"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • iascón, Cotobade 4.11.1920 - Pontevedra 24.3.1992) Gaiteiro. Comezou a tocar moi novo da man do seu pai, Emilio Portela, que tamén era gaiteiro. Con doce anos marchou a Vigo, onde foi perfeccionando a súa técnica co mestre Xosé Oliveira o Moreno. En 1942 roubáronlle a gaita que lle regalara seu pai en 1934 e estivo sen tocar trece anos, ata que coñeceu a Antonio Fernández, que lle cedeu unhas gaitas de ébano que pertenceran a Faustino Santalices. En 1955 emigrou a Venezuela e fundou o grupo de gaitas do Lar Galego de Caracas, que dirixiu ata o seu regreso a Galicia en 1959. En 1968 gravou, xunto co seu irmán Xesús, un disco co grupo Irmáns Portela. Posteriormente, en 1980, gravou Festa en Viascón, que contou coa participación de Xosé V. Ferreirós. Foi un mestre da gaita dotado dunha técnica única, especialmente no sistema do “tocar pechado”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ilustrador e guionista de cómic. Subdirector da mostra Viñetas desde o Atlántico e fundador do fanzine Interlínea (1983), promoveu en Radio ECCA o programa Arte Alfa, dedicado ao mundo da ilustración, e colaborou no Xabarín Club da TVG como Doutor TNT. Autor da serie “Os heresiarcas”, con debuxos de Das Pastoras, editada en Centroeuropa e EE UU, publicou algúns dos seus traballos en Atlántico Diario, Frente Comixario, Krazy Comics, El País e Totem, e a serie “O labirinto de pedra” (1995-2000) na revista Compostelán. Recibiu o premio ao mellor autor afeccionado (1991) da Casa da Xuventude de Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Cerreda (Nogueira de Ramuín). O seu cumio acada os 1.142 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia nobre castelá orixinaria de Portugal que se estendeu por toda a Península Ibérica. Fundada no s VIII, conseguiu a posesión de Porto Carrero en Portugal. Juan Rodríguez Portocarrero recibiu a señoría das terzas do partido de Toro en 1396, despois de perder os seus dominios portugueses tras a derrota na Batalla de Aljubarrota. Os seus descendentes foron marqueses de Castrillo e entroncaron coas casas de Moguer, Villanueva del Fresno, Medellín, Montijo e Monclova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e político, marqués de Montesclaros e conde de Palma del Río. En 1669 foi ordenado cardeal polo Papa Clemente IX. Foi vicerrei de Sicilia (1677-1678) e ao volver ocupou a sé de Toledo e foi membro do Consello Real de Carlos II. Conseguiu que Xosé Fernando de Baviera fose nomeado sucesor da coroa e, cando este morreu, decantouse polos Borbón. Morto Carlos II (1700), ocupou a rexencia ata a chegada de Filipe V, que o nomeou lugartenente de Catalunya (1701). En 1703 pasou á corte, pero debido á súa ineficacia nos altos cargos financeiros foi confinado á súa arquidiocese (1705).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Enxeñeiro técnico. Director provincial da Coruña (1986-1988) e director territorial de Galicia (1988-1996) do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, escribiu, ademais de artigos en prensa especializada, Contribución do pasto e do penso á produción leiteira en Galicia (1983). Recibiu a Encomienda de la Orden del Mérito Agrario (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Comezou a súa formación artística en 1944 con Antonio Fernández. En 1950 recibiu unha pensión da Deputación de Pontevedra e do Concello de Tomiño e asistiu como alumno libre a clases de debuxo no Círculo de Bellas Artes de Madrid. Ao ano seguinte ingresou na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando e realizou a súa primeira mostra en Pontevedra. Estudou os distintos estilos e escolas artísticas españolas e europeas ao longo de diversas viaxes e en 1955 recibiu unha pensión para asistir a El Paular (Segovia), onde cultivou a paisaxe. Neste mesmo ano concedéronlle o Premio de Estado Carmen del Río da Academia de San Fernando. Rematou os seus estudos en 1956 e tras realizar novas viaxes regresou a Galicia en 1959. Durante a súa residencia en Ourense a partir de 1962 vinculouse aos Artistiñas de Vicente Risco, cos que realizou diversas mostras e participou na decoración do Hotel Mindanao de Madrid e dalgúns Paradores de Turismo de España (1966). Ao redor de 1967-1968 cofundou...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Realizar periodicamente unha actividade.

      2. Cumprir os preceptos relixiosos.

      3. Realizar unha actividade repetidamente para adquirir destreza nela.

    1. Realizar algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar e escritor. Colaborador de revistas como La Estafeta Literaria, Garcilaso, Juventud e Poesía Española, escribiu Del viento verdecido (1953) e Himno de amor misericordia (1954).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade ou estado de precario.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que non ofrece garantías de duración.

      2. Que non ten os medios ou recursos suficientes.

    1. Aplícase ao contrato polo que unha persoa lle cede a outra o uso gratuíto dunha cousa por tempo discrecional, polo tanto, pode revogalo sempre.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anunciar, proclamar e ensinar a palabra de Deus.

    2. Pronunciar un sermón.

    3. Recomendar algo a outros.

    4. Facer coñecido algo que non debería ser publico.

    5. Afirmar unha cousa dun suxeito.

    6. Reprender a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Producir algo polo sistema de prefabricación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario da comunicación. Correspondente de prensa e xefe do gabinete da Consellería de Cultura (1986), colaborou en El Correo Gallego. Participou, xunto ao debuxante Javier González Asenjo, no deseño de numerosos logotipos e anagramas para institucións galegas, dos que destacan o escudo de Galicia, a bandeira co escudo de Galicia, a Medalla de Ouro de Galicia e a Medalla Castelao. Escribiu Saber ser, saber estar (Normas, consellos e curiosidades) (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia da Xironda (Cualedro). O seu cumio acada os 789 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Faltar á obriga do cargo que se exerce por favorecer a alguén.

    2. Cometer un funcionario público o delito de prevaricación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poetisa e dramaturga. Considerada unha das precursoras do texto teatral galego, escribiu os monólogos A loita e Na boda do afillado, a traxedia O embargo, a zarzuela Treidores celos e o sainete O secreto da bruxa. Ademais, publicou os poemarios Horas de frebe (1926), A virxe viúda (hestorea d’un amor) (1964) e O derradeiro (1977), e o libro poético bilingüe Lluvia menuda (1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago ártico de Canadá, situado no Territorio do Noroeste, ao O de Terra de Baffin e na Foxe Basin.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á célula sen núcleo diferenciado, de xeito que o seu material xenético non está separado do resto do citoplasma por unha membrana.

    2. Que ten como unidade estrutural a célula procariota.

    VER O DETALLE DO TERMO