"Galicia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 405.

  • Periódico de carácter literario editado na Coruña a partir do 2 de maio de 1857. Cesou a súa edición ao redor do mes de outubro dese ano. Dirixírono en diferentes etapas Xosé Puente, Ricardo Puente e Carlos Muñoz. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Domingo Puga. Ademais da información xeral e cultural, no ámbito literario cómpre salientar a colaboración de destacados escritores do Rexurdimento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico editado na Coruña a partir do 1 de marzo de 1880. Subtitulouse “Semanario de intereses generales”. Cesou a súa edición o 27 de setembro do mesmo ano. Fundado e dirixido por Alexandre Puig e Ricardo Caruncho, incluíu información sobre literatura, ciencias, agricultura, industria e comercio. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Las Noticias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federación que reuniu as irmandades locais e comarcais do Reino de Galicia establecida en 1467. Aprobada e ordenada polo Rei Enrique IV de Castela, estaba integrada polos alcaldes, deputados ou procuradores e cuadrilleiros. Dirixiu a Segunda Guerra Irmandiña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario editado en Santiago de Compostela a partir do 1 de xaneiro de 1860. Desde finais de 1860 ata 1862 tivo unha segunda época. Subtitulouse “Revista de instrución pública, ciencias, literatura, bellas artes e intereses materiales”. Difundiron o proxecto Xosé Agra e Xosé Rodríguez Ruibal, mentres que Xosé Planellas exerceu como director. O seu obxectivo era mellorar o nivel cultural e técnico de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indicación Xeográfica Protexida creada pola Orde de 7 de febreiro de 1997 da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes. A zona de produción e elaboración   abarca todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Enténdese por lacón galego as extremidades dianteiras do porco unha vez curadas, que cumpran as características anatómicas, de orixe, corte, elaboración, curación e comercialización, e que pertenzan ás razas Celta, Large White, Landrace, Duroc e aos seus cruzamentos, aínda que se acepta o cruzamento coas razas Branco Belga e Pietrain. Os lacóns clasifícanse en lacón galego tradicional, cando proceden de porcos alimentados tradicionalmente, e lacón galego, se os animais foron alimentados con pensos autorizados e controlados polo Consello Regulador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación editada en Corrientes a partir do 1 de decembro de 1926. Subtitulada “Folla Galeguista”, estivo promovida pola sociedade do mesmo nome e dirixida por Valvanera I. de Malvárez. De periodicidade quincenal, quixo aglutinar aos galegos da provincia de Corrientes e dos territorios do norte arxentino. Incluíu información sobre a asociación e os seus propósitos, animando a integrarse nela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. A súa finalidade é a defensa, protección, difusión e conservación do patrimonio cultural, así como o establecemento de sancións contra as agresións que poida sufrir. Engloba o patrimonio moble, o inmoble e o inmaterial, tanto de titularidade pública como privada, ademais das manifestacións da cultura galega tradicional e popular. Establece tres categorías de bens: os declarados de interese cultural, os catalogados e os inventariados. Define o patrimonio arqueolóxico como bens mobles e inmobles de carácter histórico, susceptibles de seren estudiados con método arqueolóxico, e os elementos xeolóxicos e paleontolóxicos relacionados coa historia humana; o patrimonio etnográfico como lugares, bens mobles, inmobles e coñecementos que constitúan expresión da cultura e modos de vida tradicionais, como patrimonio bibliográfico, fondos e coleccións bibliográficas e hemerográficas; e o como patrimonio documental e dos arquivos, documentos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio concedido pola Xunta de Galicia co que se pretende recoñecer e recompensar os méritos daqueles que pola súa actividade no ámbito das letras e das artes engrandeceron e afirmaron os valores culturais de Galicia. Recibírono Antón Fraguas (1995), Xosé Filgueira Valverde (1996), Domingo García-Sabell (1997), Francisco Fernández del Riego (1998), Luís Tobío (1999), Pura Vázquez (2000), Francisco Xavier Río Barja (2001), Xosé López Calo (2002) e Isaac Díaz Pardo (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Sada a partir de xullo de 1985 por Ediciós do Castro, do Grupo Sargadelos. Desde 1994 apareceu baixo o subtítulo “Revista de liberdades, crítica e cultura”. Dirixida por Manuel Rivas, tivo como redactores a Xabier Seoane, Lino Braxe e Antón Baamonde. Entre os seus colaboradores contou con varias xeracións de escritores e ensaístas, como Xavier Alcalá, Vicente Araguas, Xan Bouzada, Bieito Iglesias e Suso de Toro. Tamén destaca a achega de fotógrafos, como Xurxo Lobato, Delmi Álvarez e Vari Caramés, e de ilustradores, como Luís Seoane, Reimundo Patiño e Maside, que lle deron á publicación unha gran calidade artística. Se ben nun principio saíu con carácter trimestral, a partir de 1997 converteuse en anual, aínda que mantivo unha periodicidade irregular. Inclúe artigos literarios e análises moi críticas da actualidade, contribuíndo á renovación da prensa cultural galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que apareceu na Coruña en setembro de 1882. Problablemente tivo unha segunda época entre 1895 e 1913 e, posteriormente, reapareceu en 1900 e cesou en 1942. Estivo dirixida por Augusto Milón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Traballo de investigación realizado polo Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega en colaboración coa Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia entre 1992 e 1996. Para a súa elaboración realizáronse un total de 38.897 entrevistas entre a poboación residente en Galicia de máis de 16 anos de idade. A enquisa constaba de 148 preguntas, algunha delas con subdivisións internas, polo que se obtiveron un total de 170 variables, como a competencia lingüística do galego, as actitudes e prexuízos lingüísticos ou os datos de identificación persoal do entrevistado. O traballo foi publicado pola Real Academia Galega en tres volumes (1994, 1995 e 1996) e nel recóllense datos significativos da situación sociolingüística de Galicia. En xeral, o estudo amosa que os galegos teñen unhas actitudes positivas cara ao galego, especialmente entre os máis novos e os galegofalantes. O galego é a lingua maioritaria do país, malia observarse unha liña de descenso constante no seu uso...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Galardón creado pola Xunta de Galicia en 1984 para distinguir as persoas ou institucións polos seus méritos ao servizo da comunidade galega en calquera aspecto da realidade social, cultural ou económica. Entréganse o 25 de xullo, Día de Galicia, nun acto solemne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Indicación xeográfica protexida, segundo a Orde do 19 de febreiro de 2003 da Consellería de Agricultura, Gandaría e Montes e modificado o seu regulamento pola Orde do 10 de febreiro de 2004. Conta con 460 produtores de mel e 61 plantas envasadoras. O seu consello regulador controla, ampara e certifica o produto que leva a etiqueta identificativa de Mel de Galicia, desde a produción ata a súa presentación no punto de venda. Aínda que é unha denominación única, está formada por diferentes tipos: mel de milflores, de eucalipto, de castiñeiro, de queiroga e de silva, que terán que ser producidos, elaborados e envasados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación de orixe aprobada pola Orde do 17 de outubro de 2000 da Consellaría de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e ratificado o seu regulamento pola Orde de 2 de agosto de 2001 do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Agrupa os produtores de mexillón de Galicia das rías de Ares-Betanzos, Muros-Noia, Arousa, Pontevedra e Vigo. Os mexillóns que se atopen baixo o control deste consello deben cumprir uns requisitos ecolóxicos, como a non manipulación do medio, e sanitarios, pero sen utilizar medicamentos, así como ser comercializados sen conservantes e en envases 100% reciclables.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio que se creou en 1982 en Pontevedra, organizado por Francisco Fernández de Ana Magán, coa finalidade de potenciar os novos investigadores de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro de investigación fundado en 1921 pola Junta para Ampliación de Estudos para realizar investigacións relacionadas cos problemas da agricultura galega. Inicialmente estaba situado en Santiago de Compostela, nun local cedido pola Escola de Veterinaria, o seu primer director foi Cruz Gallástegui, pero posteriormente, en 1927, instalouse en Pontevedra. En 1939 integrouse no CSIC. Foi creado para realizar investigacións sobre a agricultura galega, posteriormente centrou as súas investigacións na mellora xenética de cultivos de zonas húmidas (millo, fabáceas e brasicáceas, fundamentalmente). Os seus obxectivos principais son atopar novas variedades que sexan menos agresivas co ambiente, para o que se estuda a diversidade xenética de especies cultivadas (prospección de recursos, conservación e propagación, entre outras), e selecciónase e mellórase as especies cultivadas (resistencia a pragas, enfermidades, e outras condicións de estrés ou novos usos de variedades).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo político que se fundou en Galicia en xaneiro de 1976. Tivo a súa orixe no Movimiento Comunista formado en Euskadi en 1966. Defendeu a autogobernación galega nun discurso marxista e socialista, e pretendía unha revolución social que acabase coa dominación burguesa e establecese unha Galicia soberana. En 1976 integrouse no Consello de Forzas Políticas Galegas e aínda que expuxo textos para a formación do Anteproxecto de Estatuto de Autonomía de Galicia, non se presentou nas primeiras eleccións galegas (1981) por non estar legalizado. Editaba a publicación Galicia en Loita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo político fundado por Alfonso Álvarez Gándara en Vigo. Fusionouse co Partido Socialista Galego para presentarse ás primeiras eleccións xerais da democracia (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado no cabo do Muíño en Alcabre (Vigo), inaugurado no verán de 2002, coincidindo co tricentenario da Batalla de Rande. Promovido polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, foi proxectado polos arquitectos Aldo Rossi e César Portela. Alberga exposicións, de diversa temática, que xiran arredor do mar como fonte de recursos e actividade humana.

    VER O DETALLE DO TERMO