"Mos" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 604.

    1. Mosca de gran tamaño que fai moito ruído ao voar.

    2. tabán.

    3. mosca da carne.

    4. Insecto holometábolo da orde dos dípteros, de 2 cm o macho, e de 3 cm a femia, dunha cor parda amarelada na cabeza e no tórax e coas patas avermelladas, o abdome negro, con manchas brancas e amarelas no extremo, e as ás amareladas. Habita en Europa, en ermos moi soleados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Coronel desde 1929, ao producirse o alzamento militar franquista era xefe da escola de ximnasia de Toledo. Adheriuse e pechouse no alcázar desta cidade cunha guarnición integrada por garda civís, onde   resistiu (22 de xullo-28 de setembro 1936) ata que José Enrique Varela Iglesias obrigou as forzas republicanas a levantar o asedio. Capitán xeral de Catalunya (1943-1945), Franco outorgoulle (1948) o título de conde do Alcázar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral atlántico, situada na costa N da illa de Onza, na parroquia da Illa de Ons (Bueu).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. ariedade de uva, de bagos grandes e ovais, dunha cor que vai do amarelo pálido ao azul ennegrecido, cun perfume e un gusto doce, lixeiramente moscado. Cultívase especialmente en Italia, no S de Francia, en Grecia, en Tunisia, en Alsacia, en Tirol e en Hungría.

    2. iño obtido da uva moscatel, despois de solealo varios días, que posúe un característico aroma doce moscado. A vinificación é moi delicada, posto que o que dá cáracter específico a este viño é que non todo o azucre se transforma en alcohol, detendo a fermentación do mosto antes de que termine.

    3. Variedade de ameixeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pianista. Estudou en Praga, con Weber, e en Viena, onde coñeceu a Beethoven. Iniciou, con moito éxito, unha carreira de pianista, e foi director da Royal Philharmonic Society (1841-1846). Deixou obras para piano e obras didácticas para ese mesmo instrumento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mamíferos artiodáctilos, da familia dos cérvidos, que inclúe a especie M. moschiferus, de ata 1 m de altura. Non ten cornos, e presenta uns caninos moi desenvolvidos. Caracterízase polo feito de ter unha glándula prepucial cunha bolsa onde almacena o almiscre. Habita nas montañas de India, o Tibet e Siberia, e cázase moito para aproveitar o almiscre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insecto que se cría nos cereais e nos chícharos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta bucólico grego. Consérvanse del o poema mitolóxico Europa, unha carta poética e tres bucólicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Insecto moi semellante á mosca, de gran tamaño que fai moito ruído ao voar.

    2. tabán.

    3. mosca da carne

    4.   Persoa impertinente e molesta

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas ou telleiros que corresponde á voz ‘cunca’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pazos de Borbén baixo a advocación de san Paio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva, en campo de prata, unha cabeza de lobo de sable, linguada de goles e degolada. Algúns traen, en campo de prata, unha cabeza de lobo da súa cor, linguada de goles e degolada, sangrante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, conde de Fontao. Na Guerra da Independencia (1808-1814) representou a nobreza e a cidade de Mondoñedo na Xunta Superior de Galicia e foi alcalde de Mondoñedo (1812). Participou no Pronunciamento Militar de 1820 (Ferrol). Foi deputado (1820-1821 e 1834-1838), presidente do Senado (1837), senador (1840-1841 e 1844-1845), ministro da Gobernación do Reino da Península e Illas Adxacentes (1822), de Fomento Xeral do Reino (1834-1835) e gobernador de Lugo (1833). Defendeu o liberalismo pero situou a monarquía como eixe vertebrador do sistema político. Promoveu a educación de párvulos, de deficientes e de cegos, e participou na creación das Escolas Normais a partir da Escola Normal Central de Mestres de Madrid de 1839.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso, fillo de Lope de Moscoso Osorio, conde de Altamira e sobriño do duque de Lerma. Como segundo fillo desta familia nobre, nomeárono cardeal en 1615. Foi bispo de Jaén (1619) e arcebispo de Toledo en 1646. En Santiago de Compostela axudou aos dominicanos a reabrir o Estudio Xeral (1665), para o que doou importantes cantidades, que serviron para construír novas dependencias e a fachada pincipal de San Domingos de Bonaval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Foi coronel do Estado Maior do Exército do marqués da Romana durante a invasión francesa (1808) á Península Ibérica. Destacouse como artífice do plano de batalla para o exército grazas ao que se tomou Villafranca del Bierzo (1809). Participou, posteriormente, na defensa de Asturias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantautor. Fillo de emigrantes, estudou en Santiago de Compostela, onde entrou en contacto con outros músicos. En maio de 1968 fundou, xunto con Benedicto, Xavier, Vicente Araguas, Alfredo Conde e outros, o colectivo Voces Ceibes. Deu numerosos recitais e gravou varios discos, entre os que destacan Acción Gallega (1977) e 7 anos de canción galega (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Rusia e da oblast’ homónima (8.305.000 h [2000]). Está atravesada polo río Moskva a unha altitude media de 20 m. Moitas particularidades do relevo son consecuencia dos cambios introducidos pola actividade da poboación ao longo dos séculos. O clima é moderadamente continental. No Moskva conflúen o Jauza, que atravesa a cidade polo NL, e o Setun’, qoe o fai polo extremo O da cidade. A poboación está composta nun 89% de rusos, mentres que o resto pertenden a diferentes nacionalidades da CEI. Moscova posúe unha gran concentración industrial. A parte correspondente ás construcións mecánicas sobrepasa o 50%, con predominio dos sectores máis complexos e cualificados (tornos, aparatos de precisión, maquinaria complexa ou automóbiles). Malia a preeminencia da industria pesada, Moscova conserva o seu papel de gran produtora na industria lixeira e alimentaria. De Moscova arrancan numerosas liñas de ferrocarril, que a unen con todos os estados da CEI. Coa construción (1937) da canle...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast’ de Rusia (47.000 km2; 15.454.000 h [estim 1992]). A súa capital é Moscova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Combates librados nas proximidades de Moscova no inverno de 1941-1942, entre os exércitos alemán e soviético durante a Segunda Guerra Mundial. A toma de V’az’ma polo exército do mariscal Von Bock, o mes de outubro de 1941, levou a Wehrmacht a 200 km de Moscova, pero a resistencia soviética fixo fracasar a ofensiva final. Desde entón as iniciativas das operacións militares pasaron ao exército soviético, que en xaneiro de 1942 fixera retroceder aos alemáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Papiro exipcio, datado en 1800 a C, que tamén se coñece como papiro Golenishchev. Elaborado en escritura hierática, contén 25 problemas matemáticos, aínda que varios son ilexibles. Catro destes problemas fan referencia á xeometría, e entre eles destaca un que trata do cálculo do volume dunha pirámide truncada. Atópase no Museo de Belas Artes de Moscova.

    VER O DETALLE DO TERMO