"Nande" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 594.

  • PERSOEIRO

    Produtor cinematográfico. Emigrou a Catalunya en 1960 onde se dedicou primeiramente aos negocios inmobiliarios. Posteriormente adquiriu a marca Filmax. Tamén se dedicou á produción, primeiro con participacións minoritarias e posteriormente como produtor, con títulos como Fotos (E. Quiroga, 1996), Los sin nombre (J. Balaguero, 1999) ou Tierra de fuego (M. Littin, 1999). A finais dos anos noventa creou unha filial específica para esa actividade, Castelao Films. Dentro da mesma puxo en marcha Fantastic Factory, sección dedicada ao cine fantástico e de terror. No ano 2000 creou Brent Entertainement, empresa especializada en animación, con sede en Santiago de Compostela. Como distribuidor destaca o seu labor na difusión de películas en versión galega nas salas comerciais, que comezou con O pico das viúvas (J.Irving, 1993). Recibiu a Medalla Castelao (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Doutor en Historia, foi profesor de ensino medio nos institutos de Soria e Xelmírez e Rosalía de Castro de Santiago de Compostela. Foi profesor na facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago (1954-1976). Colaborador desde 1955 do Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, foi comisario das escavacións arqueolóxicas da Guarda. Participou, tamén, nas escavacións arqueolóxicas dos castros de Santa Tegra e Fazouro e da vila romana de Currás. Colaborador de numerosas revistas especializadas, das súas obras destacan La expedición de Almanzor a Santiago de Compostela (1967) e Tuzoniun. Estudio de una comarca en los primeros años de la restauración (1875-1894) (1985). Membro correspondente desde 1956 da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora. A súa obra caracterizouse pola rixidez das formas causada por un xeometrismo acusado e pola investigación, sobre todo, das posibilidades do ferro. Participou na mostra Novos valores da Bienal de Pontevedra (2001) coa obra Ser.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Foi director xerente e secretario do Padroado da Fundación para a Investigación e o Desenvolvemento de Recursos Mariños. Deputado autonómico pola Coruña na II lexislatura (1985-1989) por Coalición Popular e na III, IV e V lexislaturas (1989-2001) polo Partido Popular, pertenceu ás Comisións de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servicios e Economía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Aínda neno, emigrou coa súa familia a Cuba, onde se afiliou ás Juventudes Socialistas do exterior, creadas en La Habana polo exiliado Teodomiro Méndez. Regresou a España en 1927, instalouse en Barcelona e licenciouse en Medicina. Ao estalar a Guerra Civil incorporouse as forzas republicanas na fronte de Aragón. Caeu prisioneiro na batalla do Ebro e foi condenado a 30 anos de prisión. Liberado en 1962, foi candidato socialista nas eleccións municipais da Coruña en 1977 e 1979. Publicou Cuba Socialista (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Lingüista. Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela (1985), foi bolseiro do Instituto da Lingua Galega e asesor lingüístico da Televisión de Galicia (1985-1989). Lector de galego na Universidade de Oxford (1991-1994), organizou, con John Rutherford, o IV Congreso Internacional de Estudios Galegos, que consolidou a Asociación Internacional de Estudios Galegos (AIEG), colaborou no obradoiro de tradución galego-inglés do Queen’s College, e planeou o lanzamento da Galician Review. Recibiu a influencia dos lingüistas Roy Harris, Peter Mühlhäusler e Robert Le Page, e do filósofo Rom Harré, e, en 1996, acadou o grao de doutor en Filosofía. De volta en Galicia é, dende 1999, profesor titular de lingua galega da Universidade de Vigo. Comprometido coa extensión e modernización do galego, participou en varios proxectos colectivos, entre eles, a redacción do Galego coloquial (1985) e a compilación de varias obras lexicográficas: o Dicionario normativo galego-castelán...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Doutor en Filosofía e Letras na Universidad Central de Madrid (1863), foi catedrático de Historia e decano da facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago de Compostela. É autor, entre outras obras, de Curso completo de historia universal (1875) e, con Francisco Freire Barreiro, de Santiago, Jerusalén, Roma: diario de una peregrinación a estos y otros santos lugares de España, Francia, Egipto, Palestina, Siria e Italia, en el año del jubileo universal de 1875 (1880-1882) e Guía de Santiago y sus alrededores (1885). Deixou manuscrita Historia de la Universidad de Santiago (1869).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formouse na Escola de Artes e Oficios Artísticos da Coruña e acudiu ao taller de F. Lloréns, feito que influíu na súa concepción paisaxista. Cultivou a paisaxe do natural, o bodegón e o retrato, e destacou na representación de escenas con multitude de personaxes e nas súas visións do mundo laboral. Dende que realizou a súa primeira mostra na Asociación de Artistas da Coruña (1940), expuxo nas principais cidades galegas. Coa obra Multitud, recibiu unha segunda medalla na Exposición Rexional de Arte de Vigo (1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e realizador. Realizou estudios de documentalismo e técnicas publicitarias. Iniciou o seu labor como xornalista en El Ideal Gallego (1979-1982). Redactor de La Voz de Galicia dende 1982, traballou como comentarista de Antena-3 Radio e RadioVoz. No eido cinematográfico, comezou a súa actividade en 1965, no Club de Cine Amateur da Coruña. Das súas obras en galego cómpre destacar Probe Galicia (1967) e Irvos á merda (1968); e en castelán Golpe de estado (1970) e Una ciudad que agoniza (1975). Realizou varios guións para TVG e diversos seriais para La Voz de Galicia. Colaborou coas revistas Defensa, Historia 16, Cambio 16 e El Ciervo, e cos xornais Diario 16, El País e ABC. Publicou El alzamiento de 1936 en Galicia (1982), Tensiones militares durante el franquismo (1985), La persecución de Castelao durante el franquismo (1986), Wenceslao Fernández Flórez: vida...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Crítico cinematográfico en diversas revistas especializadas, nun principio optou por un irrealismo social da posguerra (Los bravos, 1954) e posteriormente decantouse por unha narrativa de temática máis intimista. Da súa produción destaca En la hoguera (1957), Cabeza rapada (1958), Las catedrales (1970), La que no tiene nombre (1977), A orillas de una vieja dama (1979), Extramuros (Premio Nacional de Literatura 1979), Las puertas del edén (1981) e Aunque no sé tu nombre (1991).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Formouse co seu pai Francisco Antonio Fernández Sarela e con Fernando de Casas Novoa. Entre as súas primeiras obras atópanse a supervisión das obras de Santa María de Rus (Bergantiños, 1739); a traza e a realización do pedestal do altar maior da igrexa do colexio das Orfas (1740); e en 1741 unha porta da muralla e a fachada dunha casa na porta da Pena en Santiago. En 1744 comezou a traballar baixo a dirección de Fernando de Casas na fachada do Obradoiro e, dende 1745, foi recoñecido como aparellador de arquitectura e cantería. Ese mesmo ano construíu as bóvedas de San Miguel dos Agros, baixo as trazas de Fernando de Casas. Na catedral atribúenselle a porta da Igrexa Baixa e as salas do Arquivo e do Tesouro e, dende 1759, traballou con Lucas Ferro Caaveiro na fachada da Acibechería. Realizou traballos de supervisor de obras do cabido compostelán e, entre outras obras, o pazo de Bendaña na praza do Toural, a Casa do Deán (1747-1753), na que destaca a fachada con molduras e placas,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de obras. Descoñécese se foi fillo de Francisco Antonio Fernández Sarela ou doutro membro da familia, aínda que traballou con Clemente Fernández Sarela na Casa do Cabido. Documéntase a súa participación nunha poxa para reparar a ponte do Arcebispo (1758). Foi perito das obras de San Bieito (1774) e traballou nas reparacións no colexio das Orfas e no enlousado da igrexa de San Fiz (1781).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de obras, pai de Clemente A. Fernández Sarela. Documentado dende 1721 e activo en Santiago de Compostela, traballou con Fernando de Casas na capela do Pilar da catedral (1721). Entre outras obras, realizou traballos de taxación das pontes próximas a Santiago; fixo reparacións e recoñecementos en diversos edificios como os cuarteis, a Casa Consistorial e o colexio de Fonseca (1733); e inspeccionou as obras do convento das mercedarias (1738) e a capela da Corticela (1739). Atribúeselle o plano da capela maior dos Anxos (1748).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, fillo de Francisco Fernández Sarela. Traballou na catedral de Santiago de Compostela, pintou as súa columnas en 1783. Trasladouse á Coruña, onde realizou diversos traballos de pintura para a colexiata e a capela de San Xosé. Na igrexa de San Nicolao pintou e dourou o retablo colateral de san Lourenzo. Pintou dous dos cadros do Monumento ao Dous de Maio que estaba situado na portería do concello coruñés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor, político e pintor. Na súa mocidade relacionouse co marxismo revolucionario e con R. Dieste, Manuel Antonio, Xosé Otero Espasandín e outros. En 1928 trasladouse a Madrid, onde comezou a carreira de comercio e participou nos parladoiros, entre outros, de La Granja. Pertenceu a Izquierda Comunista de España (ICE) e converteuse, co pseudónimo de L. Fersen, no principal teórico do seu voceiro, Comunismo. Colaborou na fundación da revista PAN (1935), onde facía referencias ás artes plásticas, á pedagoxía e á política. Tralo estalido da Guerra Civil foi detido en Alacant e internado nun campo de concentración ata 1940. Volveu a Ribeira e utilizou o pseudónimo de A. Martín. Colaborou en revistas e periódicos, entre outros, Nueva España, El Soviet, Leviatán e Renovación, encargándose da economía e de política internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico. Realizou estudios na Escola de Artes e Oficios de Ourense. Membro colaborador do equipo investigador da Universidade de Vigo O vestixio do tempo, realizou exposicións en Ourense e participou, entre outras, na sección Novos Valores da Bienal de Pontevedra (1992, 1994), Expo Ourense, pintores y escultores ourensáns (1996), IV Premio de Pintura José Malvar (2000) e Estadio de sitio (Madrid e Barcelona, 2001). Recibiu, entre outros, o primeiro premio Arte Xoven Galega (1993) e o primeiro premio do VII Certame de Artes Plásticas Cidade de Lugo (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Foi redactor de El Pueblo Gallego, ademais de colaborar noutros xornais galegos. Especializado en temas locais, asinou moitos dos seus artigos co pseudónimo de D’Artagnan. Ademais, presidiu a Asociación da Prensa e dirixiu a Hoja del Lunes de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Escribiu composicións de tema paisaxístico (Poesía de la Sierra, 1908), zarzuelas e o libreto de La vida breve (1913), de M. de Falla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Colaborou en diversas publicacións de Pontevedra e Vigo. Escribiu, entre outras obras, Descripción de Pontevedra y del río Lérez (1892), Pontevedra. Sus produciones agrícolas (1880) e Memoria sobre el estado actual de la Agricultura, Industria y Comercio de la provincia de Pontevedra (1890).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Guerrilleiro antifranquista. Coñecido como Coronel Benito, era militante comunista. Foi mariñeiro do acoirazado Xaime I e durante a Guerra Civil acadou o cargo de comisario político da Comandancia da Mariña de Cartagena. Ao remate do conflito marchou á URSS. Retornou a Galicia en 1945 para incorporarse á loita da guerrilla, que dirixiu desde 1948. Morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO