"Rei" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1485.

  • Que é abundante en cobras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma plural correspondente ao apelido galego Cobreiro. Documéntase no s XV: “Pedro de Cobreiros” (doc ano 1414 en X. Ferro Couselo, “A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, vol I, 1967, p 107), “Garcia de Cobreiros” (doc ano 1434 en X. Ferro Couselo, A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, vol II, 1967, p 25). Adoita aparecer castelanizado como Cobreros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escolma de leis da Igrexa católica de rito latino que, baixo o nome de Codex Iuris Canonice, foi redactada organicamente por decreto de Pío X en 1904 e promulgado por Bieito XV en 1917. Constaba de cinco libros: normas xerais, das persoas, das cousas, dos procesos e dos delitos e as penas. Logo do Concilio Vaticano II iniciouse a revisión, que entrou en vigor en 1983. O novo código consta de sete libros: das normas xerais, do pobo de Deus, da misión da Igrexa de ensinar, da función da Igrexa de santificar, dos bens temporais, das sancións e dos procesos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e arqueólogo portugués. Licenciado en Teoloxía en 1965, doutorouse nas especialidades de Prehistoria e Arqueoloxía en 1987 na Universidade do Porto. Profesor nesta universidade, especializouse en epigrafía e a Idade do Ferro no NO peninsular. Colaborador habitual das revistas Arqueologia, Gaya, Poligrafia e Portugalia, é director da revista Lucerna. Entre as súas obras sobresaen A idade dos metais em Portugal (1983), A cultura castreja no noroeste de Portugal (1986), Idade do Ferro em Portugal (1990), As origens do Porto (1994) e Portuguese Castros: the evolution of the habitat and the proto-urbanisation process (Castros portugueses: a evolución do hábitat e o proceso de protourbanización, 1995). Realizou a catalogación do material arqueolóxico do Museu Municipal de Etnografia e História de Póvoa de Varzim. Foi vogal da comisión nacional de arqueoloxía, membro da comisión científica internacional para o val do Côa, director do Instituto de Arqueologia da Universidade do Porto...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que fai cofres ou que os vende.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: cómaro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Sindicato Nacional de CC OO de Galicia constituído en marzo de 1978, é unha organización de clase que ten por tarefa principal a defensa dos intereses da clase traballadora e dos dereitos nacionais de Galicia na perspectiva do socialismo democrático. Desenvolve a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
    Órganos, estrutura e obxectivos
    Os órganos de dirección son o Congreso Nacional, máximo órgano deliberante e decisorio; a Conferencia Nacional, convocada intercongresualmente para cuestións de interese puntual; o Consello Nacional, máximo órgano de dirección e representación entre congresos; e a Comisión Executiva Nacional, órgano de dirección que leva á práctica as decisións e directrices adoptadas polo Consello e polo Congreso. A coordinación está a cargo do Comité Nacional e a representación legal e pública recae no Secretario Xeral. A estrutura interna é en sentido vertical, para atender a rama laboral, e horizontal, en atención á súa procedencia territorial...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Antigo estado que se estendía aproximadamente pola cidade de Loango, na actual República do Congo, e o lago Pool Malébo ao N; o río Cuango ao L, e a cidade angolana de Luanda ao S. Fundouse a comezos do s XIV. No s XV entrou en contacto con Portugal, que exerceu alí unha intensa influencia. En 1490, o seu monarca converteuse ao cristianismo. Nos comezos do s XVI, o reino constituía un importante mercado de escravos, feito que orixinou repetidas tentativas por parte da monarquía congolesa para fuxir do influxo colonial. En 1668, porén, o rei foi derrotado polos portugueses e o seu reino quedou dentro da órbita política portuguesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación fundada en Bos Aires en 1790 por emigrantes galegos. Entre os seus fins está a celebración do día do apóstolo Santiago. Houbo outras sociedades semellantes en Madrid, México e La Habana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira oriental da ría do Barqueiro, situada ao N da praia do Vicedo, no litoral da parroquia e concello do Vicedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asemblea celebrada en Barcelona entre o 18 e o 25 de xuño de 1870 que reuniu, por primeira vez, a delegados das sociedades obreiras de toda España. A súa convocatoria partiu do semanario internacionalista madrileño La Solidaridad e recolleuna o barcelonés La Federación. O lugar elixido para a súa celebración fixouse por un plebiscito entre a maioría das sociedades obreiras e asistiron 89 delegados con dereito a voto. Dende un principio o Congreso addheriuse á Asociación Internacional do Traballo (AIT). As principais cuestións debatidas e aprobadas foron: a acción sindical de resistencia ao capital; a defensa do cooperativismo pero non como o principal camiño da emancipación obreira; a organización social dos traballadores baseada nas seccións de oficios que se agruparían en federacións locais, e estas en federacións rexionais; e a actitude apolítica. Tralo Congreso constituíuse a Federación Rexional Española da AIT e fixouse a residencia do consello federal en Madrid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo político español creado pola Lei de Sucesión de 1947 que tiña como misión principal asesorar o xefe de Estado en asuntos transcendentais. Estaba formado por un presidente, que era o das Cortes, seis conselleiros natos e seis electivos. Entre outras atribucións, encargábase de presentar a lista de candidatos para presidente do goberno e de propoñer ás Cortes, de acordo co goberno, o sucesor do xefe de Estado en caso de incapacidade deste ou de morrer sen sucesión. Desapareceu cando se aprobou a Constitución de 1978.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segunda fileira de asentos, situados detrás da barreira, nas prazas de touros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Segunda vidreira que se pon diante doutra para mellor resgardo da intemperie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estreito do Océano Pacífico que separa as illas do norte e do sur de Nova Zelanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á corea.

    2. Que ou quen padece a enfermidade da corea.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos coreidos.

    2. Percebella da familia dos coreidos.

    3. Familia de percebellas á que pertencen algunhas cacafedes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo coral formado exclusivamente por homes fundado en 1985 co asesoramento do P. José Vallejo, monxe mercedario do mosteiro de Poio e derradeiro representante da Schola Cantorum, e aglutinado por Vicente Couceiro Bueno, o seu primeiro director. Ten como obxectivo a recuperación das orixes da música occidental, da tradición gregoriana existente antigamente no mosteiro de Poio coa súa desaparecida Scola Cantorum e a difusión dos cantos gregorianos. En 1986 deu o seu primeiro concerto e de xeito regular intervén como única actuación vogal no ciclo de Concertos de Órgano celebrados anualmente no mosteiro de Poio; nos oficios do Xoves Santo, coa representación dos Salmos do Rei David e as Lamentacións de Xeremías, e canta na liturxia correspondente; no Nadal ofrece un concerto e todos os primeiros sábados de mes canta a misa no mosteiro de Poio co gallo do canto tradicional da Salve en ton solemne. Dende 1994 está baixo a dirección de Fernando Olbés Durán, cantor...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de corpóreo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e ensaísta. Licenciouse en Dereito e exerceu a avogacía. Da súa produción destacan, entre outras obras, Concepción Arenal y su obra (1907), Coruña benéfica en los siglos XVIII y XIX (1909), El venerable Barrantes, canónigo de Burgos. La beneficencia privada en el s XVII (1913), La obra poética de Concepción Arenal y su romancero Anales de la virtud (1920) e Concepción Arenal y los problemas sociales contemporáneos (1923). Foi cóengo honorario da catedral de Burgos, membro numerario da Real Academia Galega e correspondente das de Lengua, Ciencias Morales y Políticas e Bellas Artes de San Fernando. Recibiu a Gran Cruz de Beneficencia e a Cruz de la Orden Civil de Alfonso XII.

    VER O DETALLE DO TERMO