"López" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 371.
-
GALICIA
Pintor. Cultivou o óleo e a acuarela. As súas obras son dun estilo figurativo impresionista. Da súa produción destacan O muíño de Irixoa, Pinos da Barca, Peirao do Grove, Costa do Cantábrico, Camiñando por Xermade, Praza do Obradoiro, Ameixeiros con raños e Cantil de Ortegal. Foi socio fundador da Sociedad Artística Ferrolana.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Fundou unha consignataria de barcos de pasaxe e de carga entre Ferrol e A Coruña que funcionou entre 1850 e 1914. Foi deputado polo distrito de Ferrol (1876-1884 e 1886-1891), senador pola provincia da Coruña (1891-1893) e alcalde de Ferrol (1885-1886 e 1889). Fundou e presidiu a Cámara de Comercio de Ferrol (1900-1905), a Escola de Artes e Oficios e o xornal La Monarquía (1886). Recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Coñecido como José Villamil, doutorouse en 1931 en Medicina coa tese “Tratamiento Piretoterapia no malárica de las esquizofrenias”. En 1927 entrou a traballar en Conxo, onde estivo ata 1932, e axudou a introducir técnicas innovadoras, ademais de colaborar na elaboración do regulamento dunha asociación de empregados do Manicomio de Conxo, que incluía tanto a médicos como a monxas. Realizou diversas estadías no estranxeiro, feito que lle permitiu ter unha visión máis crítica sobre o estado da asistencia psiquiátrica en España. Formou novos psiquiatras, xunto aos doutores Martínez Díaz e Villarino Pérez. Membro da Asociación Española de Neuropsiquiatría desde 1927, en 1939 abriu a clínica privada Sanatorio Psiquiátrico San José, en Vigo. Nese mesmo ano obtivo a cátedra de Medicina Legal na Universidade de Santiago de Compostela, que conservou ata a súa xubilación en 1971. Destacan as súas obras Manual de psiquiatría (1941) e Fisiopatología detersiva. Psicopatología...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Botánico. Profesor de botánica na Universidad Complutense de Madrid, estudou a vexetación mariña bentónica das costas europeas norteatlánticas. Colaborou nos Anales del Instituto Botánico A. J. Cavanilles e foi vicedirector da revista científica Lazaroc. Escribiu Estudio florístico y ecológico de las algas bentónicas del noroeste de España [...] (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid, foi subdirector de Nueva Empresa, director de Actual, guionista de TVE, director editorial de Espasa Calpe e director de Ambito Cultural de El Corte Inglés. Presidente do Club de Xornalistas Galegos de Madrid e colaborador de La Voz de Galicia e das revistas Tiempo e Interviú, das súas obras destacan Si tú me dices ven (1999), Paso a dos (1999), El pabellón azul (2000), Brumario (2000), Galicia en blanco y negro (2000), en colaboración con Xosé E. Acuña e José L. Cabo; e Libro de actas (2003). Participou tamén nos libros colectivos 29 dry martinis (That’s the Limit!) (1999), Nuevos episodios nacionales (2000) e Sobre railes (2003). Gañador do Premio Puro Cora de xornalismo, recibiu o Premio de Novela Ateneo de Sevilla (1999) e foi finalista do Premio Nacional de Literatura (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político, escritor e filósofo. Estudou o bacharelato elemental en Lugo e en 1930 traballou como empregado de oficina nun comercio de Sarria. Durante esta época, a lectura do xornal El Pueblo Gallego espertou nel un grande interese polo movemento político e cultural de Galicia. En 1932 instalouse en Lugo para estudar o bacharelato superior e relacionouse con mozos galeguistas lucenses, cos que participou na fundación das Mocidades Galeguistas, que posteriormente presidiu. En 1933 asistiu á asemblea do Partido Galeguista, celebrada en Santiago de Compostela, onde coñeceu a Castelao, Alexandre Bóveda e outros galeguistas, cos que iniciou unha estreita amizade. Participou no coñecido mitin das arengas, celebrado na praza da Quintana en Santiago de Compostela o 25 de xullo de 1934, con motivo do Día de Galicia, xunto a Alexandre Bóveda, Castelao, Ramón Otero Pedrayo, Valentín Paz Andrade, Ramón Suárez Picallo e outros. En 1936 foi elixido secretario do comité provincial para...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante e actriz. Coñecida co nome artístico de Conchita Piquer, destacou pola beleza e a potencia da súa voz, rica en matices, e pola elegancia nos escenarios. Cultivou preferentemente a copla e nas súas cancións introduciu abundantes elementos folclóricos andaluces. Dos seus temas máis destacados cómpre salientar “La Parrala”, “Eugenia de Montijo”, “La otra” e “María de las Mercedes”. Tamén actuou en diversos filmes, como El negro que tenía el alma blanca (1927) e Filigrana (1949).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Frade mercedario e escritor. Cofundador de Logos e colaborador de diversas publicacións, como Nós e Misión, e do Seminario de Estudos Galegos, relacionouse co círculo intelectual do galeguismo. Na súa obra tense ocupado de temas relacionados con Galicia e de autores como Airas Nunes, Pero d’Armea, Tirso de Molina e Rosalía de Castro. Publicou a recompilación da poesía de Francisco María de la Iglesia D’o mar e d’a terra (1930) e o estudo A espiritualidade do Cancioneiro da Vaticana (1936), así como o libro de poesías Algas (1959). É tamén autor do estudo biobibliográfico Fray Serafín de Freitas (1956), da biografía Fray Bartolomé de Olmedo, capellán de los conquistadores de Méjico (1961), da extensa Bibliografía mercedaria (1963 e 1968), da colección de artigos sobre Pontedeume Crónicas de mi rincón natal (1977) e do estudo Trahamunda, a santa de Poio (1990), en colaboración con Xosé S. Crespo...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Capelán e escritor. Coñecido como o padre Polo, foi autor dunha farsa en tres actos (El gran idiota, 1955) e do libro Galicia en sus hombres de hoy (1971), en que incluíu entrevistas realizadas a artistas, escritores e políticos da época.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Membro do PP e alcalde do concello de Beariz desde 1983, foi membro da Deputación de Ourense (1987-1991 e 1999), delegado provincial da Consellería de Agricultura da Xunta de Galicia (1994-1995), deputado por Ourense na IV lexislatura (1990-1993) e senador electo por Ourense durante a VI e VII lexislaturas (1996-2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico e pintor. Recibiu as primeiras nocións musicais de mans de Xosé García e despois na Escuela Superior de Bellas Artes de Madrid, onde fundou e dirixiu a tuna da escola e participou en rondallas. En Lugo fundou e dirixiu numerosas rondallas e exerceu de profesor de guitarra, laúde, bandurria, mandolina e frauta. Organizou e dirixiu o Grupo de pulso e púa do Círculo das Artes e dirixiu unha orquestra de cámara de guitarras. Compuxo pezas para guitarra e para canto con acompañamento de orquestra de pulso e púa. Das súas composicións destacan Zoraida, Tristeza, Guajiras, Alborada, Danza Árabe, Juventud, Alegría de zagales, vilancico composto sobre texto propio, Cantemos felices, A costa de Mondoñedo, Bágoas, Camiño do monte, sobre texto de Novoneyra, e Soio na noite, sobre texto de Manuel María. Realizou debuxos, caricaturas e pinturas e fundou con outros artistas lugueses o grupo...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político, pai de Joaquín Quiroga Espín. Formado en enxeñaría de montes e dereito, pertenceu ao Partido Liberal e pactou cos conservadores para que ambos os dous tivesen sempre representación nas Cortes polo distrito de Lugo. Foi deputado por Lugo (1881-1887 e 1891-1907) e por Daimiel (1907-1908). Director xeral de Obras Públicas (1893), subsecretario de Ultramar (1897) e subsecretario de Gobernación (1901), foi director xeral de Administración e Fomento de Filipinas, e ministro de Gobernación (1906). A súa notoriedade naceu coa súa xestión de Filipinas, caracterizada por certo liberalismo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Actuou como pianista en Madrid. Destacou como autor de zarzuelas, como Pepita Romero (1944), de comedias musicais e de cancións como “Ojos verdes”, “María de la O”, “Pena mora” e “Ay pena, penita, pena”.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Ilustrador, gravador e pintor. Comezou a súa formación artística en Ferrol, onde colaborou en El Correo Gallego. Trasladouse á Coruña onde tivo unha academia de debuxo e traballou no campo da publicidade. En 1910 emigrou a América, traballando de cartelista comercial e escenógrafo. Foi redactor xefe artístico de La Ilustración Española y Americana (1913) e en 1915 instalouse en Madrid. Escribiu e ilustrou Mientras llega la hora (1916), onde amosou a súas convicións ideolóxicas e aspiracións políticas revolucionarias con debuxos intensos e escritos breves que fixeron medrar a súa fama de anarquista. En 1920 trasladouse a València onde fundou un taller para a fabricación de abanos pero tras a morte da súa dona regresou a Madrid, onde traballou, ata 1936, para as editoras Prensa Española (ABC e Blanco y Negro) e Prensa Gráfica (La Esfera), realizou ilustracións para La novela de hoy e La novela semanal ademais de Escuela...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista. Doutor en Ciencias Económicas, foi vicedecano da facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago de Compostela e director xeral do Instituto Galego de Vivienda e Solo. Escribiu Aplicación del análisis espectral al estudo del comportamiento bursátil (1981) e Introdución a las finanzas de la empresa (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sindicalista. Emigrou a Cuba, onde foi secretario xeral do Sindicato de Planchadores (1921). Cofundador da Agrupación Comunista de Cuba (1921) e do Partido Comunista de Cuba (1925), en 1930 foi expulsado do país pola súa militancia obreira e regresou a Galicia, onde se relacionou co Partido Comunista. En 1935 volveu a Cuba onde traballou nunha fábrica de cigarros e continuou co seu labor sindicalista.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político e banqueiro, I marqués de Riestra, fillo de Francisco María Riestra Villaure. Militou no Partido Liberal, foi deputado durante tres lexislaturas polo distrito da Estrada (1879-1890), senador pola provincia de Pontevedra (1891-1900) e senador vitalicio desde 1900. O seus negocios estaban moi diversificados, constaban de fábricas de madeira, de materiais de construción e banca. Realizou obras benéficas na zona de Pontevedra, onde cedeu edificios a sociedades benéficas e culturais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Psiquiatra. Foi catedrático de Psiquiatría da Universidade de Santiago de Compostela, director do Departamento de Medicina, Radioloxía e Medicina Física, Psiquiatría e Saúde Pública e membro do Consello Asesor Técnico de Especialidades Médicas da Consellería de Sanidade. Publicou Estudio de epidemiología psiquiátrica en la comunidad gallega (1989) e Interacción psicosomática na clínica de atención primaria (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Coñecido como Antón Lopo, realizou traducións ao galego de Oscar Wilde, Vikram Seth e Hafez Shirani, e coordinou a sección cultural AFA e o suplemento “Revista das Letras” de O Correo Galego. Foi un dos cofundadores do Laboratorio de Indagacións Poéticas, co que participou en diversos espectáculos, como o libro de poemas orais Prestidixitador (2001). No campo da investigación publicou Fermín Bouza Brey. Unha Fotobiografía (1992) e Guía de Santiago de Compostela (1993), ademais do ensaio Mishima, que existiu nunca (1995). Na súa obra poética, caracterizada polo verso libre, distánciase do propio eu e converte o poeta nun elemento máis da composición, dándolle protagonismo ao mundo que o rodea e deixando nun segundo lugar as súas vivencias. Concibe unha poesía desenfadada e amena, centrada no cotián, onde inclúe abundantes elementos narrativos, xogando coa ironía e a provocación. É autor dos libros de poemas Sucios...
VER O DETALLE DO TERMO