"CAD" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 940.

  • Líquido dun cheiro repulsivo que se obtén por destilación ao quentar trióxido de arsénico cun acetato alcalino; coñécese tamén co nome de líquido arsénico fumegante, que ten como principal constituínte o óxido de cacodilo. Foi descuberto polo químico L. C. Cadet de Gassicourt (París 1731 - 1799).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Soldado de familia pertencente á nobreza que ascendía directamente a oficial sen pasar polos rangos intermedios.

    2. Alumno dunha academia militar.

      1. En determinadas disciplinas deportivas, categoría na que se inclúen os practicantes dunha determinada idade, que normalmente se corresponde coa do inicio da adolescencia.

      2. Clase de embarcación de vela lixeira tripulada por dous navegantes, que xeralmente se emprega como barco de aprendizaxe.

    3. cardeal común.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro do Konstitucionno-demokratičeskaja Partija (KD, Partido Constitucional Democrático) que estivo vixente en Rusia entre 1904 e 1917. Este partido propoñía a transformación do imperio nun réxime parlamentario constitucional. Opúxose ao goberno da duma. En 1917 dominaron o goberno provisional dirixido polo príncipe Lvov. Trala Revolución de Outubro desapareceron da escena política.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xuíz que exerce as súas funcións nos países musulmáns. Aínda que ten competencia, segundo o dereito islámico, sobre todos os procesos xudiciais, actualmente esta se reduce a temas relacionados coa relixión, tales como o dereito familiar e sucesorio, seguindo o dereito alcoránico; ten tamén as funcións de velar polas fundacións pías ou sinalar o inicio e o final do ramadán (o mes do xaxún). O exercicio deste cargo foi instituído polo Califa Omar, desde entón o gobernador é quen o nomea. Para ser cadi hai que cumprir unha serie de condicións: ser varón (aínda que a escola hanefita admite tamén mulleres), ser musulmán e libre, e reunir certas garantías como as de non dedicarse ao comercio. A sentenza deste xuíz, que hoxe é escrita aínda que nos primeiros tempos era oral, é definitiva e inapelable. O cadi supremo ou qā ḋ ī al-qudā, está por enriba de todos os cadis e vive na capital; en Al-Andalus recibiu o nome de qā ḋ ī al-gawnad...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía, bañado polo río do mesmo nome, na comarca de Las Alpujarras (1.754 h [1996]). A súa economía baséase no sector agropecuario, especialmente nos cultivos mediterráneos (cereais, vides e oliveiras).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Correa, xeralmente de coiro, con asas nas puntas para enganchar os bois ou vacas ao xugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pao de carballo cun aro en cada cabo, que se coloca nos estadullos opostos do carro tradicional para evitar que estes cedan cando vai cargado.

    2. cádiga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Marca norteamericana de automóbiles de luxo fabricados dende 1903 a 1909 por Cadillac Motor Car, compañía fundada por Henry Leland en 1903 en Detroit. En 1909 esta compañía integrouse na General Motors, que seguiu fabricando os Cadillac.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de doce ou vinte e catro fíos que se introducen no buraco do peite do tear.

    2. Atadura dunha madeixa.

    3. cordón umbilical.

    4. Envoltura das tripas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos nove sesquiterpenos bicíclicos isómeros que se atopan distribuídos no gálbano e nos aceites esenciais de cubeba, de cimbro e doutras plantas. O isómero máis importante, o β-cadineno, foi illado do aceite de cimbro e obtido por síntese a partir do bisaboleno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade e capital da provincia homónima, en Andalucía, situada sobre un istmo que pecha a ampla baía de Cádiz, unindo a terra firme coa antiga Isla de León (145.595 h [1996]). As súas actividades, a industria naval e a pesqueira, están relacionadas co mar. É un dos portos máis importantes da Península, tanto polo número de barcos como polo número de pasaxeiros que o visitan; ademais trátase dun importante centro comercial e administrativo. A economía complétase coa produción de lácteos, derivados do café, do cacao e do azucre. Foi unha antiga factoría fenicia (Gadir), fundada despois do s XVIII a C, que se converteu nun porto de exportación de minerais e de garum. O santuario de Melqart continuou na época romana baixo a advocación de Hércules. Non se atoparon restos da cidade fenicia pero si algunhas tumbas dunha época próxima á romana (un sarcófago antropomorfo) e, no sector de Puertatierra, un sarcófago fenicio de muller dos ss V ou IV a C, que pode ser unha sacerdotisa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Andalucía (7.385 km2; 1.105.762 h [1996]). A capital é Cádiz. Integrada por 44 municipios, o seu litoral constitúe un dos espacios máis densamente poboados de España, cunha rede urbana policéntrica. A cidade de Jerez de la Frontera é o núcleo máis populoso; séguenlle a capital, Cádiz, Algeciras (principal porto mercante da Península Ibérica), San Fernando, El Puerto de Santa María, Sanlúcar de Barrameda, La Línea de la Concepción e Chiclana. Ata a creación da administración provincial, no primeiro terzo do s XIX, formaba parte do antigo Reino de Sevilla. A provincia incluía tamén a cidade de Ceuta, ata que esta se converteu en cidade autónoma en marzo de 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade e porto da illa de Negros, en Filipinas (120.000 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situada no Océano Atlántico, na costa sudoccidental da Península Ibérica. Ten unha lonxitude de 13 km e unha anchura de 10 km. A súa orixe é lacunar. É un gran refuxio para a navegación, o que fai que se desenvolvan núcleos importantes, sobre todo, Cádiz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro texto constitucional da historia política española. Aprobada polas Cortes de Cádiz, foi promulgada o 19 de marzo de 1812, aniversario da subida ao trono de Fernando VII e festividade de san Xosé, polo que foi coñecida como La Pepa. Consta de 384 artigos divididos en 10 títulos. Rompeu co sistema político-social do Antigo Réxime ao declarar que a soberanía residía na nación e ao definir os dereitos individuais. Estableceu como forma do estado a monarquía moderada e limitada pola división de poderes: o poder executivo residía no rei; o lexislativo nas cortes unicamerais formadas por deputados elixidos por sufraxio indirecto e renovados cada dous anos; o xudicial residía nos tribunais de xustiza e a Constitución prohibía a intervención das Cortes e do rei nos asuntos xudiciais. Como órgano consultivo instituíuse o Consello de Estado. A relixión católica foi declarada como a oficial do reino. Ao longo do texto constitucional enumerábanse os dereitos de carácter liberal como...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiron as cortes reunidas inicialmente na Isla de León (Cádiz) e posteriormente en Cádiz e Madrid, dende o 24 de setembro de 1810 ata o 10 de maio de 1814, durante o período da Guerra de Independencia e ata o regreso de Fernando VII. Naceron co carácter de Cortes Xerais e extraordinarias, e realizaron os labores de Cortes constituíntes. Nun primeiro momento establecéronse no teatro da Isla de León (actual San Fernando) ata que en febreiro de 1811 se trasladaron á igrexa de San Felipe Neri, en Cádiz, a causa da proximidade dos franceses. O 14 de outubro de 1813 regresaron á Isla de León e finalmente o 15 de xaneiro de 1815 se instalaron no teatro dos Caños del Peral en Madrid. Naceron coa finalidade de coordinar as accións de loita contra os franceses e para reformar politicamente o país. Os deputados chegados a Cádiz procedían da zona libre de ocupación francesa, aínda que algúns proviñan da zona ocupada. A maioría deles eran eclesiásticos e avogados, aínda que tamén había funcionarios...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GOLFOS

    Situado no Océano Atlántico, no litoral sudoccidental da Península Ibérica. Ábrese desde o cabo de San Vicente (Algarve, Portugal) ata a punta de Tarifa (Andalucía), ao longo duns 350 km de costa baixa, formada por depósitos de aluvión dos ríos Guadiana e, sobre todo, do Guadalquivir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Tebas, Grecia, chamada deste xeito polo nome seu fundador, Cadmos. Sobre as súas ruínas construíuse o castelo medieval de San Homero (s XIV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óxido de zinc con impurezas -polo xeral de óxido de cadmio-, que se acumula nos altos fornos onde se fonde este metal e que, antigamente, se empregaba en farmacia como substituto do óxido de zinc puro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación electroquímica pola que se recobre un metal oxidable (principalmente ferro e aceiro) cunha capa de cadmio, para protexer este metal da oxidación. Polo xeral, emprégase como electrólito unha mestura de cianuros de cadmio e de sodio en medio alcalino e, como ánodo, cadmio puro.

    VER O DETALLE DO TERMO