"ILi" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1725.

    1. Torneado que ten por finalidade obter unha peza exteriormente cilíndrica no que o movemento de avance, conseguido por medio da transmisión do movemento da barra de cilindrar ao carro principal, é paralelo ao eixe da peza.

    2. Operación de sacar brillo ao coiro pola acción dun rolo a presión.

    3. Operación de acabado dos tecidos que consiste en facelos pasar polo cilindro para apisoar o gran, quitar o apresto ou satinalos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Comprimir algo cun cilindro ou pasar un cilindro por enriba dalgunha cousa.

    2. Desbastar ou alisar algunha peza cilíndrica co torno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de cilíndrico.

    2. Diferencia entre unha peza cilíndrica elaborada e un cilindro perfecto, que se pode presentar baixo diversas formas (conicidade, ovalización, etc).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao cilindro. Ex: Non fun capaz de calcular a capacidade cilíndrica da xerra.

    2. Que ten a forma dun cilindro. Ex: Levaba postos uns pendentes cilíndricos.

    3. Superficie creada por unha recta (xeratriz) que se move paralelamente a un eixe fixo, apoiándose nunha curva plana (directriz), contida nun plano que corta o eixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Corpo limitado por unha superficie cilíndrica e dous planos paralelos que a cortan. As superficies intersecadas nestes planos son as bases, e a distancia entre os planos, a altura do cilindro. Os segmentos da superficie cilíndrica entre as dúas bases, paralelos ao eixe da superficie, son as xeratrices. Se os planos son perpendiculares ás xeratrices é un cilindro recto; pero se non o son, é un cilindro oblicuo; se se corta o cilindro por un plano non paralelo á base obtense un cilindro truncado; e se as bases dun cilindro recto son dous círculos, trátase dun cilindro de revolución.

      1. Peza cilíndrica que forma parte de diversas máquinas empregadas en impresión, como elemento sustentador das pranchas ou moldes (nas rotativas tipográficas, nas máquinas offset, na impresión calcográfica, etc) ou como elemento de presión (nos antigos tórculos calcográficos, nas máquinas offset, nas máquinas tipográficas plano-cilíndricas, etc).

      2. Peza metálica cun baleiro construtivo cilíndrico dentro do que se move un pistón (dun motor, dunha máquina de vapor, dun cilindro pneumático ou hidráulico, etc). Nos motores son xeralmente de fundición e, no caso dos motores policilíndricos arrefriados por auga, están agrupados nunha soa peza, o bloque motor, que ten no interior as canles por onde circula a auga. Nos motores arrefriados por aire, cada cilindro é independente e leva arredor aletas, entre as que circula o aire de arrefriado.

      3. Carrete de madeira ou de metal provisto de puntas ou de pugas que forma parte dalgúns instrumentos mecánicos, como o carillón ou a caixa de música.

      4. Peza prismática dotada de movemento intermitente que -en diversas máquinas e mecanismos da industria téxtil, como as máquinas de lectura, os xogos de caixóns e as máquinas jacquard- arrastra o debuxo e o fai volver.

      5. Elemento cilíndrico que forma parte de moitas máquinas empregadas na industria, como as laminadoras, as calandras, as secadoras, as que se utilizan para acabados téxtiles, etc.

    2. Subproduto da moenda do arroz que se coñece tamén como fariña de cilindro.

    3. Superficie sobre a que están todas as pistas que se atopan á mesma distancia do centro nun disco de dúas caras. Nos discos duros, nos que hai como mínimo catro caras formadas por dous discos idénticos paralelos, o concepto de cilindro substitúe a miúdo ao de pista.

    4. Parte interior cilíndrica do talo, constituída axialmente polo durame e perifericamente pola albura. Dentro do cilindro central están incluídos os feixes condutores.

    5. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • cilindr(o)-.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é semellante a un cilindro.

    2. Cilindro que ten as seccións rectas en forma de elipses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor de evolución lenta constituído por cordóns epiteliais anastomosados en forma de rede. Segregan substancias mucosas e hialinas que se depositan en cavidades cilíndricas ou no espazo situado entre o epitelio e o estroma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia nos ouriños de cilindros urinarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Prolongación citoplásmica de forma cilíndrica acuminada que emerxe da superficie de moitas células, tanto de seres unicelulares como pluricelulares animais ou vexetais. Os cilios adoitan ser numerosos e moi pequenos (5-15 μm de lonxitude e 0,1-0,3 μm de diámetro). A parte que emerxe, ou talo ciliar, continúa, dentro da célula, no mastigosoma e no rizoplasto asociado, profundamente estendido cara ao interior. O talo ciliar está recuberto pola membrana celular e a súa estrutura está constituída por nove túbulos periféricos e dous centrais recubertos por unha vaíña moi fina. A estrutura do mastigosoma é similar á do centríolo. Permiten os desprazamentos (en células libres) e a nutrición (captación e retención de partículas). Tamén transmiten impulsos do medio ao interior.

    2. Cada un dos pelos ou apéndices filiformes que, en conxunto, forman unha franxa marxinal, como os que se dan na marxe dalgunhas follas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos cilióforos.

    2. Individuo do subtipo dos cilióforos.

    3. Subtipo de protozoos, xeralmente grosos e de estrutura complexa, co corpo recuberto de cilios dispostos formando series. Viven preferentemente en auga doce, especialmente en pozas ricas en residuos orgánicos, no mar e nas augas salgadas, onde hai formas parasitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección ou interese polo cine na súa dimensión artística e técnica. Ex: A súa cinefilia está moi documentada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. Profesor de Lingüística e Literatura Medieval na Universidade de Lisboa. Reformou o Centro de Estudios Filológicos, coñecido a partir de 1975 como Centro de Lingüística da Universidade de Lisboa. Investigou nas áreas de literatura medieval, lingüística románica, dialectoloxía e xeografía actual do portugués. Dedicouse á edición de textos, á historia da cultura medieval e á historia xeral da lingua. Como medievalista especializouse no estudo da historiografía de raíz afonsina e elaborou a edición crítica da Crónica Geral de Espanha de 1344 (1951), baixo a orientación de Ramón Menéndez Pidal, realizada polo conde de Barcelos, para a que empregou como fonte inmediata unha versión galego-portuguesa da Crónica General. Con respecto á materia medieval non-literaria, estudiou desde unha perspectiva lingüística os foros galego-leoneses de Castelo Rodrigo e os documentos galego-portugueses do s XIII, especialmente a Noticia de Torto, e das chancelerías de Afonso...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao alfabeto e á escritura eslava. O alfabeto cirílico, atribuído erroneamente a san Cirilo de Tesalónica, creouse nos ss IX-X sobre a base da escritura maiúscula grega. Os sons estraños ao grego tomáronse doutros lugares non moi ben determinados. Converteuse no alfabeto civil ruso e, baixo o reinado de Pedro o Grande (1708), foi dotado de caracteres “profanos” (graždanskij šrift), mentres que os antigos caracteres quedaban como propios do uso eclesiástico. O alfabeto cirílico profano, con poucas variantes, tamén o usan as linguas ucraína, serbia e búlgara. Foi novamente revisado en 1918 e suprimíronselle algúns signos. O alfabeto cirílico, con outros signos de nova creación para expresar sons alleos ás linguas eslavas, serviu para outras linguas non eslavas da Rusia. Os caracteres do alfabeto cirílico translitéranse xeralmente, nos medios científicos, segundo o sistema establecido polo Instituto de Ciencias Lingüísticas de Rusia ou tamén segundo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nucleótido formado pola unión dunha molécula de citidina cun grupo fosfato mediante enlaces de alta enerxía na posición 5’ da ribosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de civil, de quen manifesta boa educación, delicadeza e respecto no trato social entre persoas que viven en sociedade.

    2. Comportamento propio dun bo cidadán que cumpre cos seus deberes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xurista especializado en dereito civil. Ex: Os civilistas estudiaron o caso concienciudamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Susceptible de ser civilizado. Ex: As posibilidades de que esas terras sexan civilizables son remotas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada entre 1928 e 1933. Malia ser unha publicación portuguesa, acollía traballos en galego nas súas páxinas como por exemplo os relatos “A primeira árvore”, de Ramón Mª Tenreiro e “A fiestra”, de Otero Pedrayo; a peza de teatro “A vingança”, de Carré Alvarellos; e os poemas “A pérdida”, de Evaristo Correa Calderón e “Que alegre”, de Noriega Varela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de civilizar ou civilizarse. Ex: A civilización levada a cabo polos españois no Novo Mundo sempre desatou todo tipo de polémicas.

    2. Conxunto dos caracteres propios da vida material e cultural dun pobo civilizado ou dun período determinado na historia da sociedade.

    3. Conxunto das normas, valores e comportamentos adquiridos por unha sociedade e aceptadas polo grupo que dirixen os aspectos básicos da vida colectiva incluíndo os coñecementos, as crenzas, as leis, os costumes, as técnicas e a moral que se manteñen durante a súa evolución. O concepto de civilización apareceu por primeira vez na obra do marques de Mirabeau (1756) co sentido dun proceso colectivo e orixinario que logrou sacar a humanidade da barbarie. Identificouse, xa que logo, cos trazos que caracterizaban o europeo, de xeito que se xustificaba a súa superioridade e a opuña a todo o que se podía considerar “bárbaro”; implicaba unha progresión ascendente fronte ao que se considerou primitivo ou natural. Vinculouse profundamente co proxecto filosófico dos ilustrados, que sostiñan a existencia dunha única civilización humana, absoluta, coherente e unitaria, ligada ao desenvolvemento da xustiza e que aspiraba á súa difusión entre os homes, conquistando todos os pobos e transformando os salvaxes....

    VER O DETALLE DO TERMO