"RAG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 483.
-
FAMILIAS
Familia de orixe vasca que se instalou en Galicia no s XVI. Desenvolveron un importante labor como patrocinadores artísticos na cidade de Santiago de Compostela. Exemplos disto foron a capela de Mondragón ou da Piedade na catedral, ou a configuración barroca da parte S do deambulatorio, que non sufriu moitas modificacións pola insistencia dos Mondragón en que non variase a estrutura da súa capela situada nese lado. Patrocinaron, ademais, a capela do pazo de Ortigueira de Santa Cruz de Ribadulla e a igrexa do Divino Salvador de Coiro (Cangas). O principal representante da familia foi Andrés Ibáñez de Mondragón Ozores de Sotomayor , cabaleiro da orde de Santiago e primeiro marqués de Santa Cruz de Ribadulla (1681). Melchor de Mondragón foi reitor da igrexa do Divino Salvador de Coiro e impulsou a construción da casa reitoral na segunda metade do s XVI. En 1724 dona Escolástica de Mondragón fundou a capela de San Bernaldo e Santa Escolástica.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Foi membro da orde dominicana e ensinou teoloxía nas universidades de Alcalá, Ávila (1582), Salamanca (1585) e Valladolid, onde foi rexente e reitor do Colegio de San Gregorio. Tamén foi corrector e cualificador do Santo Oficio. Escribiu os tratados teolóxicos De voto, De Juramento e De Simonía, para completar a obra do pai Juan de Orellana, De Fide et de Justicia et Jure.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo empresarial vasco integrado por 218 empresas e entidades, das que a maior parte son cooperativas. Estrutúrase en grupos sectoriais: o financeiro, no que destaca Caja Laboral; o industrial, formado por primeiras marcas como Fagor e Maier; o de distribución, no que a cooperativa Eroski constitúe o primeiro grupo español alimentario; e as áreas de investigación e formación, que conta coa Mondragón Unibertsitatea integrada por Mondragón Eskola Politeknikoa, Eteo e Irakasle Eskola.
-
PERSOEIRO
Escritor. Foi xurisconsulto en Zaragoza e escribiu a súa obra en lingua castelá. Da súa produción destacan Arte para componer en metro castellano (1593), obra perdida, e Censura de la locura humana y excelencias de ella (1598), imitación do Eloxio da loucura de Erasmo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Zona da provincia de Cáceres, Extremadura, que abrangue unha superficie de 17.852 ha, delimitado por serras e sucado polos ríos Tajo e Tiétar. É unha das zonas de España máis representativas do bosque mediterráneo. A especie forestal máis abundante é a aciñeira. En canto á fauna, atópanse representados o lince e case todas as aves de rapina europeas, destacando o voitre negro e a aguia imperial.
-
PERSOEIRO
Pedopsiquiatra. Organizou, con Alfred Strauss, o primeiro consultorio de neuropsiquiatría infantil do estado español no Institut Psicotècnic de la Generalitat, dirixido por Emili Mira. Tamén con Mira i Strauss, creou o centro de investigación psicolóxica La Sageta. En 1940 fundou o Institut de Pedagogia Terapèutica, que dirixiu. Publicou La infancia anormal (1933), Oligofrenias (1942), Psicología del niño y del adolescente (1957), Niños psicópatas (1948), Els fills, sexe i educació e Els inadaptats (1970), entre outras. Cultivou tamén a novela en catalán e o ensaio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral cantábrico situada entre as praias de Area da Fame e Area Longa, na parroquia de Nois (Foz).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e profesor. Catedrático de Lingua e Literatura Galega, foi membro fundador do grupo musical Agra. Colaborador de diversos medios de comunicación con estudos filolóxicos e de crítica literaria, das súas obras destacan O mundo narrativo de Álvaro Cunqueiro, a música dos discos compactos O pobo da noite (1998), en colaboración con Manuel Rivas, e Río de son e vento (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rabino. É autor dunha tradución anotada e comentada da Biblia, denominada a Biblia de Alba (1422-1430).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Seixosmil (Meira). O seu cumio acada os 650 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación, de tendencia moderada, liderada por L. Becker e M. Fawcet para defender o sufraxio feminino en Reino Unido (s XIX). Dedicábanse á propaganda política e convocaban mitins e campañas de persuasión.
-
-
-
Ir unha embarcación ao fondo.
-
Sufrir alguén un naufraxio.
-
-
Non ter éxito nun negocio ou asunto.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen sufriu un naufraxio.
-
REPUBLICAS
República de América Central situada entre Honduras, ao N, Costa Rica, ao S, e bañada polo Mar Caribe, ao L, e polo Océano Pacífico, ao O (131.812 km2; 5.208.000 h [estim 2001]). A súa capital é Managua.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O país está dividido por unha depresión en partes ben diferenciadas: a depresión en si, que inclúe a rexión lacustre das concas de Managua e de Nicaragua; a vertente do Pacífico, composta por unha estreita faixa ao O da depresión, constituída en parte por terras baixas e chás favorables para a agricultura e onde se concentra máis da metade da poboación; e a área de volcáns ao N da rexión anterior, con algúns volcáns activos, como o Cosigüina ou o Momotombo. No L da depresión esténdese o escudo central, meseta de rochas volcánicas, profundamente atravesada por numerosos ríos que desembocan no Mar Caribe (Coco, Prinzapolka, Grande de Matapalpa e Siquia) e que formaron unha baixa chaira litoral (costa de Los Mosquitos).... -
LAGOS
Lago do SO de Nicaragua (8.430 km2) que constitúe a conca lacustre máis grande de América Central. Ocupa unha parte dunha depresión de orixe tectónica que sufriu movementos de submersión en tempos xeolóxicos recentes, acompañados dunha notable actividade volcánica. Comprende as illas Ometepe, Zapatera, Solentiname e o arquipélago de Isletas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Nicaragua ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Nicaragua.
-
Literatura en castelán producida en Nicaragua. Despois da independencia do país, a literatura desenvolveuse sen autores destacados, ata Rubén Darío, con quen se iniciou unha corrente literaria modernista. No segundo cuarto do s XX apareceu un movemento de vangarda seguidor de Rimbaud, Lautréamont e o surrealismo (J. Coronel Urtecho, L. Alberto Cabrales) que produciu os grupos das revistas Vanguardia e Cuadernos del taller San Lucas (P. Antonio Cuadra, A. Ordóñez, J. Passos). Cara á metade da década de 1950 destacaron os poetas E. Mejía Sánchez, C. Martínez e, fundamentalmente, Ernesto Cardenal, aos que se uniron J. Eduardo Arellano, L. Rugama, Roberto Cuadra, F. Valle, Y. Blanco, O. Robleto e G. Belli. A narrativa mantivo a tradición realista e costumista con H. Robleto, A. Calero e J. Román. En teatro destacaron a finais da década de 1970 A. Ycaza, H. Peña, R. Steiner e E. Fernández Morales. Na década de 1990, cómpre salientar o labor dos narradores Gioconda Belli, autora...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves paseriformes, da familia dos córvidos, que presentan o peteiro longo e robusto e a plumaxe parda escura con certas manchas brancas. Viven en bosques de coníferas e en zonas montañosas. Pertencen a este xénero os crebanoces.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Monumento prehistórico de Sardeña. En forma de torre, é case exclusivo desta illa e non se identificaron máis de 7.000. Corresponden á técnica arquitectónica chamada ciclópea ou megalítica, e están realizados con grandes bloques de pedra. Adoitaban ter carácter defensivo e elevábanse na parte central dos poboados. Foron edificados ou empregados desde a metade do II milenio ata os ss VI e III a C.
-
PERSOEIRO
Economista estoniano. Estudou nas universiades de Edimburgo e de Viena (1932-1934). Das súas obras destacan Problems of Capital Formation in Underveloped Countries (1953) e Equilibrium and Growth in the World Economy (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político tanzano. Fundou a Tanganyka African National Union (1954). Presidente de Tangañika (1962), promoveu a fusión con Zanzíbar e chegou a ser presidente de Tanzania (1964-1985). Instaurou un réxime progresista de partido único baseado nas cooperativas agrícolas no interior, na amizade con China e na denuncia do imperialismo e o neocolonialismo no exterior, e converteuse nun dos líderes máis representativos de África.
VER O DETALLE DO TERMO