"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • Festival cinematográfico internacional que se celebra anualmente na cidade francesa de Cannes dende 1939, organizado por Philippe Erlanguer e Favre Bret. A cerimonia inaugural celebrouse no Grand Hotel de Cannes. A Segunda Guerra Mundial interrompeuno ata o 20 de setembro de 1946, data a partir da que se celebrou regularmente. Entre os filmes seleccionados para o programa de apertura destacan La symphonie pastorale (A sinfonía pastoral), de Jean Delannoy, La bataille du rail (A batalla do ferrocarril), de René Clément, e The lost weekend (A última fin de semana), de Billy Wilder. Ao longo dos anos premiáronse coa Palma de Ouro numerosas longametraxes, entre elas: Viridiana (1961), de Luis Buñuel; Il Gattopardo (1963), de L. Visconti; M.A.S.H. (1970), de Robert Alman; Taxi Driver (1976), de Martin Scorsese e The Mision (A Misión, 1986), de R. Joffé. Amais foron galardoados pola súa interpretación actores como: Anthony...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Rodeiro. A primeira noticia documental corresponde á acta fundacional do mosteiro de San Pedro de Vilanova de Dozón (1154), ao que foi doada en 1156. A primitiva fábrica constaba dunha nave e unha ábsida rectangular cuberta cunha bóveda de canón. Da nave só queda unha colección de canzorros variados: vexetais, aves, figuras humanas e cuadrúpedes. Os muros transformáronse ao abrirse portas e ventás. No interior destaca a ábsida, cuberta cunha bóveda de canón semicircular reforzada por un arco faixón. O arco triunfal, de medio punto e dobrado, descansa sobre columnas con capiteis figurados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantante e compositor. Coñecido como Teo Cardalda, foi compoñente do grupo Golpes Bajos, xunto con Germán Coppini, na década dos anos oitenta. En 1983 formou o grupo Cómplices con María Monsonís. Colaborou con artistas e compositores de música rock e pop como José María Cano, Antonio Vega, Jaime de Urrutia, David Summers e os irmáns Urquijo. Realizou a banda sonora para a serie Nada es para siempre. En solitario gravou o disco Uno (1997) e entre os seus traballos discográficos co grupo Cómplices destacan Manzanas (1983), Ángeles Desangelados (1989), La Danza de la ciudad (1990), Está llorando el sol (1991), Preguntas y flores (1993), Básico (1994), Cousas de meigas (1999) e Cómplices (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e sacerdote. Compaxinou a tarefa literaria, a misión pastoral e o compromiso político. Graduado como bacharel, trasladouse a México onde estudiou filosofía e letras, e despois a Nova York para ampliar estudios. En 1950 fundou en París a editorial El Hilo Azul. En 1956 ingresou no mosteiro trapense Our Lady of Gethsemany de Kentucky e en 1961 marchou a Colombia, onde estudiou teoloxía; catro anos despois ordenouse sacerdote en Managua. Foi dirixente da Frente Sandinista de Liberación Nacional e loitou contra a ditadura de A. Somoza. Trala vitoria sandinista en 1979, ocupou o ministerio de Cultura e en 1985 foi afastado polo Vaticano do sacerdocio. Pertenceu ao movemento Cristianos por el Socialismo, vinculado á teoría da liberación. En 1994 renunciou á súa militancia na Frente Sandinista de Liberación Nacional por discrepancias con parte da dirección do partido. Entre outras obras, publicou: Epigramas (1956), Salmos (1964), Homenaje a los indios americanos...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de caro.

    2. Falta, carencia ou escaseza, especialmente de abastecementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Preocupado pola reprodución de textos e debuxos, propuxo un sistema para conseguir copias en seco baseado nun procedemento electrostático: a xerografía. Obtivo a primeira patente en 1940 e a Haloid Co, que despois se converteu na Xerox Corporation, comercializouna en 1947.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento elaborado en 1974 polas organizacións Unión do Pobo Galego (UPG), Unión Democrática Bretona (UDB) e Irish Republican Movement (IRM, composto polo Sinn Fein e o IRA) no que se avogaba polo dereito de autodeterminación dos pobos nunha Europa socialista. Posteriormente sumáronse a este documento outras organizacións da esquerda nacionalista: HASI, de Euskadi, Esquerra Catalana dels Treballadors, Cymru Goch (Gales Vermello), PSAN(p) (Partit Socialista D’Alliberament Nacional dels Països Catalans, provisional), Su Populu Sardu e Lutte Occitane.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico. Destacado virtuoso do saxofón contralto, formou parte de numerosos grupos de jazz ata que en 1932 formou o seu propio grupo, disolto en 1934. Os seus arranxos teñen un grande interese desde o punto de vista rítmico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificación situada na cidade de Pontevedra. Concibido como un espazo de convivencia para o profesorado da provincia, creouse a partir dos cursos de perfeccionamento de 1932. No tempo da Segunda República foi sede de numerosas conferencias, dispuxo dunha   completa biblioteca, coordinou varias excursións pedagóxicas e culturais, expuxo traballos realizados por escolares e, a través da FETE e doutras asociacións do profesorado, intentou promover a creación de máis casas do mestre noutras cidades galegas; feito que se logrou, durante un curto período de tempo, na Coruña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Estudiou na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Realizou exposicións individuais e participou en mostras colectivas entre as que destaca a Mostra de Pintura Galaico-Norportuguesa “Eixo Atlántico” (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Foi cirurxián da familia real e catedrático de Obstetricia do Real Colegio de San Carlos de Madrid (1814). Destituído en 1824 polas súas opinións políticas, foi rehabilitado tempo despois. Impulsou o plan de reforma do ano 1827 que uniu as ensinanzas de medicina e cirurxía. Entre os seus escritos destaca Memoria sobre el arreglo de la ciencia de curar (1836). En 1846 outorgóuselle o título de marqués de la Salud.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fortificación situada na ría de Arousa, na desembocadura do Ulla, da que foi tenente o pai de Diego Xelmírez e que se identificou cunha construción romana do s I. O arcebispo Xelmírez, ante o seu estado ruinoso, derrubouna para realizar unha nova construción da que só quedan en pé as Torres do Oeste, en Catoira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao O da cidade de Sevilla e á beira do río Guadalquivir (15.726 h [1996]). Constitúe unha área de expansión da cidade de Sevilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz e cantante. Coñecida como Estrellita Castro, despois de triunfar no Ateneo Mercantil de Sevilla, percorreu toda Andalucía e Extremadura cun grupo de artistas flamencos e realizou unha xira por España e por América que a levaría a La Habana, lugar no que se exiliou trala Guerra Civil. No seu exilio viaxou a Berlín e rodou nos estudios da UFA, da man de Benito Perojo, algunha das súas películas máis destacadas, como El Barbero de Sevilla, Suspiros de España e Mariquilla Terremoto, as tres producións de 1938. Posteriormente viaxou a Roma e representou un papel en Los hijos de la noche (1939). Intérprete de cancións moi coñecidas como Rocío, María de la O, Mi jaca, Mi tarara, Suspiros de España e Ojos Verdes, participou tamén, entre outros, nos filmes Mi patio andaluz (1933), Rosario la cortijera (1935), Torbellino (1941), Los misterios de Tánger (1942), La niña del patio (1967), La...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento idiófono inventado por Victor Mustel e patentado por Auguste Mustel en 1886. De tamaño reducido e inspirado no piano vertical, posúe unha tesitura de entre 4 e 5 oitavas. O son prodúcese mediante uns martelos que se accionan por medio dun teclado e percuten nunhas placas metálicas. Caracterízase por unha sonoridade de claro transfondo metálico e timbre cristalino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ceo.

    2. Que ten unha cor azul clara semellante á do ceo despexado.

    3. Cor semellante á do ceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino procedente do latín Caelestis ‘celeste, celestial’. Na súa orixe este nome aplicábase tanto a homes como a mulleres.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ceo, considerado como morada de Deus, dos santos e dos benaventurados en xeral.

    2. Que pola súa perfección é agradable aos sentidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sulfato de estroncio, de fórmula SrSO4. Cristaliza no sistema rómbico en cristais tabulares ou prismáticos ou, xeralmente, en masas de cor transparentes ou translúcidas lixeiramente azuladas, brancas, amarelas, verdes ou encarnadas. Ten dureza 3-3,5 e peso específico 3,96. Emprégase na obtención de estroncio.

    VER O DETALLE DO TERMO