"Sar" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 930.

  • PERSOEIRO

    Arabista e historiador da ciencia. Foi profesor na facultade de Letras de Zúric. Editou a versión árabe de De materia medica de Dioscórides Pedanio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador holandés. Discípulo de Adriaen van Ostade, realizou escenas campesiñas cunha tendencia á caricatura. Entre as súas obras destacan O fumador e O charlatán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e avogado belga. Foi burgomestre da súa cidade natal (1927-1947), conselleiro provincial (1933-1936), deputado (1944-1949) e senador (1949-1965). Designado ministro de Economía (1947-1950), foi primeiro ministro (8.6.1950-16.8.1950) e constituíu un goberno socialcristián que preparou o retorno do Rei Leopoldo III. Volveu ao goberno como ministro de Economía (1952-1954). Contribuíu á creación do Benelux e foi vicepresidente do Parlamento Europeo (1964-1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionario e estadista xeorxiano, coñecido como Stalin. Fillo dunha familia proletaria, ingresou no seminario de Tbilisi cunha bolsa en 1894, pero foi expulsado pola súa militancia socialista en 1899. Nese ano adheriuse ao Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso e dedicouse á actividade revolucionaria clandestina entre os obreiros do Cáucaso e os empregados do ferrocarril. Detido no 1902, foi deportado a Siberia, pero fuxiu no 1904. Coñeceu a Lenin na Conferencia de Tampere (1905) e uniuse ao grupo bolxevique. Tralo fracaso da revolución de 1905 instalouse en Bakú e enfrontouse aos menxeviques polo control político da cidade. Asistiu á Conferencia de Estocolmo (1906) e, seguindo as suxestións de Lenin, ingresou no Comité Central do Partido (1912). Adoptou o nome de Stalin (aceiro) e no 1913 fundou o diario do partido Pravda, que tamén dirixiu. Pouco antes de ser desterrado a Siberia (1913-1917) redactou en Viena O marxismo e a cuestión nacional. Liberado,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Causar un astro a eclipse doutro.

    2. Facer que unha persoa ou unha cousa perda importancia ao interpoñerse outra que sobresae polas súas características ou calidades.

    3. olverse invisible un astro ao producirse unha eclipse.

    4. Sufrir alguén ou algunha cousa a perda do valor das súas calidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pavimentar con baldosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer medeiros na leira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Gardar algo en bolsas.

    2. Gañar ou percibir unha cantidade de diñeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa encargada dunha misión ou de levar unha mensaxe.

      1. Río que ten a súa orixe nun lago e que transporta a auga a outro lago, río ou ao mar.

      2. Canle que serve para baleirar un lago, unha balsa ou calquera outro depósito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Formar empavesadas.

    2. Decorar un navío con empavesadas.

    3. Cubrir unha obra ou monumento en construción con teas ou lenzos para ocultala ata o momento da súa inauguración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Suxeitar algo.

    2. Deter o curso dunha corrente de auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de empresarios ou empresas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ás empresas ou aos empresarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que dirixe ou é dono dunha empresa. Coa aparición da empresa capitalista, ocupou o lugar do axente visible da actividade económica e coincidiu xeralmente co propietario de bens de capital. Correspóndelle a función de xestor, que supón a elección de obxectivos, os medios para acadalos e os dispositivos de control, para o que debe adaptar a empresa ás posibles limitacións sociais (condicións laborais, aforro), comerciais (situación do mercado), financeiras (dispoñibilidade e custo dos recursos) e administrativas (fiscalidade). O empresario ten poder de decisión e é responsable particular ao facerse cargo dos riscos da súa decisión. Nas economías modernas as funcións do empresario exérceas un equipo directivo ou consello de administración e a intuición substituíuse polo proceso científico da xestión e pola análise da situación dos mercados.

      1. Persoa física ou xurídica que por concesión ou por contrato executa unha obra ou explota un servizo público.

      2. Persoa física ou xurídica que por conta propia ou allea explota unha empresa na cal, baixo a súa organización e dependencia, se traballa a cambio dunha remuneración.

    2. Persoa que explota unha sala ou unha compañía de espectáculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Lugo, probablemente a partir do ano 1990. Subtitulouse “Boletín informativo. Editado por la Confederación de Empresarios de Lugo y su provincia”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista trimestral aparecida en Santiago de Compostela a partir de maio de 1994. Editada pola Confederación de Empresarios de Galicia e dirixida por María Méndez González, pretende divulgar as novidades e os servicios que ofrece a devandita organización. Ademais, inclúe información sobre acontecementos de micro e macroeconomía, especialmente no referente ás PEME. Analiza instrumentos e medidas de carácter fiscal, financeiro, laboral e económico que poden utilizar as empresas e ofrece datos sobre disposicións lexislativas. Edítanse tamén artigos sobre feiras, incentivos e ofertas de cooperación empresarial no ámbito da Unión Europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación constituída en Madrid o 22 de maio de 1990 que reúne a empresarios, executivos e profesionais autónomos galegos establecidos na Comunidad de Madrid. Ten por obxecto potenciar o intercambio comercial dos empresarios galegos de Madrid cos de Galicia, e tamén cos doutras asociacións da Federación de Empresarios Galegos no Exterior (FEGAEX), e facilitar aos seus asociados información de carácter económico. Entre as súas actividades cómpre salientar a organización de cursos, seminarios e conferencias, a celebración de actos de homenaxe a persoeiros relevantes do mundo empresarial, a sinatura de convenios de colaboración e a publicación dun Boletín e dun Directorio, no que se dan a coñecer a listaxe de socios e das empresas e actividades organizadas por temas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer a camisa a alguén.

    2. Pór camisa ao bloque de cilindros dun motor de explosión.

    3. estirse alguén cunha prenda de roupa, particularmente unha camisa.

    4. estirse os soldados cunha camisa branca para non confundirse cos inimigos cando realizaban de noite un ataque por sorpresa.

    VER O DETALLE DO TERMO