"Imo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 631.
-
-
Árbore perennifolia, de 3 a 6 m de alto, que presenta numerosas ramas con pugas duras e grosas. As follas son unifoliadas, amplamente elípticas, co pecíolo alado ou marxinado de cor verde pálida; as novas son avermelladas. As flores son solitarias ou en acios axilares, avermelladas en estado de botón. O froito, o limón, en hesperidio, é oblongo ou oval, mamilado cara aos extremos, de 7 a 12 cm de lonxitude, de cor amarela ou dourada e de sabor ácido coa codia máis ou menos engrosada e punteada de glándulas, depende das variedades. Parece ser oriúndo do SL de Asia, pero o seu cultivo é moi antigo nos países mediterráneos.
-
Árbore semellante ao limoeiro, cunha madeira de cor amarela e moi dura, que se emprega en marquetería ou para o chapado de táboas.
-
Árbore moi semellante ao limoeiro, pero de flores dun branco puro. Os seus froitos denomínanse limóns doces.
-
-
CAPITAIS
Capital de Lemosín, Occitania, e do departamento de Alta Viena, Francia (133.968 h [1999]). Está situada na beira dereita do río Viena. Ten fábricas de tecidos, industria alimentaria, do calzado, do papel, de material eléctrico e ferroviario, e fundicións. O monumento máis importante é a catedral (ss XIII-XV). A antiga abadía de San Marcial foi un importante centro de produción de esmaltes na técnica do champlevé. Tivo o seu mellor momento nos ss XII e XIII. No s XVI foi creada unha manufactura real, onde traballaron importantes pintores. En 1768, o descubrimento de xacementos de caolín permitiu a súa explotación pola manufactura de Sèvres con vista á fabricación de porcelana de pasta dura semellante á de Meissen. Atópase á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago de Compostela.
VER O DETALLE DO TERMO -
TERRITORIOS
Territorio feudal no Condado de Limoges, ao redor da cidade homónima, que foi cedido polo conde Ramón I de Toulouse e de Limoges ao seu fillo Fulcoaldo I de Limoges, morto cara a 886, asociado polo seu pai ao goberno deste condado desde 852. O seu neto Hildegardo I de Limoges, morto cara a 945, foi o primeiro vizconde efectivo de Limoges.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Froito do limoeiro. É de forma ovoide, duns 6 cm de diámetro e 10 cm de lonxitude, cun saínte en forma de mamila na base, pel de cor amarela, máis ou menos rugosa, e polpa amarela, zumenta, dividida en cuarteiróns e de gusto ácido. Emprégase en gastronomía como aromatizante, e co zume prepárase a limoada. A variedade máis apreciada é a primofiore, aínda que domina a verna que é máis produtiva. As rexións de Oriola (Baixo Segura) e Alacant controlan o seu cultivo.
-
Froito do limoeiro doce. Son máis pequenos ca os limóns, de polpa sosa e de sabor pouco ácido.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Costa Rica (9.188 km2; 275.819 h [estim 1998]). A capital é Limón (59.814 h [1998]).
-
-
Bebida refrescante feita con zume de limón, auga e azucre.
-
Bebida refrescante, de produción industrial, que se fai con ácido fosfórico, cítrico ou tartárico.
-
Solución en xarope de citrato de magnesio ou tartarato sódico, que se emprega como purgante suave, xa que é máis tolerada co sulfato de magnesio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terpeno que está contido nos aceites esenciais de limón, laranxa e bergamota.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lactona triterpénica responsable do gusto amargo do zume das froitas dos cítricos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Óxido férrico hidratado, de fórmula Fe2O3·nH2O. Cristaliza no sistema rómbico. É de cor parda ou parda amarela e ten brillo mate. Ten unha densidade 3,3-4,0. É compacta e terrosa, e é a mena máis importante do ferro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas perennes, da familia das plumbaxináceas, que presenta follas simples en mouta basal, e flores actinomorfas, hermafroditas e agrupadas en acios laxos. En Galicia están presentes as especies L. dodarti e L. vulgare que florecen en zonas costeiras.
-
PRAIAS
Praia e punta do litoral cantábrico, situadas na parroquia de Lieiro (Cervo).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves caradriformes, da familia dos escolopácidos, que se caracterizan por presentar o pescozo e as patas longas e o peteiro fino e longo. En Galicia están presentes en esteiros e zonas costeiras as especies L. limosa e L. lapponica.
-
PERSOEIRO
Pintor. Cultivou especialmente o retrato en esmalte. Traballou para a corte francesa en Fontainebleau onde se formou xunto a F. Primaticio. En Limoges dirixiu a manufactura real de esmaltes. Foi retratista de Francisco I e Enrique II.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten limo ou as características do limo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mejer Wallakh.
-
PERSOEIRO
Demógrafo italiano. Dedicouse ao estudo da demografía histórica. Entre 1973-1981 foi secretario xeral da International Union of the Scientific Study of Population (IUSSP). Das súas obras destacan History of Italian Fertility During the Last Two Centuries (1977) e Storia minima della popolazione del mondo (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de escena ruso. En 1984 foi expulsado do seu cargo de director do Teatro Taganka e do país. Seguidor de K. S. Stanislavskij, Meyerhold, Vakhtangov e B. Brecht, das súas montaxes destacan Dez días que conmocionaron o mundo (1965), Escoita! (1967), Tartufo (1969), Hamlet (1974), O troco (1976), A casa no embarcadoiro (1980) e Crime e castigo (1983). Dos seus últimos traballos sobresae unha versión de Os irmáns Karamazov.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Formouse con Frederic Trias e na escola Llotja. Coa obra El fill pròdig (1880), gañou unha bolsa en Roma, onde asistiu á academia Gigi. De volta en Barcelona, traballou no monumento a Colón (1886) e na Exposición Universal de 1888. Iniciouse na temática relixiosa, onde destaca Crist ressuscitat (1914), no rosario monumental de Montserrat. Foi autor de Desconsol.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ilustradora. Formouse na escola Llotja co seu tío Josep Llimona. Colaborou en revistas infantís e realizou obras destinadas á estampación e ao Nadal. Foi presidenta do Cercle Artístic de Sant Lluc (1936-1966) e da Asociación Profesional de Ilustradores (API). Ilustrou El libro de las fábulas (1930), El muñeco de papel (1942) e Ha nascut un infant (1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Estudiou na Escola Massana e en San Jordi. Seguidor do conceptualismo, fixo Llimós en marxa (1972). Desde 1975 traballou en Nova York, cunha pintura de cores vivas centrada na figura. Recibiu o Premio Nacional de Artes Plásticas (1994).
VER O DETALLE DO TERMO