"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Brazalete ou pulseira que se usa para adornar brazos, pulsos e nocellos.
-
PERSOEIRO
Narrador e dramaturgo francés. Describiu con humor escéptico a sociedade e os sentimentos contemporáneos. A súa primeira novela foi La table aux crevés (A mesa para os mortos, 1929). La jument verte (A égua verde, 1933) considérase unha das súas mellores novelas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista italiano da escola de glosadores de Boloña. Autor dunha Summa sobre o Código e as Institucións de Xustiniano, que foi, durante séculos, un manual clásico.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor de Filosofía e escritor. É autor de O marxismo e as linguaxes (1988), Sobre o tempo e outros desatinos (1990), A Rosa sen porqué (1997) e El Laberinto y sus salidas (1998), nos que analiza diferentes aspectos da realidade dende unha perspectiva filosófica. Así mesmo En favor da esperanza (1987) e Catro ensaios sobre a esquerda nacionalista (1990), son textos predominantemente políticos. Redactou os textos para a obra Ex-votos (1994), con fotografía de Tino Martínez. É membro do consello de redacción da revista Luzes de Galiza; ademais, colabora con outras publicacións como Diario de Galicia, Grial ou La Voz de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor de Filosofía e escritor. É autor de O marxismo e as linguaxes (1988), Sobre o tempo e outros desatinos (1990), A Rosa sen porqué (1997) e El Laberinto y sus salidas (1998), nos que analiza diferentes aspectos da realidade dende unha perspectiva filosófica. Así mesmo En favor da esperanza (1987) e Catro ensaios sobre a esquerda nacionalista (1990), son textos predominantemente políticos. Redactou os textos para a obra Ex-votos (1994), con fotografía de Tino Martínez. É membro do consello de redacción da revista Luzes de Galiza; ademais, colabora con outras publicacións como Diario de Galicia, Grial ou La Voz de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Dignidade e xurisdición do xefe da Igrexa Siríaca Oriental unida a Roma, chamada caldea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dignidade e xurisdición do xefe da Igrexa Siríaca Oriental unida a Roma, chamada caldea.
-
PERSOEIRO
Ensaísta e propulsor teatral. Fundou na Universidade de Harvard o 47 Workshop, laboratorio teatral no que se formou unha xeración de actores e autores dramáticos norteamericanos. Escribiu The Development of Shakespeare as a Dramatist (O desenvolvemento de Shakespeare como dramaturgo, 1907) e Dramatic Technique (Técnica Dramática, 1919).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo franciscano de orixe lucense. Foi fundador de varios conventos e preparou o Capítulo Xeral de Tolosa. Foi discípulo de san Boaventura e escribiu unha obra sobre cuestións metafísicas que se atribuíu erroneamente a Duns Escoto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica de Valcarce, apelido de orixe toponímica. Este nome de lugar xa se documenta na Idade Media como valle carceris ‘val encaixado’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica de Valcárcel, forma castelá que remite ao apelido galego Valcarce. Trátase dun apelido de orixe toponímica, pois xa na Idade Media se documenta este nome de lugar: valle carceris ‘val encaixado’. O apelido atéstase desde o s XIV: “Garcia Rodrigues de Valcarcere” (doc s XIV en Señores y campesinos en Galicia s XIV-XVI).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bolsa libre para levar a cabo todo tipo de operacións relacionadas co transporte marítimo e, ultimamente, co transporte aéreo. A súa orixe sitúase no s XVII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria italiana, estreitamente controlada polo Istituto di Ricostruzione Industriale (o 98% do capital), fundada en Milán en 1894. No ano 1918 fundou a Banca Commerciale Italiana (France) S A, que abriu unhas sucursais en Marrocos que subsistiron ata o ano 1962. Ampliou a súa actuación a todo o estado italiano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Holding bancario creado no 1972 polo paquistaní H. Abedi. Con presenza en sesenta e sete países, foi suspendido no 1991 e conducido á liquidación por mor das súas actividades fraudulentas e ilícitas (droga, terrorismo, corrupción, branqueo de diñeiro).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria domiciliada en Madrid. Naceu dentro do grupo BBV en 1988 ao fusionarse o Banco del Comercio, entidade comercial filial do Banco de Bilbao, e o Banco de Financiación Industrial/Indubán, vinculado ao Banco de Vizcaya. As súas actividades diríxense á banca de empresas, á banca global e á de particulares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Bankinter Entidade bancaria constituída en 1965 como banco industrial e de negocios, con participación ao 50% do Banco de Santander e do Bank of America. Actualmente é unha entidade independente, sen contar entre os seus accionistas cos socios fundadores. Entre 1970 e 1985 Bankinter comezou un forte proceso de expansión. En 1972 comezou a operar con produtos tipicamente comerciais e a financiar grandes e medianas empresas. A partir de 1990 comezou a darlle importancia ás diferentes canles de distribución de produtos e servicios bancarios (banca telefónica, banca electrónica ou Internet).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria constituída en Vigo en 1896 e absorbida polo Banco de Santander en 1968.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación musical fundada en 1868 por Antonio Perdiz, formada por 10 compoñentes. No período comprendido entre 1876-1890, faise cargo da banda Xosé Pereira, substituído polo seu fillo Xosé Pereira que a dirixiu ata 1899. A continuación fíxose cargo Xesús Reguera, quen en 1905 se levaría a todos os músicos da banda naturais de Paredes e Ponte Sampaio e fundou a Banda de Paredes. Por este motivo, a banda de Arcade quedou moi reducida e, en 1905, será Baldomero Franco quen a reorganizou e dirixiu ata 1913, sendo relevado por Xoán Romay. En 1920 fíxose de novo cargo Baldomero Franco ata o 1928, cando Manuel Bouzón tomou a batuta e conseguiu o III Premio nun certame de Bandas de Pontevedra (1934). Ao ano seguinte cambiou de nome, e de denominarse Popular de Arcade pasou a ser Artística de Arcade. A súa época máis frutífera foi a comprendida entre o 1940 e 1960, anos nos que acadou o I Premio nun certame de bandas de Pontevedra e o II nun de Vigo. En 1974 ocupou a dirección Adonis Ferreiro durante...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación musical fundada en Arcade (Soutomaior) o 18 de abril de 1982. Na actualidade, está dirixida por Celso Santos Lorenzo e conta con 37 compoñentes dos que 31 son mozos, con idades comprendidas entre os 11 e os 20 anos, formados musicalmente nunha academia creada dentro da mesma banda, baixo dirección do propio director musical. Dende a súa fundación vén realizando diversas actividades nos concellos da provincia e fóra dos límites provinciais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situada na parroquia de Cures (Boiro), é o dolmen de maiores dimensións do Barbanza. Conserva restos da mámoa, podéndose apreciar fragmentos da coiraza. A cámara, de planta poligonal, está formada por seis chantas, aínda que falta a da cabeceira, e a tampa, que está lixeiramente desprazada. O corredor, de forma triangular e de dous tramos, conserva catro laxes e dúas lousas. Polas características conservadas debe pertencer á fase de apoxeo do Megalitismo.