperou coa URSS cando foi atacada por Hitler e apresurouse a establecer a Grande Alianza cos...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
chuvioso.