limón
limón
(< ár laymún)
-
s
m
[BOT]
Froito do limoeiro. É de forma ovoide, duns 6 cm de diámetro e 10 cm de lonxitude, cun saínte en forma de mamila na base, pel de cor amarela, máis ou menos rugosa, e polpa amarela, zumenta, dividida en cuarteiróns e de gusto ácido. Emprégase en gastronomía como aromatizante, e co zume prepárase a limoada. A variedade máis apreciada é a primofiore, aínda que domina a verna que é máis produtiva. As rexións de Oriola (Baixo Segura) e Alacant controlan o seu cultivo.
-
limón doce
[BOT]
Froito do limoeiro doce. Son máis pequenos ca os limóns, de polpa sosa e de sabor pouco ácido.