"RNE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 566.
-
-
Forno pequeno.
-
Oco na parede máis pequeno ca a fornela. OBS: O que nunhas zonas ou lugares de Galicia se designa coa forma masculina fornelo, noutras desígnase coa forma feminina fornela.
-
-
PUNTA
Punta do litoral da parroquia do Pindo, no concello de Carnota, situada ao L da punta do Pindo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pequena aliñación montañosa que serve de límite ás parroquias (e concellos) de Toiriz (Vila de Cruces), Galegos (Lalín) e Carmoega (Agolada). O seu cumio, o Fornelos, acada os 521 m de altitude.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Salvaterra de Miño baixo a advocación de san Xoán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de prata, unha aguia voante, da súa cor, coroada de ouro, dúas medias lúas, de goles, ranversadas, nos cantóns do xefe e, en punta, ondas de azul e prata. Outra variante leva, en campo de azul, dúas bandas de goles.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Viana do Bolo baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Lourenzo que dá nome ao concello de Fornelos de Montes.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Vigo, situado na provincia de Pontevedra no SO da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos da Lama e Ponte Caldelas (comarca de Pontevedra), ao L cos de Avión (O Ribeiro) e Covelo (A Paradanta), ao S co de Mondariz (O Condado) e ao O cos de Pazos de Borbén e Soutomaior (Vigo). Abrangue unha superficie de 83,1 km2cunha poboación de 2.036 h (2007), distribuídos nas parroquias de Calvos, As Estacas, Fornelos de Montes, A Laxe, Oitavén, Traspielas e Ventín. A capital municipal é a vila da Igrexa, na parroquia de Fornelos de Montes, situada a 42° 20’ de latitude N e 8° 27’ de lonxitude O, 36 km ao NL de Vigo e 87 km ao S de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Redondela e á diocese de Tui-Vigo.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O concello de Fornelos de Montes sitúase nunha área de transición cara ao dominio climático oceánico de montaña, onde a incidencia da altitude reflíctese nos rexistros termopluviométricos.... -
VER O DETALLE DO TERMO
Contenda que tivo lugar en Fornelos (Valga) no 968 e na que se enfrontaron as tropas de Sisnando, bispo de Iria, contra os invasores normandos. No trancurso da batalla os normandos deron morte ao bispo e derrotaron as súas tropas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga fortaleza medieval situada en San Lourenzo de Fornelos de Montes. Destruída polos irmandiños no 1467, foi atacada polo bispo de Tui en 1476 e por Pedro de Soutomaior. Destruída en 1890, consérvanse algunhas ruínas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga construción situada en San Pedro de Crecente (Crecente). Atópase en estado ruinoso. Foi sede dos enfrontamentos entre o Rei Afonso VII e Afonso I Henriques de Portugal. De planta cadrada, tiña tres pisos e soto.
-
PERSOEIRO
Escritor. Exerceu como fiscal e foi presidente da Academia de Derecho. Publicou Sátira contra los abusos introducidos en la poesía castellana (1782), La cautiva (1784), Oración apologética por España y su mérito literario (1786), glosada en Discursos filosóficos sobre el hombre e Discurso sobre el modo de escribir la historia (1787), La escuela de la amistad o el filósofo enamorado (1795) e Exequias de la lengua castellana (1844).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora e gravadora. Formouse na Academia de Bellas Artes de Bos Aires (1922) e en 1929 trasladouse a París, onde estudiou con Othon Friez. Expuxo no Salon des Tulleries e ao regresar a Bos Aires foi unha das fundadoras dos Cursos Libres de Arte Plástico (1932). As súas obras caracterizáronse polo expresionismo baseado nas figuras dramáticas e nas cores violentas. Obtivo, entre outros, o Premio de Honor do Salón de Bellas Artes de Bos Aires (1955) e o Gran Premio da Bienal de Córdoba (1962).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Estudiou nas universidades de Berlín e Mainz. Traballou nos hospitais de Dresde e Düsseldorf. Dedicouse primeiramente ao estudo da cardioloxía e máis tarde ao estudo da uroloxía. Desenvolveu unha técnica para a exploración do corazón, a cateterización cardíaca, que consiste en introducir un catéter por unha vea do codo e desprazalo ata o corazón. En 1956 recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía, que compartiu con D. W. Richards e A. F. Cournand, polo desenvolvemento de novas técnicas para o estudo das enfermidades do corazón.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Fillo de galego e de vasco-francesa, pasou un breve período da súa infancia en Cuba, de onde regresou aos catro anos. Iniciou os estudios de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1939 e continuounos na Universidad Complutense de Madrid. Acadou a licenciatura en 1944 e doutorouse coa tese Luis de Molina y el derecho de guerra. Tamén se licenciou en Ciencias Políticas e Económicas pola Universidad de Madrid. Rematados os seus estudios universitarios optou por presentarse a oposicións, nas que acadou o número un da súa promoción; no ano 1945 ingresou no Corpo de Letrados das Cortes Españolas e dous anos máis tarde na Escuela Diplomática; posteriormente gañou a cátedra de Dereito Político da Universitat de València (1948) e a de Teoría do Estado e Dereito Constitucional da Universidad Complutense de Madrid (1953), que ocupou ata a súa xubilación como docente en 1987. Principiou a súa actividade política oficial en 1951 como secretario xeral do Instituto de...
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do departamento de Val-de-Marne, Francia, situada ao S da aglomeración urbana de Paris (25.315 h [1996]). Do seu patrimonio cultural destacan a igrexa de Saint Sulpice (s XVII), as antigas esclusas da canle de l’Ourcq, unha prisión de 1899 e o edificio de La Poste (s XX).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo, coñecido como Cornell Capa. Estudiou en París mentres axudaba o seu irmán, Robert Capa, na preparación das fotografías que obtivera este na Guerra Civil española. Marchou para os EE UU en 1937, onde traballou para a revista Life. Alí substituíu o seu irmán na axencia Magnum despois da súa morte en 1954. Traballou como reporteiro gráfico para diversas revistas ilustradas internacionais. Xunto con B. Karia, editou o libro Robert Capa: 1913-1954 (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeólogo e explorador británico. Participou en diversas expedicións científicas a Groenlandia (1929), aos grandes lagos africanos (1930-1932) e ás illas Falkland (1947-1950). Dirixiu, xunto con sir Edmund Hillary, a expedición británica que atravesou a Antártida (1955-1958), percorrendo o Polo Sur. Foi director do British Antartic Survey (1960-1973) e presidente da Royal Geographical Society (1982-1984). Publicou The Crossing of Antartica (1958), con Edmund Hillary, Antartic Adventure (1959), Of Ice and Men (1982) e A Time to Speak (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
ARQUIPELAGOS
Arquipélago de Tasmania, situado no extremo oriental do esteiro de Bass (2.072 km2). Está formado por tres illas grandes (Flinders, Cape Barren e Clarke) e numerosas illas pequenas. Foi descuberta polo navegante británico T. Furneaux en 1773.
VER O DETALLE DO TERMO