limoeiro
-
s
m
[PLANTA]
Árbore perennifolia, de 3 a 6 m de alto, que presenta numerosas ramas con pugas duras e grosas. As follas son unifoliadas, amplamente elípticas, co pecíolo alado ou marxinado de cor verde pálida; as novas son avermelladas. As flores son solitarias ou en acios axilares, avermelladas en estado de botón. O froito, o limón, en hesperidio, é oblongo ou oval, mamilado cara aos extremos, de 7 a 12 cm de lonxitude, de cor amarela ou dourada e de sabor ácido coa codia máis ou menos engrosada e punteada de glándulas, depende das variedades. Parece ser oriúndo do SL de Asia, pero o seu cultivo é moi antigo nos países mediterráneos.
-
limoeiro de Ceilán
[PLANTA]
Árbore semellante ao limoeiro, cunha madeira de cor amarela e moi dura, que se emprega en marquetería ou para o chapado de táboas.
-
limoeiro doce
[PLANTA]
Árbore moi semellante ao limoeiro, pero de flores dun branco puro. Os seus froitos denomínanse limóns doces.