"RM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2589.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nefropatía caracterizada por episodios repetidos de hematuria.
-
-
Peixe da orde dos bericiformes.
-
Orde de peixes da clase dos actinopterixios. Os individuos desta orde presentan un perfil oval e o corpo comprimido, coa cabeza grande, ollos moi desenvolvidos e gran número de radios nas aletas pelvianas. Viven na zona abisal do Océano Atlántico e do Océano Pacífico. Pertencen a esta orde as familias dos berícidos e dos dirétmidos.
-
-
PERSOEIRO
Físico e filósofo francés. Estableceu unha teoría atomista baseada na idea dos corpúsculos redondeados e traballou nunha teoría corpuscular da luz e da atracción das masas. En Dubitationes in dialogos Galilaei pro terrae inmobilitate (Dúbidas nos diálogos de Galileo sobre a inmobilidade da Terra, 1632) considerou a Terra inmóbil, en desacordo con Galileo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Espacio ao pé da muralla que impedía que, ao atacar o inimigo, a terra e as pedras, que se desprendía do terraplén e da propia muralla, non caesen ao foxo.
-
Franxa de terra, de pouca largura e de sección transversal plana ou lixeiramente inclinada, que está feita, ben na parte superior dun noiro, ben ao pé do noiro dun desmonte.
-
-
RIOS
Río afluente do Umia pola dereita. Nace no lugar de Magán, na parroquia de Estacas (concello de Cuntis). O seu curso adopta en principio unha dirección L-O coa que penetra na parroquia de San Clemente de Cesar (concello de Caldas de Reis); logo vira cara ao S, tomando unha dirección meridiana, e servindo de límite entre as parroquias de San Clemente de Cesar e Santo André de Cesar, ao L, e Bemil, ao O. Desemboca no núcleo urbano de Caldas de Reis logo dun percorrido duns 9 km.9
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de América do S, afluente pola dereita do Paraguay, no que desemboca logo dun percorrido de 1.780 km. Formado pola confluencia de dous ríos, o Bermejo e o Río Grande de Tarija, durante 90 km serve para establecer a fronteira entre Bolivia e Arxentina.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Forma castelanizada correspondente ao apelido galego Bermello.
-
Liñaxe orixinaria de Castela, da que pasou unha rama a Galicia. As súas armas levan, en campo de ouro, un piñeiro de sinople e unha ovella ao natural, atravesada ao pé do tronco e pastando nun prado, tamén de sinople. Outra variante trae, en campo de azul, cinco flores de lis, de ouro, postas en aspa.
-
-
GALICIA
Catedrático de Historia Antiga na Universidade de Santiago de Compostela. Investigador no eido da teoría e da filosofía da historia e da mitoloxía grega e romana. Sobre os fundamentos da disciplina histórica publicou entre outras obras: Psicoanálise do coñecemento histórico (1982), traducido ao español en 1983, e O final da historia: ensaio de historia teórica (1986), obra coa que inauguraba a triloxía Ensayos de historia teórica, composta por El final de la historia (1987), Replanteamiento de la historia (1989) e Genealogía de la historia (1999). Ademais escribiu, entre outras, as seguintes obras: La sociedad en la Galicia castreña (1978), Introdución a la sociología del mito griego (1979), Mitología y mitos de la Hispania prerromana (1982-1986) e Grecia arcaica: la mitología (1996). Colaborou en numerosas obras colectivas, entre as que cómpre salientar Historia de la filosofía antigua (1997),...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Biólogo. Foi membro fundador do Grupo Ornitolóxico Galego, do Grupo Ibérico de Aves Marinas, da Sociedade Galega de Ornitoloxía, vicepresidente da Sociedade Galega de Historia Natural e vogal da Sociedad Española de Ornitología. Coordinou os censos de aves acuáticas en Galicia dende 1979 a 1987. Foi delegado do grupo de traballo de aves mariñas atlánticas no International Council for Bird Preservation dende 1980 a 1985. Especialista en técnicas audiovisuais, desempeña a súa actividade profesional no Servicio de Medios Audiovisuais da Universidade de Santiago de Compostela. Dende 1974 publicou máis de trinta artigos, tanto en publicacións de ámbito nacional como internacional, dedicados ás aves mariñas e en especial, ás gaivotas e araos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Piloto militar. Estudiou Filosofía e Letras. Postumamente foi publicada a súa obra San Valerio. Un asceta español del siglo VII (1940).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Catedrático de Química Inorgánica. Exerce como director do Grupo de Investigación de Química Inorgánica da Facultade de Química da Universidade de Santiago de Compostela. Investigou, principalmente, a química de coordinación con metais esenciais para a vida, a cristaloquímica, a fotosíntese artificial, a química de sistemas supercondutores, a fixación do SO2 con precursores metálicos, os helicatos metálicos miméticos do ADN e o uso de manganoenzimas como catalizadores. Participou en proxectos e convenios nacionais e internacionais sobre a fotosíntese artificial, a desulfuración con complexos metálicos, a modelización teórica e os biomodelos do manganeso. Dedicouse á Pedagoxía e á Historia da Ciencia, contribuíndo á normalización lingüística do galego nas súas publicacións. Entre as súas obras destacan: Carbenos e carbinosarbinos (1983), O patrimonio histórico da Universidade de Santiago de Compostela (1996) e Manual práctico de Química Agrícola (1998). Foi director...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Formado en Flandres, aprendeu as novidades estilísticas e da técnica do óleo da escola flamenga. Traballou en Zaragoza, onde orixinou unha activa escola aragonesa a partir do ano 1474. En Daroca pintou os retablos de San Domingos de Silos (1474) e de Santa Engracia; en Barcelona asinou para a catedral a pintura sobre madeira Pietat (1490), unha das primeiras obras españolas realizadas en óleo. Da súa produción artística destacan: La resurrección, La entrada en el paraíso e La virgen con el niño y un donador.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido que procede dun alcume, que orixinariamente faría referencia á cor colorada do cabelo ou da pel do individuo ao que se lle aplicaba. Actualmente non se atesta a forma coa grafía v- etimolóxica: Vermello.
-
MUNICIPIOS
Municipio de Bizkaia, Euskadi, situado á beira do Mar Cantábrico, ao NO da ría de Gernika (17.176 h [1996]). Porto pesqueiro cunha importante industria conserveira. Semella que a colonia de Flaviobriga, mencionada por Plinio, é o Bermeo actual. É vila dende 1236, cando recibiu a carta foral de Lope Díaz de Haro, señor de Bizkaia. Durante a Baixa Idade Media o seu porto consolidouna como o principal centro comercial do territorio biscaíño. Politicamente ostentou o título de Cabeza de Bizkaia e os seus representantes gozaron dun papel preeminente nas xuntas de Gernika. O auxe de Bilbao rematou por imporse e relegar a Bermeo a un plano subordinado. Entre o seu patrimonio monumental destaca a igrexa gótica de Santa Eufemia e o convento de San Francisco (1357).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no concello de Lalín. De estilo románico, está datada arredor do 1170. Da primitiva fábrica conserva a nave, co exterior encalado agás o beiril e os canzorros, que representan bóvidos, aves, figuras humanas e grandes follas. No Museo de Pontevedra consérvanse catro capiteis: o primeiro representa a Daniel entre os leóns; o segundo a tres leóns coas patas enlazadas por un talo; o terceiro a outros tres leóns, un deles devorando a un home, e o derradeiro ten decoración vexetal.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Zamora, Castela e León, drenado por diversos afluentes do Duero, ao N do municipio, e do Tormes, ao S (1.549 h [1996]). As principais actividades económicas adscríbense ao sector agropecuario, destacando a gandería ovina e o cultivo de cereais.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa de orixe coralina do NO do Océano Atlántico, a maior do arquipélago do mesmo nome (39 km2) e onde está a súa capital, Hamilton.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pantalón ou traxe de baño que chega case ata o xeonllo.
-
ARQUIPELAGOS
Arquipélago británico do Atlántico Setentrional formado por unhas 360 illas e illotes de orixe coralina (53,5 km2; 64.000 h [1998]). As illas máis importantes son a de Bermuda ou Gran Bermuda (Great Bermuda ou Main Island) e as de Saint George’s, Ireland, Watford, Somerset e Gate. O arquipélago sitúase a 32° de latitude N e 65° de latitude O, 965 km ao L do litoral oriental dos EE UU, e a súa capital é o porto de Hamilton, na illa Bermuda.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
O arquipélago é unha formación coralina, feito excepcional nesta latitude. Ao carecer de mananciais, o abastecemento de auga debe facerse por medio de estacións potabilizadoras. O clima é oceánico temperado, e as temperaturas oscilan entre os 7°C de mínima e os 33° de máxima. Está nunha área atravesada por furacáns, especialmente frecuentes ao remate da estación estival. Os principais recursos económicos son a agricultura (destacan os cultivos de horta e de flores) e a pesca (cunhas capturas en 1996...