"Bia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 440.

  • Aplícase ao organismo que pode vivir en augas salobres de clorinidade elevada, próxima á da auga do mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao microorganismo saprobio que habita en medios que conteñen unha cantidade abundante de materia orgánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baños de Molgas baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • precolombino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diminución da agudeza auditiva propia dos anciáns, que consiste no feito de que senten mellor de lonxe que de preto e perciben mellor a voz baixa ca a alta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao proverbio.

    2. Que é coñecido ou sabido desde sempre por todos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade vírica descuberta en 1902 polo bacteriólogo húngaro A. Aujeszky (1869-1933), que causa trastornos respiratorios e no sistema nervioso dos porcos. Tamén pode afectar a bovinos, ovinos, cans e gatos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á pube.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Enfermidade infecciosa aguda, producida por un virus, que o home contrae xeralmente pola trabada de animais infectados. O prognóstico da enfermidade adoita ser fatal unha vez instaurada, polo que son dunha grande importancia as medidas profilácticas. Os primeiros éxitos en vacinacións antirrábicas débense ao biólogo francés Louis Pasteur.

    2. Sentimento que leva a enfrontarse a algo con máis forza e coraxe.

    3. Estado de excitación nerviosa producida por un acontecemento adverso.

    4. Sentimento de xenreira e antipatía cara a algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de rabiar.

    2. Que está moi enfadado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sentir rabia.

    2. Anhelar unha cousa con moita intensidade.

    3. Padecer a enfermidade da rabia.

    4. Ter un sabor moi picante un alimento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Substituír de novo.

    2. Substituír unha peza que deixou de servir por outra da mesma clase.

    3. Xirar a cargo do librador unha letra protestada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás rizobiáceas.

    2. Bacteria da familia das rizobiáceas.

    3. Familia de bacterias Gram-negativas, da orde das eubacteriais, con varios flaxelos e que habitan saprofiticamente no solo ou establecendo relacións simbióticas con certas plantas ou tamén poden ser patóxenas. Comprende, entre outros, os xéneros Rhizobium e Agrobacterium.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de escultores e ceramistas italianos dos ss XV e XVI. Luca della Robia (Florencia 1400?-1482), foi posiblemente discípulo de Ghiberti. A súa primeira obra coñecida foi unha Cantoria (1431-1438) para a catedral de Florencia. Realizou relevos, de tema relixioso, con figuras brancas sobre fondos azuis de cerámica vitrificada entre os que destacan a Madonna delle rose, a Madonna della mela, a Madonna Frescobaldi e a Madonna do Ospedale degli Inocenti. O seu sobriño e discípulo, Andrea della Robbia (Florencia 1435-1528), divulgou as cerámicas vitrificadas. Fixo os medallóns con putti da fachada do Ospedale degli Inocenti (1463) e Madonna e i santi, da portada do Ospedale di Pistoia. O seu fillo, Giovanni della Robbia (Florencia 1469-1529), especializouse en motivos ornamentais, e foi o posible autor de obras menores atribuídas ao seu pai. Girolamo della Robbia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Suabia (1057-1080), fillo do conde de Rheinfelden. Obtivo o ducado de Suabia da Emperatriz Inés e casou con Matilde (1059), irmá do Emperador Enrique IV, con quen se enfrontou durante a Querela das Investiduras. Non recoñecido polo Papa Gregorio VII como emperador (1077), foi derrotado por Enrique IV en Turinxia (1078) e morreu en combate.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico italiano. Estudou na Università di Pisa, onde se doutorou en 1957. Dirixiu o proxecto que levou en 1983 á detección dos bosóns intermediarios. Recibiu o Premio Nobel de Física de 1984 xunto con S. van der Meer, polo descubrimento das partículas W e Z, intermediarias na interacción débil, o que lles permitiu establecer a teoría electrodébil que une as forzas electromagnética e débil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas da familia das rubiáceas, con follas en verticilos con espiñas nos bordos, flores amarelas en cimas e froito carnoso de tipo baga. En Galicia esta presente a especie R. peregrina (herba dos dedos).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa Mariña que dá nome ao concello de Rubiá, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Valdeorras situado no NL da provincia de Ourense e no SL da Comunidade Autónoma de Galicia. A súa posición xeográfica é 42° 27’ 06’’ de latitude N e 6° 57’ 28’’ de lonxitude O. Limita ao N coa provincia de León, ao S cos concellos do Barco de Valdeorras e Carballeda de Valdeorras (os dous da comarca de Valdeorras), ao L de novo, coa provincia de León e ao O, co Barco de Valdeorras. Abrangue unha superficie de 100,7 km 2 , en que acolle unha poboación de 1.617 h (2007), distribuída entre as parroquias do Barrio de Cascallá, Biobra, Covas, Oulego, Pardollán, O Porto, Quereño, O Robledo da Lastra, Rubiá e A Veiga de Cascallá. A súa capital é a vila de Rubiá, localizada a 118 km da capital provincial. Está adscrito á diocese de Astorga e ao partido xudicial do Barco de Valdeorras.
    Xeografía física
    O termo municipal de Rubiá é un espazo de contrastes, entre as áreas de val e as zonas montañosas, que se elevan con fortes pendentes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantautor e músico. Coñecido como Xoán Rubia, en 1968 comezou os seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela, onde entrou en contacto cun grupo de músicos emerxentes que logo formarían Voces Ceibes. Ese mesmo ano compuxo as súas primeiras cancións sobre poemas de autores galegos, das que destacan Falade galego ou A emigración. En 1969 gravou o seu primeiro disco e a partir dese momento comezou unha serie de recitais e concertos por vilas e cidades de Galicia. En 1971 gravou outro disco con temas populares, dos que destacan Catro vellos mariñeiros ou Vexo Vigo. En 1976 editou o disco titulado Lembranzas e, xunto coa cantante María Manuela, lanzou o disco Panxoliñas. Posteriormente, editouse Nadal, que complementaba o anterior, compuxo novas cancións e actuou en numerosos festivais, tanto nacionais como internacionais.

    VER O DETALLE DO TERMO