"Adá" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2197.

  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formado na Real Academia de San Fernando, seguiu as normas neoclásicas. Participou na construción do Arsenal do Ferrol desde 1771. Na cidade departamental traballou nas obras da Igrexa concatedral de San Xián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acto de producirse ou de aparecer unha cousa inexistente ou que non está presente. No Islam a denominada teoría do badā(Badā’iyya), defendida por un grupo xiíta radical, sostén que Deus pode cambiar as súas determinacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formouse con Francisco Urtado. Evolucionou desde un clasicismo académico (fachada da Igrexa do Sagrario, Granada, 1722; fachada da Catedral de Málaga, comezada en 1724) ata un barroco recargado (Igrexas de San Isidoro, iniciada en 1727, e Las Agustinas, (1746-1751), ambas en Antequera). Deste último estilo é a sancristía da Cartuxa de Granada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Badajoz.

    2. Habitante ou natural de Badajoz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade e capital da provincia homónima, na Comunidade Autónoma de Extremadura, situada á beira do río Guadiana e preto da fronteira portuguesa (122.510 h [1996]). Centro comercial dunha área agrícola, ten industrias alimentarias e téxtiles. A súa área comercial engloba a zona oriental da provincia e parte da de Cáceres. É sé episcopal. Ten universidade. Capital do pequeno reino independente dos Banū-al-Aftars (s XI), que tributaba parias ao Reino de Galicia, caeu en 1094 en poder dos almorábides e, posteriormente, dos almohades. Pertenceu á xurisdición eclesiástica de Santiago de Compostela. En 1230 Afonso VIII de Galicia conquistouna definitivamente. En 1289 foi escenario das loitas entre portugaleses e bejaranos. A proximidade con Portugal motivou diversos asedios lusos para conquistala. En 1801 asinouse o tratado de paz que puxo fin á chamada Guerra das Laranxas, entre España e Portugal. Durante a Guerra da Independencia contra Napoleón foi ocupada polo mariscal Soult (1811) e logo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Extremadura (21.657 km2; 656.848 h [1996]), a máis extensa de España. Integrada por 161 concellos (1996), a súa capital é Badajoz. O poboamento deste territorio artéllase ao redor de cidades de tamaño medio e pequeno, entre as que destacan Mérida (capital autonómica), Don Benito, Almendralejo, Llerena, Villanueva de la Serena, Montijo, Zafra, Villafranca de los Barros, Olivenza e Jerez de los Caballeros. A provincia, cos seus límites actuais, estableceuse en 1833.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Vello (? - 1527) Arquitecto. Mestre Maior da Catedral de León durante moitos anos. Atribúeselle a realización da Capela de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Mozo (León? 1498? - 1560?) Arquitecto. En activo desde 1516 ata 1560. Fillo de Juan de Badajoz o Vello, á súa morte foi mestre da Catedral de León, onde traballou con Juan de Juni e Guillén Doncel nas obras de imaxinería. O seu estilo é de estrutura gótica, pero con decoración renacentista. Na catedral leonesa dirixiu as obras do trascoro (1535-1538) e do claustro (1540). En 1534 realizou a librería de San Isidoro de León; en 1536 construíu a capela do Infante en San Pablo de Peñafiel; en 1547 interveu na construción do Mosteiro de San Pedro de Eslonza, cun claustro que superaba nas súas proporcións ao que realizara no Mosteiro de San Zoilo (Carrión de los Condes) en 1537; e en 1550 fixo os planos do claustro procesional ou claustro vello do Mosteiro de San Salvador de Celanova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Realizou entre 1499 e 1505 o ciborio da Catedral de Ourense, exemplo da arquitectura gótica hispano-flamenga do s XV, inspirado no primitivo ciborio da Catedral de Burgos; ten planta octogonal e bóveda de crucería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Afganistán, ao N do estado, que se interna cara ao Pamir e a China, polo corredor de Vākhān (47.403 km2; 521.000 h [estim 1982]). A capital é Feyzābād (9.600 h [estim 1982]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • País da alta Asia, que se estendía desde o Hindūkush ao Pamir, dividido en dúas grandes rexións polo alto curso do Amudarja: a meridional, actualmente comprendida na provincia do Badakhshān (Afganistán), e a setentrional, comprendida na República autónoma de Gorno-Badakhsān (Taxiquistán). De relevo esencialmente montañoso (altitudes de 5.859 m e 5.334 m), que se acentúa cara ao Pamir, está constituído por complexos glaciofluviais cunha forte erosión torrencial, que modifica a primitiva estrutura glacial. Os ríos pertencen á conca do Amudarja e o clima é continental extremado. O compoñente étnico da poboación inclúe os taxicos do Pamir, os uzbecos das chairas e os nómades kirguizos no Vākhān. Así mesmo, na súa maioría, de relixión musulmana. Os principais recursos económicos son a gandería, a agricultura de subsistencia e a minería, especialmente na área afgana, onde é tradicional a explotación do lapislázuli, o ferro, o ouro, a prata e os rubís. O principal núcleo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal comarcal aparecido na vila de Viveiro en abril de 1982. Deixou de publicarse en decembro de 1983. Tiña unha tirada que variaba entre os 1.000 e os 1.400 exemplares a un prezo de trinta e cinco pesetas. Nas súas dezaseis páxinas incluíanse artigos de carácter cultural e político, centrados na comarca da Mariña lucense.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Golpe do badalo contra a campá.

    2. Acción ou dito que denota carencia de coñecemento ou estupidez.

    3. Campá que ten o badalo dun esmalte diferente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tocar a campá co badalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Argola que vai colocada no interior da campá e da que pendura o badalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de badalear.

    2. Repique dunha ou varias campás.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de ferro en forma de maza suspendida no interior da campá para facela soar golpeándoa.

    2. Peza análoga de óso, fusta, etc, para facer soar os chocallos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONCELLO

    Concello da provincia de Barcelona (210.987 h [1996]). Inserida na área metropolitana de Barcelona, esténdese polo litoral oriental da cidade. Núcleo industrial moi diversificado (téxtil, químico e metalúrxico), experimentou ao longo dos últimos anos do s XX un proceso de terciarización, así en 1991 o sector terciario acollía xa a máis da metade da poboación ocupada. A orixe de Badalona está no poboado ibérico de Baitolo e no campamento romano de Baetulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Badalona.

    2. Natural ou habitante de Badalona.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pel que ten o gando vacún por debaixo do pescozo.

    2. Pel de ovella ou de carneiro, curtida con adobos vexetais, de moita flexibilidade e suavidade e relativamente delgada, que se emprega para forrar calzado, facer accesorios, e cando está máis acabada e tinguida, en encadernación e traballos de coiro fino.

    3. Aleta ventral ou pectoral dos peixes.

    VER O DETALLE DO TERMO