"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • GALICIA

    Pintor. Participou, en Madrid, nas exposicións da Unión de Dibujantes Españoles. Colaborou nos diarios El Sol e La Vanguardia. En Galicia, Castelao orientouno na técnica da xilografía. Emigrou a São Paulo (1952) onde se formou nun estilo surrealista, un tanto onírico con influencias indixenistas. Destaca Tauromaquia e Persoaxes fantásticos (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra. Ampliou estudios en Viena e na Juilard School de Nova York. Foi discípulo de Schmid, H. Swarowsky e K. Osterreich. Foi o director estable da Deutsche Oper de Berlín (1972-1976), da Orquesta Nacional de España (1984-1988), da Cincinnati   Symphony Orchestra (1986-2000) e director musical do Teatro Real de Madrid desde 2001.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psiquiatra e profesor. Presidente da Asociación Mundial de Psiquiatría, defendeu teses, no terreo moral, dun carácter católico integrista e en 1940 fundou a revista de psiquiatría Actas Españolas de Psiquiatría da que foi director. Escribiu La agonía del psicoanálisis (1945), La angustia vital (1950), El libro de la vida sexual (1968) e Tratado de psiquiatría (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestra e escritora. É autora de Cantares (1983), unha achega á poesía infantil. Escribiu tamén a peza breve, O muíño baleiro (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Doutor en Filosofía e Letras e profesor titular na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela, escribiu Precios do trigo, centeo e millo na segunda metade do século XIX en Galicia (1986) e La Población de Galicia 1860-1991: crecimiento, movimiento natural y estrutura de la población de Galicia (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e aviador. Ingresou no Servicio de Aeronáutica Militar como tenente (1920), realizou os cursos na Escola Superior de Aeronáutica en París e obtivo o título de Enxeñeiro Aeronáutico. Ascendeu a comandante en 1925 e desempeñou os cargos de director da Escuela de Transformación de Cuatro Vientos e xefe de escuadrilla. Realizou unha gran viaxe ata Extremo Oriente. Saíu desde Cuatro Vientos o 5 de abril de 1926 e chegou a Manila o 13 de maio do mesmo ano. Recibiu a medalla militar individual e a Cruz Laureada de San Fernando. En 1933 inaugurouse un monumento na súa memoria, obra de Francisco Asorey.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade situada no estado de Texas, EE UU (186.200 h [1990]), ao NO do estado, ao S de Amarillo. É un centro financeiro e un dos primeiros mercados mundiais do algodón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Banqueiro, naturalista, antropólogo e prehistoriador. Membro do Parlamento desde 1870, introduciu numerosas reformas, especialmente na banca. Realizou importantes contribucións científicas á entomoloxía e á antropoloxía. Nos seus traballos antropolóxicos introduciu por primeira vez os conceptos de Paleolítico e Neolítico e dedicouse á búsqueda de paralelos etnográficos que permitisen a reconstrución dos datos arqueolóxicos, para o que empregou o método comparativo. Na entomoloxía dedicouse ao estudo dos insectos sociais. Publicou Prehistoric Times (1865), Ants, Bees, and Wasps (1882) e The Pleasures of Life (1887-1889).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Swazilandia (5.942 km2; 153.958 h[1986]). A súa capital é Siteki (2.271 h [1986]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta eslovaco. Influído polo simbolismo francés, a súa poesía alterna unha visión pesimista do mundo con outra máis serena do amor cara ao seu país e a Deus, como en Spoved (Confesións, 1922), Himny (1934) e Spev vlkov (O canto dos lobos, 1929). Tamén destacan Elixir (1934) e Moloch (1938), as dúas obras de temática social, Babel (1944) e Óda na poslední a první (Oda á derradeira e á primeira, 1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dor que se inicia na parte lumbar e que se irradia polo territorio dun ou de todos os nervios ciáticos. Está provocado xeralmente por afeccións da rexión lumbar que lesionan os nervios raquídeos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen é detractor de Portugal ou da súa cultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lexislador, filósofo e moralista francés. Escribiu De la législation ou principes des lois (1776), obra na que propugnou o establecemento dun tipo de sociedade próxima á ideal e Entretiens de Phocion sur le rapport de la morale et la politique (1768), onde denunciou a distribución inxusta dos bens.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política ucraína. Coñecida como Golda Meir, emigrou a Milwaukee coa súa familia en 1906. Uniuse cedo ao Labor Zionist Party, e en 1921 emigrou a Palestina. Acadada a independencia do estado de Israel, foi ministra de Relacións Exteriores (1956-1966). En 1969 foi elixida cabeza de goberno e dimitiu (1974) a consecuencia da Guerra Árabe-israelí de 1973.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito. Foi abade de Santo Adrião de Sever e membro fundador da Academia Real da História. Está considerado o pai da bibliografía portuguesa, e a súa obra máis importante é a Biblioteca Lusitana (1741-1758).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela de Gustave Flaubert, escrita entre 1851 e 1856, e publicada en La Revue de Paris (1857). Describe a historia de Emma Bovary, amante do luxo que se considera unha heroína romántica pero que non sabe aceptar a súa realidade. Fatigada pola vida aburrida e polo ambiente provinciano que a rodea, convértese nunha esposa infiel ata que finalmente se suicida. Esta obra, cualificada de inmoral pola crítica da época, está considerada como unha das creacións máis importantes da novela moderna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Noruega (1035-1047) e de Dinamarca (1042-1047), fillo ilexítimo de Olavo II de Noruega. En 1042, á morte de Canuto III de Dinamarca, uniu Dinamarca a Noruega e en 1046 foi obrigado a repartir o reino co seu tío e sucesor Harald III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (1316 - 1374) Rei de Suecia (1319-1365) e de Noruega (Magnus VII; 1319-1343). Mentres era menor de idade, gobernou a aristocracia e cando tomou o poder real (1332), conseguiu a unión da península coa conquista de Escania e Halland. En 1343 cedeulle Noruega ao seu fillo Haakon VI e Suecia ao seu neto, o duque Alberte de Mecklemburg en 1364. Foi o último monarca da dinastía dos Folkungar.

    VER O DETALLE DO TERMO