"Rin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1743.
-
-
Relativo ou pertencente á carena.
-
Aplícase á prefloración imbricada coclear propia dalgunhas fabáceas nas que a carena é envolvente e o estandarte é a peza interna.
-
-
-
Tipo de uva tinta, produtora de viños robustos pero non bastos, que se complementa moi ben coa garnacha, e que se emprega principalmente en Catalunya e La Rioja, onde recibe o nome de mazuela.
-
iño con Denominación de Orixe elaborado na comarca do Campo de Cariñena (Zaragoza) a partir das variedades garnacha (55% da uva) e tempranillo (15%) para os tintos, e viura e macabeo (20%) para os brancos. Prodúcense viños tintos, rosados, claretes e brancos secos, tintos e brancos doces e tamén viños rancios, obtidos a partir de viños de 14 graos avellentados en carballo durante o tempo mínimo dun ano. Tamén se producen viños de licor de uva moscatel.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Zaragoza, Aragón, cabeceira da comarca do Campo de Cariñena (2.852 h [1996]). Está situado no centro dunha chaira que se prolonga ata a ribeira do río Jalón. A súa economía baséase no sector agropecuario, especialmente no cultivo da vide, que abastece unha importante produción vinícola.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘caro’.
-
PERSOEIRO
Historiador e eclesiástico. Promoveu o desenvolvemento dos estudios históricos sicilianos e foi prefecto da biblioteca Vaticana. En 1872 fundou o Archivio storico siciliano e en 1873 a Società Siciliana di Storia Patria. Entre as súas obras destacan De rebus Regni Siciliae (Sobre o reino de Sicilia, 1882) e Gli archivi e le biblioteche di Spagna in rapporto alla storia d’Italia in generale e di Sicilia in particolare (Os arquivos e as bibliotecas de España en relación coa historia de Italia en xeral e de Sicilia en particular, 1884).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Sentimento de afecto, tenrura ou simpatía que se sente por alguén ou algunha cousa.
-
Afecto que se sente cara a algunha cousa á que se está afeito.
-
Manifestación de afecto que se fai cara a unha persoa ou un animal con palabras ou feitos. OBS: Adoita empregarse en plural.
-
Coidado ou esmero con que se fai ou se trata algo.
-
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Cariño e na que se sitúa a vila capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Ortegal, situado na provincia da Coruña no extremo setentrional da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N co Océano Atlántico, ao S cos concellos de Cedeira (comarca de Ferrol) e Ortigueira (Ortegal), ao L coa ría de Ortigueira e ao O co concello de Cedeira (Ferrol) e o océano. Abrangue unha superficie de 46,8 km 2 cunha poboación de 4.686 h (2007), distribuídos nas parroquias de Cariño, Feás, Landoi, A Pedra e Sismundi. A capital municipal é a vila de Cariño, situada a 43° 41’ de latitude N e 7° 52’ de lonxitude O, 115 km ao N da Coruña e 146 km ao N de Santiago de Compostela. Está adscrito aoo partido xudicial de Ortigueira e á diocese de Mondoñedo-Ferrol.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O territorio do concello de Cariño sitúase dentro do dominio climático oceánico húmido. Os rexistros termopluviométricos están afectados pola influencia directa do mar como pola situación de abrigo do territorio en relación ás masas de aire perturbadas... -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural de Santa Marta de Ortigueira. As súas armas traen, en campo de prata, tres matas de ortigas de sinople, sobre tres rochas da súa cor natural, que saen de ondas de auga de azul e prata; bordo de goles con seis aspas de ouro.
-
PERSOEIRO
Emperador romano (283-285). Derradeiro representante da dinastía dos ilirios, sucedeu o seu pai Caro no Imperio de Occidente, mentres o seu irmán Numeriano administraba o de Oriente. Trala morte do seu irmán (284), adoptou o título de Germanicus Maximus e, despois de derrotar preto de Verona o usurpador Marco Aurelio Xuliano, loitou contra Diocleciano, proclamado sucesor de Numeriano en Oriente e que non o recoñecía. Derrotouno nunha batalla á beira do río Marus (Mesia Superior), pero foi asasinado por un dos xefes do seu exército.
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia da beira occidental da ría de Santa Marta de Ortigueira, no litoral da parroquia e concello de Cariño, situada entre o Cabo Ortegal, ao N, e o porto de Cariño, ao S.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que sente cariño ou trata os demais con cariño.
-
Que amosa cariño nos actos ou nas palabras.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Land de Austria (9.533 km2; 563.645 h [1997]). A súa capital é Klagenfurt. É unha área montañosa, de clima continental, formada por dúas rexións: a Carintia occidental, de vales abruptos e altas montañas, e a Carintia oriental, que comprende a fértil depresión de Klagenfurt, separada de Italia e Eslovenia polos Alpes Cárnicos e os Karawanken. O principal río é o Drava, afluente do Danubio, que atravesa o país e serve de canal para o transporte de madeira, sector punteiro da economía. A existencia de depósitos de mineral de ferro, lignito, minerais de chumbo e magnesita deu lugar a unha importante industria metalúrxica. A poboación, maioritariamente alemana, ten un 12% de eslovenos. Centro do reino celta da Nórica, foi conquistada por Augusto no 15 a C e converteuse en provincia romana. Durante o s VI asentáronse no territorio bávaros e eslavos. Situada baixo dominio do duque de Baviera desde o 769, Carlomagno incorporouna ao imperio franco. No 976 constituíuse nun ducado...
-
PERSOEIRO
Economista e erudito italiano. Escribiu Sulle monete (Sobre as moedas, 1751-1759), dentro da liña do cuantitativismo e do mercantilismo, e Del Commercio Libero dei grani (Sobre o comercio libre do trigo, 1771), onde se manifestaba contrario aos principios da fisiocracia e ao libre comercio do trigo. Tamén escribiu Antichità italiche (Antigüidades itálicas, 1788-1790).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poetisa. Doutora en Filoloxía Clásica e docente na Universidade de Santiago de Compostela, colaborou en revistas como Dorna, Ólisbos ou Festa da palabra silenciada. Publicou o volume Alta casa (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enunciado do segundo principio da termodinámica que establece que non é posible construír unha máquina térmica que produza traballo e que intercambie calor cunha única fonte de calor. Deste xeito, un motor térmico ten que traballar con dúas fontes de calor a distintas temperaturas, tomando calor da máis quente e transmitíndoa á máis fría.
-
PERSOEIRO
Pintora británica. Entre 1910 e 1914 estudiou na Slade School of Art de Londres, onde coñeceu a Mark Gertler, quen a introduciu no grupo de Bloomsbury. Nas súas obras empregou diferentes soportes como o cristal, os azulexos e os enreixados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora inglesa. Estudiou debuxo e pintura na academia de Amédée Ozefant en 1936 e, ao ano seguinte, coñeceu a Max Ernst, quen a introduciu no círculo dos surrealistas de París e con quen colaborou na escenografía de Ubu Roi (1938), de Alfred Jarry. En 1938 expuxo cos surrealistas en París e Amsterdam. En 1943 coñeceu o mecenas Edward James. Dende aquela, e logo dunha estancia en Nova York e Chicago (1985 e 1988), viviu en Ciudad de México, onde desenvolveu unha actividade pictórica encadrada no surrealismo. Cara ao 1941 colaborou coas publicacións View e VVV. Entre as súas obras destacan Autorretrato (1938), The Meal of Lord Candlestick (A comida de lord Candlestick, 1938), Pain Chant (Canto de sufrimento, 1947), Kabala (Cábala, 1960) e Labyrinth (Laberinto, 1991). Escribiu os contos fantásticos La dame ovale (A dama oval, 1939), a novela curta Little Francis (A pequena Francis, 1937) e a...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Peter Alexander Rupert Smith.
-
PERSOEIRO
Astrónomo. Foi o primeiro en rexistrar a observación dunha erupción solar e estudiou as manchas solares. Descubriu que na rotación do Sol, a velocidade depende da latitude, de xeito que a rotación do ecuador solar é máis rápida ca a da resta da esfera. Publicou Catalogue of 3735 circumpolar stars observed at Redhill (Catálogo de 3.735 estrelas circumpolares observadas en Redhill, 1857) e o libro Observations of the solar spots (Observacións dos puntos solares, 1864).
VER O DETALLE DO TERMO