"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Sal do ácido ciánico obtido por oxidación dos cianuros con algúns óxidos metálicos.

    2. Anión derivado do ácido ciánico, de fórmula NCO - , presente nos cianatos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cunca ou vaso con asa alongada usado por gregos e romanos para extraer viño da crátera e servilo en copas sen mollarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de ozoide asexuado que se forma nos pirosómidos a partir do ovo e que dá lugar, por xemación, aos ascidiozoides.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás cicadatas.

    2. Planta da clase das cicadatas.

    3. Clase de xinmospermas constituída por plantas dioicas con aspecto de fento ou de palmeira, normalmente con ramificacións soamente na base. Comprende catro familias (cicadáceas, boweniáceas, estanxeriáceas e zamiáceas) e once xéneros. Esténdense polas zonas tropicais e subtropicais de África, Asia, Australia, América e as illas occidentais do Pacífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos sales do ácido ciclámico empregados como edulcorantes artificiais, en especial o sódico e o cálcico. Descuberto en 1937 por M. Sveda, trátase dunha substancia cristalina incolora, moi soluble en auga e trinta veces máis doce ca a sacarosa. Empregouse moito nas industrias alimentaria e farmacéutica, ata que se prohibiu o seu uso en 1969, ano dende o que se somete a un rigoroso control.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ehículo lixeiro de dúas rodas, semellante a unha bicicleta, con pedais ou sen eles, provisto dun motor de explosión de dous tempos de cilindrada inferior a 50 cc, con embrague de disco ou centrífugo. Polo xeral, leva cambio de velocidades manual de dúas ou tres marchas ou variador continuo de velocidade, que se acende cos pedais ou cun pequeno motor eléctrico de arranque; as normas de circulación non lle permiten exceder dunha velocidade de 45 km/h sobre unha superficie chá. Os primeiros modelos consistían nunha bicicleta á que se lle engadía un motor que movía unha das rodas por rozamento mediante unha cadea. Co tempo converteuse nunha motocicleta de dimensións reducidas, adecuada para a circulación urbana e para traxectos curtos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariedade de silicatos que comprende aqueles que teñen como unidade estrutural aneis formados por tres, catro ou seis grupos tetraédricos (SiO4)4-. Cada tetraedro enlázase cos adxacentes compartindo un osíxeno e cada anel únese aos outros por medio de catións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos ciclóstomos.

    2. Vertebrado do grupo dos ciclóstomos.

    3. Clase de vertebrados, da superclase dos agnatos, que comprende os seus membros máis antigos. Agrupa animais que conservan o notocordio durante toda a vida, desprovistos de mandíbulas e portadores só de aletas impares. O grupo inclúe numerosas formas fósiles que teñen a súa máxima expansión no Silúrico Superior e no Devónico Inferior. Os ciclóstomos actuais represéntanse por dúas formas parasitas, as lampreas e os mixinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poeta. A súa obra encádrase na corrente socialrealista e nela recrea formas e temas da poesía popular. Publicou Mis pobres versos (1965) e Cantigas en gallego traducidas al castellano (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Lingüista. Foi profesor da Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo (1986-1987) e, desde 1987, profesor de lingua galega na facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Entre 1991 e 1992 realizou unha estadía de investigación no departamento de Lingüística da Universidade de Lisboa. Dende 1984 colabora no estudo de lexicografía e gramática realizado polo Instituto da Lingua Galega. Participou ademais en diferentes proxectos de investigación en lingüística galega, entre os que destacan Gramática histórica da lingua galega (1992-1995), Gramática descritiva da lingua galega (1995-1998) e Sintaxe descritiva da lingua galega (a partir de 1998). Colaborador en diversas revistas e publicacións especializadas, publicou varios artigos sobre lingüística galega, especialmente no eido da sintaxe, entre os que destacan “As construcións pronominais en galego” (1991), “Modelos de lingua e variación sintáctica” (1994), “Marcaxe preposicional...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Mondoñedo. Graduado en dereito civil e eclesiástico, foi fiscal eclesiástico en Oviedo, cóengo na catedral de Lugo, gobernador, provisor e vicario xeral da diocese de Lugo-Mondoñedo ata que en 1816 foi nomeado bispo. Durante o seu bispado caracterizouse polas súas ideas firmemente absolutistas que propugnaban a superioridade do poder relixioso sobre o civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte do extremo setentrional da illa de Monteagudo ou do Norte, no arquipélago e parroquia das Cíes (concello de Vigo). O seu cumio acada os 188 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cigomicetos.

    2. Fungo da clase dos cigomicetos.

    3. Clase de fungos terrestres nos que ten lugar a reprodución sexual por fusión de dous gametanxios que dan lugar a un cigoto, de parede grosa que, cando xermina, orixina o esporanxio. Existen unhas 900 especies pertencentes a tres ordes: as mucorais, as glomais e as entomoftorais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula con dobre dotación cromosómica formada pola fusión dun gameto feminino cun gameto masculino antes de comezar a segmentación. No ciclo reprodutor dos seres vivos, o estadio de cigoto é dunha importancia vital porque nel ten lugar a unión da dotación hereditaria dos dous proxenitores. É un estadio de pouca duración xa que rapidamente empeza a diferenciación para constituír o embrión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte do edificio soterrada que serve de apoio e soporte para a estrutura do mesmo e que chega a rentes do chan. OBS: Emprégase xeralmente en plural.

    2. Argumento ou idea principal sobre a que se constrúe un principio, unha teoría ou outra cousa non material.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sal ou éster do ácido cinámico. Algúns empréganse en medicina e en perfumería.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cada un dos anións poliatómicos que teñen o cinc como átomo central.

    2. Denominación xenérica de diversas substancias que se orixinan por reacción do hidróxido de cinc, Zn(OH) 2 , de natureza anfótera, con bases fortes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patricio romano. Elixido cónsul no 460 a C, foi nomeado ditador no 458 a C para axudar o cónsul Municio na campaña contra os ecuos. No 438 a C foi de novo ditador, para combater os proxectos democráticos do patricio Espurio Melio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Torneo das Seis Nacións.

    VER O DETALLE DO TERMO