"INE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1570.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega nos procesos de creación de palabras relacionadas co ‘cine’ ou co ‘movemento’. Ex: cinemática, cinematografía. OBS: Pode presentar o alomorfo cinemat(o)-: cinemática, cinematógrafo, cinematoscopio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de rodaxe e proxección cinematográfica panorámica inventado en 1925 a partir do obxectivo anamórfico Hypergonar de Henry Chrétien. Deforma as imaxes lateralmente, ao comprimilas na rodaxe e ensanchalas na proxección. Foi comercializado en 1952 pola 20th Century Fox.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cinema-.
-
-
Lugar no que se gardan filmes para conservalos, exhibilos ou estudialos.
-
Conxunto ou colección de filmes.
-
-
-
Parte da mecánica que estudia os movementos sen ter en conta as causas que os orixinan (forzas, masas), senón que describe a súa xeometría. Segundo o obxecto de estudo fálase de cinemática do punto, do corpo ríxido, do sólido deformable, etc. Na cinemática clásica empréganse os conceptos de espacio e tempo absolutos, no sentido newtoniano, e os sistemas de coordenadas referenciais son inerciais ou galileanos; para pasar dun sistema inercial a outro emprégase o grupo de transformacións de Galileo. Na mecánica relativista emprégase un espazo ficticio tetradimensional, o espacio de Minkowski; para pasar dun sistema coordenado de referencia a outro cómpre utilizar o grupo de transformacións de Lorentz. Os estados posibles dun sistema cuántico represéntanse como vectores dun espazo de Hilbert. Denomínase tamén xeometría do movemento.
-
Estudio dos movementos dun ou máis barcos en relación co barco propio.
-
-
-
Relativo ou pertencente á cinemática.
-
Relativo ou pertencente ao movemento, especialmente cando non se ten en conta as causas que o orixinan.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
cinema-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rexistrar imaxes con ou sen son nunha cámara cinematográfica.
-
ENTRADA LARGA
Arte de representar sobre unha pantalla, e mediante a fotografía, imaxes en movemento.
A técnica cinematográficaO invento
VER O DETALLE DO TERMO
Os intentos de reprodución gráfica do movemento remóntanse ás sombras chinesas (4.000 anos a C) e á lanterna máxica (1640) do alemán Athanasius Kircher. O perfeccionamento da fotografía posibilitou o nacemento da cronofotografía que consiste nunha serie de fotografías sucesivas que permitiron rexistrar o movemento dos planetas, dos animais ou do home. Charles-Émile Reynaud, empregando un tambor con espellos, conseguiu proxectar, por reflexión sobre unha pantalla, unhas imaxes debuxadas por el mesmo; ao mesmo tempo, Thomas Alva Edison incorporou a película de celuloide que empregou para impresionar series cronofotográficas que se reproduciron nun cinetoscopio. En 1985, Louis Lumière patentou o cinematógrafo, que permite o movemento intermitente... -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á cinematografía ou ao cinematógrafo.
-
-
Aparato que permite a proxección de películas cinematográficas ( cinematografía).
-
Aparello de reprodución cinematográfica inventado por Auguste e Louis Lumière en 1895 e presentado o 28 de decembro dese mesmo ano nun pequeno salón do Grand Café de París. O éxito derivado desta proxección foi inmediato e os irmáns Lumière presentárono en Francia en parte de Europa. Paralelamente, apareceron outros inventos similares como o cronofotógrafo, de Gaumont-Demeny; o cinetógrafo, de Meliés-Reulos; o cinetoscopio, de Edison; e o animatógrafo, de R. W. Paul que desapareceron ante a calidade do aparello dos Lumière. Empregouse nas primeiras proxeccións realizadas en España; o 14 de maio de 1896 presentouse en Madrid, na planta baixa do Hotel de Rusia, a cargo de Alexandre Promio, delegado da casa Lumière en España; na Coruña o 2 de setembro de 1896 no Teatro-Circo; e en Pontevedra o 17 de abril de 1897, a cargo de César Marques e Alexandre Pais de Azevedo, representantes da casa Lumière en Portugal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de rodaxe e proxección cinematográfica que emprega sincronicamente tres cámaras e tres proxectores, patentada por Fred Waller en 1950 e comercializada en 1952.
-
-
Relativo ou pertencente á cinsa. Ex: Empregamos restos cinerarios como nutriente para o solo.
-
Destinado a recibir as cinsas dun cadáver incinerado. Ex: Os campos de urnas cinerarias eran comúns na Idade do Ferro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten a cor da cinsa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cinsa volcánica consolidada por aglutinación dos seus elementos, en medio aéreo ou acuoso, ata adquirir unha certa cohesión e, ás veces, xistosidade. É branca ou gris, de gran moi fino e polo xeral exfoliable. A miúdo presenta impresións vexetais.
-
-
Relativo ou pertencente ás cineritas.
-
Que ten un aspecto poroso e cor escura, semellante ao das cineritas.
-
-
-
Película cinematográfica das imaxes radiográficas que, ademais do estudio funcional, permite a obtención de numerosas imaxes dos fenómenos, por rápidos que sexan, como a deglutición ou o paso de contraste polos condutos circulatorios. As primeiras cinerradiografías intentounas en 1896 Mac Intyre, en Glasgow, Reynolds (1925), tamén en Glasgow, e Janker (1930), en Bonn. A cinerradiografía clínica actual foi posible grazas ao descubrimento do intensificador electrónico da imaxe Roentgen.
-
Método de experimentación empregado na fonética instrumental e inaugurado por Paul Menzerath. Sérvese dunha impresión radiolóxica sobre unha película, con luminosidade e velocidade elevadas, dos órganos de fonación en movemento oral.
-
-
-
Receptor axustado a unha cámara que rexistra programas de televisión sobre película cinematográfica.
-
Tubo de imaxe dun monitor ou dun televisor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Regulación da velocidade de locomoción de certos organismos, de acordo coa intensidade dun ou máis factores estimulantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Disciplina que estudia a comunicación a través do xesto e da expresión facial. Baséase na hipótese de que a expresión corporal responde a un sistema codificado, aprendido polo individuo, variable segundo as diferentes culturas. Atende, entre outros aspectos, ao resultado das formas e funcións da comunicación individual, á natureza da interacción entre movemento e linguaxe verbal, e á observación da interacción xestual entre dous ou máis individuos. No teatro contribuíu á análise das interaccións escénicas dos actores, é dicir, o sistema que rexe as disposicións escénicas ou os desprazamentos e distancias que os separan, que incide na distancia que separa as actitudes do mundo real da codificación consciente dos xestos no mundo escénico. No eido da narrativa, empregouse no estudo do personaxe.