"SS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1221.

  • PERSOEIRO

    Narrador e xornalista italiano. Viaxou por Europa e África como correspondente do diario Il Corriere della sera. Influenciado por D’Annunzio, distinguiuse polo seu estilo descritivo. Publicou, entre outras obras: L’italiano errante per l’Italia (O italiano errante por Italia, 1937) e Un gatto attraversa la strada (Un gato atravesa a estrada, 1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo do Estado francés creado en 1945 para canalizar a busca fundamental e aplicada da enerxía nuclear. Dispón de diversos centros de estudios nucleares (Fontenay-aux-Roses, Saclay, Grenoble e Cadarache) e xerou algunhas sociedades filiais, de estatuto privado, para as actividades economicamente rendibles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma musical característica do período barroco na que un grupo de instrumentos (concertino) rivaliza coa masa orquestral (concerto grosso, ripieno ou tutti). A Sonate di viole, de Alessandro Stradella (1644-1682), parece ser o primeiro concerto grosso coñecido. Entre os compositores que traballaron este tipo de concerto destacan, entre outros, Corelli, Torelli, Gemianini, Castruci, Sammartini ou Haendel. No s XX experimentou unha recuperación da man de compositores como Ernest Bloch (1880-1959) ou Paul Hindemith (1895-1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura dialéctica que consiste en recoñecer que a parte contraria ten razón nun aspecto do asunto sobre o que se discute e que a opinión propia está equivocada. Non obstante , esta aparente conformidade refútase a continuación, co que se rexeita máis rotundamente o exposto pola parte contraria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federación sindical estadounidense que xurdiu en 1935 como unha escisión da American Federation of Labor (AFL). En 1955 fusionouse de novo coa AFL e deu lugar á American Federation of Labor and Congress of Industrial Organizations (AFL-CIO).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización estadounidense de dereitos civís fundada en Chicago en 1942 por James Farmer. Xurdiu para promover as boas relacións entre os diversos tipos humanos e evitar a discriminación racial nos EE UU. Realizaron diversas accións non violentas, entre as que destacan o envío en 1961 dos freedom riders (‘xinetes da liberdade’) aos estados do sur para investigar a existencia de leis discriminatorias e a promoción da marcha sobre Washington en 1963.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eséxeta xesuíta. Coñecido como Cornelius a Lapide, ensinou Sagrada Escritura e hebreo en Louvain e Roma. Publicou un extenso comentario sobre toda a Biblia, agás de Job e os Salmos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento aerófono de lingüeta sinxela, modalidade de contralto do clarinete, afinado en fa. Está constituído por un cano que forma un ángulo obtuso na parte central e remata nunha campá. Inventouno o bávaro Mayrhofer (1770).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Membro destacado da escola de Ferrara, traballou na decoración do palacio Schinaffoia, no que pintou unha representación alegórica dos meses do ano. Trasladouse a Boloña e realizou, entre outras obras, o retablo da capela Griffoni na igrexa de San Petronio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e dramaturgo. Iniciou a súa carreira trala presentación do espectáculo Nuestro fin de semana (1964), realizado a partir dun texto da súa autoría. Influenciado por Anton Čekhov e por Arthur Miller, a súa obra encadrouse dentro da xeración realista, na que se inclúen Griselda Gambarro, Eduardo Paulovsky, Rodolfo Wash ou Carlos Gorostiza. O 21 de outubro de 1993, Teatro do Atlántico estreou o espectáculo Non se chora, baseado nun texto homónimo, con dirección de Xulio Lago e coa versión galega realizada por Dolores Vilavedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor flamengo. A súa arte ten puntos de contacto co claroscuro de Caravaggio e Ribera. Acompañou a Rubens na súa viaxe a España. Pintou os cadros da beguinaxe de Malinas sobre a vida de Cristo e santa Teresa (1655), ademais de escenas de xénero (Os fumadores).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano. Licenciado en Xurisprudencia, foi profesor de dereito constitucional na Universidade de Sassari. En 1945 iniciou a súa andaina política na Democracia Cristiá (DC), da que foi deputado (1958-1963). Foi ministro de Administración Pública (1974-1976) e Interior (1976-1978). A partir de agosto de 1979 liderou un goberno de coalición formado pola DC, o Partido Socialdemocrático Italiano (PSDI) e o Partido Liberal Italiano (PLI). En 1980 encabezou un segundo goberno apoiado pola DC, o Partido Socialista Italiano (PSI) e o Partido Republicano Italiano (PRI). Exerceu tamén como presidente do Senado (1983-1985). Rematou a súa traxectoria política como presidente da República (1985-1992) e foi proclamado senador vitalicio. En 1998, logo dunha profunda crise na DC, fundou o partido centrista Unión Democrática para a República.
    En xaneiro de 2001 recibiu en Euskadi...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel Bartolomé Cossío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco Gutiérrez Cossío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mezzosoprano italiana. Despois de formarse en Turín, debutou na Scala de Milán no 1957. Centrouse, sobre todo, no repertorio romántico italiano (Verdi) e francés (Bizet, Saint-Saëns).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo artístico formado en 1969 en Londres por Neal Andrew Megson, máis coñecido como Genesis P-Orridge, logo de traballar con algúns dos integrantes do grupo alemán Fluxus. Especializado na organización de accións destinadas a provocar a irritación da realeza, da aristocracia e das clases medias inglesas, na mesma época na que a banda dos Sex Pistols gozaba de maior popularidade, habería que destacar a súa instalación Prostitution, presentada entre o 16 e o 26 de outubro de 1976 en Londres, que supuxo un considerable escándalo. Nesas mesmas datas Genesis P-Orridge, xunto con dous integrantes do colectivo, Cosey Fanny Tutti e Peter Christopherson crearon Throbbing Gristle, unha banda de música industrial que tivo unha grande influencia na denominada música postindustrial e nas creacións musicais do grupo catalán La Fura dels Baus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de anfibios da subclase dos laberintodontos, de ata 2 m de lonxitude, de corpo alongado e pisciforme, con ollos grandes e extremidades diminutas. Os seus fósiles localízanse en Escocia, en xacementos que no Carbonífero eran lagoas lamacentas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbas da familia das crasuláceas. Presenta follas simples, enteiras e opostas, flores hermafroditas, trímeras ou tetrámeras, e froitos en polifolículo. Dun total de 250 especies, en Europa pódese localizar C. tillaea, que aparece formando tapices avermellados sobre substratos rochosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Política francesa. Diplomada pola École des Hautes Études Commerciales e doutora en Demografía. Politicamente próxima a Mitterrand, formou parte do Comité Director do Parti Socialiste dende 1974 ata 1990. Foi ministra de Agricultura (1981-1983), Comercio Exterior e Turismo (1983-1984), Desenvolvemento Industrial e Comercio Exterior (1984-1986) e Asuntos Europeos (1988-1990). Entre 1991 e 1992 converteuse na primeira muller que ocupou o cargo de primeira ministra de Francia. Entre 1995 e 1999 foi membro da Comisión Europea encargada de ciencia, investigación e desenvolvemento, centro común de investigación, recursos humanos, educación, formación e xuventude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenda na rocha, estreita e fonda, causada por un glaciar.

    VER O DETALLE DO TERMO