"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Escribir un texto con signos taquigráficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de escritura que permite transcribir tan á présa como se fala mediante signos especiais e abreviaturas. Aínda que se aplicaron sistemas de abreviación na Antigüidade, o primeiro sistema coherente que foi utilizado ata a Idade Media, foi o aplicado polos romanos, coñecido por notas tironianas. Nos primeiros concilios tamén se fixo uso do sistema tironiano para recoller os debates, práctica que perdurou ata o s XI, cando caeu en desuso. Durante o período medieval usouse un sistema a base de elipses ou siglas, apócopes ou palabras cortadas, contraccións, letras sobreescritas ou abreviaturas con signos especiais. Durante o Renacemento apareceron os precursores da taquigrafía moderna, con Timothy Bright (1588), en Inglaterra, seguido de John Willis, que, en 1602 foi o primeiro en facer uso do termo estenografía, e Thomas Shelton, que se serve da palabra taquigrafía, en 1626. A taquigrafía moderna iniciouse con John Byrom en 1720 en Inglaterra, onde de 1700 a 1900 apareceron...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á taquigrafía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica profesionalmente á taquigrafía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de escribir a máquina e con taquigrafía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica profesionalmente á taquimecanografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos tardígrados.

    2. Metazoo do filo dos tardígrados.

    3. Filo de metazoos tripoblásticos protóstomos que ocupa un lugar intermedio entre os artrópodos e os anélidos. Teñen o corpo oval, de 1 mm de lonxitude como máximo, basicamente segmentados, provistos de 4 pares de patas curtas e articuladas, os tres primeiros pares son locomotores, e o cuarto, terminal, fixa o corpo a un substrato. A maioría son de sexos separados, unisexuados, con dimorfismo sexual, ovíparos e con desenvolvemento directo. Poden vivir en anabiose moitos anos. A maioría son terrestres, que habitan en lugares húmidos e herbívoros, non obstante, tamén hai mariños bentónicos, de augas doces e carnívoros e detritófagos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, escultor e pintor ucraíno. En 1913, despois dunha visita ao taller de Picasso, fixo os primeiros relevos polimatéricos de concepción abstracta, orixe do construtivismo. Na Revolución de 1917 foi máis intransixente na proclama da nova arte revolucionaria en sentido arquitectónico-industrial (produtivismo) e xuntouse con Rodženko (1916), os irmáns Pevsner e Lisitzkij (1920). Entre 1919 e 1920 proxectou e presentou o Monumento á Terceira Internacional. Desde 1933 dedicouse preferentemente á escenografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poema feito con palabras que comezan coa mesma letra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reunión de delegados da CNT celebrada entre os días 10 e 18 de decembro de 1919 no Teatro de la Comedia, de Madrid. Organizou os sindicatos únicos para o ramo da industria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de debuxo técnico formado por un par de regras perpendiculares cun dos extremos fixado sobre un pomo xiratorio provisto dun goniómetro, que permite trazar liñas rectas de calquera inclinación sobre calquera punto da superficie dun taboleiro de debuxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diagrama meteorolóxico en que se representa en abscisas as temperaturas absolutas e en ordenadas os logaritmos neperianos das temperaturas potenciais. Ten a propiedade de que a área comprendida dentro de calquera curva que represente unha evolución termodinámica reversible é igual á calor absorbida ou ao traballo efectuado por cada unidade de masa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino que provén do latín eclesiástico Thecla, do grego Thekla, derivado de Theókleia, nome persoal feminino correspondente ao masculino Theoklés, composto de theós ‘deus’ e kles ‘famoso’, co significado de ‘que ten fama por causa dos deuses’ ou ‘que ten fama divina’. Presenta como variante Tecla e como formas populares Tecra, Trega, Técola e Tiexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. O seu prometido, Tamiris, acusouna de cristiá e foi sometida a tormento, pero non morreu e seguiu a san Paulo. Encerrouse nunha cova en Miriamlik (Armenia) e cando ía ser ultraxada de novo, orou pedindo permanecer pura. A cova derrubouse e deixou o seu brazo ao descuberto, que foi trasladado a Armenia para darlle sepultura e rendirlle culto. Iconograficamente representouse como unha moza con longa cabeleira, vestida con túnica, palio e coroa real. Leva unha palma e un brazo que sostén na man dereita, como atributo persoal. A súa festividade celébrase o 23 de setembro, aínda que tras o Concilio Vaticano II eliminouse do calendario litúrxico universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • fototelegrafía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • fototelégrafo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Transmitir mensaxes por telégrafo.

    2. Enviar telegramas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arte de construír, instalar e manexar os telégrafos.

    2. Sistema de telecomunicacións que consiste na transmisión a distancia de mensaxes en forma de sinais codificados, especialmente os constituídos por pulos eléctricos propagados por medio de fíos condutores ou ben por ondas hertzianas, que neste caso se denomina telegrafía sen fíos ou radiotelegrafía. A invención da telegrafía eléctrica moderna débese aos ingleses William e F. Cooke e Ch. Wheatstone, e ao estadounidense S. F. B. Morse. O telégrafo Morse foi presentado nos EE UU en 1843, e introduciu un código alfabético (alfabeto Morse) en que cada letra estaba determinada por un grupo de sinais curtos e longos, denominados puntos e raias. Co tempo empregouse o telégrafo inscritor, de Hughes, baseado nos traballos de Cooke-Wheat-stone. E. Baudot presentou en 1874 un sistema de telegrafía rápida en que un mesmo condutor transmite diversas mensaxes. Nos modernos sistemas telegráficos, o operador cursa unha mensaxe empregando un teclado idéntico ao dunha máquina de escribir e o texto aparece...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao telégrafo ou á telegrafía.

    2. Que é enviado ou transmitido por telégrafo.

    3. Que se expresa de xeito conciso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se ocupa da instalación e do servizo dos aparatos telegráficos.

    VER O DETALLE DO TERMO