"Rus" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 386.

  • PERSOEIRO

    Fundador das testemuñas de Xehová. Educado no congregacionalismo, reaccionou contra o predestinacionismo calvinista influído polo adventismo. En The Object and Manner of our Lord’s Return (1872) anunciou para 1874 o retorno invisible de Cristo, que comportaría a revolución da clase obreira, o caos e finalmente a resurrección dos mortos e o xuízo. Editou a revista Watch Tower (1879).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, pintor e economista irlandés. Coñeceu a Yeats, que o iniciou na literatura e na teosofía. A súa poesía caracterízase por un certo panteísmo e con frecuencia por unha fonda espiritualidade. Destacan The Earth Breath (1897), Imaginations and Reveries (1915), The House of Titans (1930) e o drama Deirdre (1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico inglés. Da súa obra destacan as adaptacións biográficas Music Lovers (1969), The Devils (1970) e Savage Messiah (1972), ademais de Women in love (1969), Mahler (1973), Tommy (1974), Lisztomania (1975), Valentino (1977), Altered States (1980), Crimes of Passion (1984), Gothie (1987), Whore (1990), Prisoners of Honour (1991) e Lion’s Mouth (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrofísico. Estudou na Princeton University e foi astrónomo axudante no observatorio de Cambridge (Inglaterra). Volveu a EE UU en 1905, onde foi profesor e despois director do observatorio de Princeton e astrónomo do observatorio Wilson. En 1913 descubriu a relación entre a luminosidade e os tipos espectrais das estrelas e, para representala graficamente, ideou (con independencia de E. Hertzsprung) o diagrama de Hertzsprung-Russell. Xunto con Vogt, enunciou o teorema de Russell-Vogt.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor inglés. Pintou paisaxes e retratos de personalidades da nobreza inglesa e da familia real, desde 1790 foi pintor do rei, e de rapaces, un dos seus temas preferidos. Destaca O neno das cereixas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, I conde de Russell. Deputado whig da Cámara dos Comúns desde 1813, foi secretario do Interior (1835-1839) e de Colonias (1838-1841). Como xefe do goberno (1846-1852) levou a cabo unha política librecambista e enfrontouse con graves problemas como a Revolución de 1848. Foi ministro de Asuntos Exteriores (1860-1865) e primeiro ministro (1865-1866).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Marchou a París en 1905, onde entrou en contacto co grupo de Montparnasse. Con S. Macdonald-Wright creou o sincronismo, movemento abstracto con connotacións co orfismo, do que destaca Sincronía en verde (1913). En 1946 volveu a EE UU, onde cultivou a pintura figurativa de tema bíblico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modelo proposto por H. N. Russell e F. A. Saunders en 1925 para explicar a existencia dos termos múltiples dos espectros atómicos dos átomos con máis dun electrón óptico. Suponse que os momentos angulares dos diferentes electróns se acoplan, do que resulta un momento angular total definido polo número cuántico L, e que, igualmente, os momentos angulares de spin si se encaixan para dar un momento de spin total, definido polo número cuántico S. OBS: Tamén se coñece como axuste LS.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema relativo ao comportamento das estrelas, segundo o que se unha estrela está en equilibrio hidrostático e térmico e obtén toda a súa enerxía das reaccións nucleares, a súa estrutura queda totalmente determinada por dous factores: a súa masa e a distribución de elementos químicos no seu interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Hessen, Alemaña, situada á beira do río Main, entre Maguncia e Frankfurt (59.300 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Despois do movemento revolucionario de 1848, exiliouse en París, onde escribiu o poema Le chant de la Roumanie (1851). En 1908 os seus artigos foron compilados en Écrits que, traducidos ao romanés, influíron no renacemento da lingua romanesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico e pintor. Membro do grupo futurista, en 1913 redactou L’Arte Dei Rumori, onde concibiu un tipo de música baseada na organización de sons de calquera orixe, e que serviu de base para a música moderna do s XX. Construíu unha serie de instrumentos que denominou intonarumori, que mediante métodos mecánicos emulaban os sons do mundo moderno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos, da familia das rusuláceas, ao que pertencen as netorras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Funcionario do estado e historiador turco. Foi gobernador do vilayet de Anatolia, visir (1539) e gran visir (1544) de Solimán o Magnífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos rustemitas.

    2. Membro da dinastía kharixita fundada por ‘Abd al-Rahmān ibn Rustum arredor da cidade de Tāhert, que construíu (761-908). A dinastía foi destruída polos bérberes kutama, de crenzas xiítas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘castaña’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e pintor. Formado no taller de A. del Verrocchio, foi autor de tres imaxes de bronce (1506-1511) para o baptisterio de Florencia, e dunha Madonna con bambino. O seu estilo foi clasicista primeiro e próximo ás novas tendencias manieristas despois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de rústico, especialmente nas maneiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é propio das persoas ou cousas do campo.

    2. Que está feito de maneira pouco elaborada.

    3. Que manifesta escasa ou ningunha delicadeza.

    4. Que ten costumes, maneiras ou actitudes de campesiño.

    5. Aplícase á obra ou á orde arquitectónica que presenta un aspecto aparentemente inacabado nalgunha das súas partes, como os perpiaños sen pulimentar. Empregouse, a partir do manierismo, no almofadado dos muros, nas doelas dos arcos e nos tambores das columnas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Condimento alimentario feito con allo, cebola, pemento e outros ingredientes fritidos en aceite, manteiga ou graxa.

    2. Preparado medicinal a base de ruda e outras herbas fervidas con aceite.

    VER O DETALLE DO TERMO