"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • PERSOEIRO

    Poeta peruano. Estudiou Letras en Lima. A súa poesía recollida en El pie sobre el cuello (1967) manifesta, apoiándose nunha linguaxe clásica e irónica, as frustracións do home obrigado a renunciar ás preocupacións intelectuais para subsistir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta sueco. Fíxose famoso como compositor de odas e cancións á vida e ao amor. Burlesca, satírica e de gran lirismo, a súa obra foi recollida en Fredmans Epistlar (1790) e Fredmans sänger (1791).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, na beira dereita do río Iznate (2.779 h [1996]). Situado na comarca de La Axarquía, o principal sector de actividade económica é o primario, especialmente a agricultura. Os cultivos predominantes son os mediterráneos tradicionais (cerais, vide e oliveiras).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político peruano. Interveu no golpe de estado que derrocou o Presidente Guillermo Billinghurst (4.2.1914) e ocupou provisionalmente a Presidencia da República (1914-1915), ata a elección de José Pardo. En 1930 participou no derrocamento do Presidente Leguina, que deu o poder ao comandante Luis Miguel Sánchez Cerro. Despois do asasinato do Presidente Sánchez Cerro, regresou do seu exilio europeo e foi elixido Presidente. Durante os anos da súa Presidencia (1933-1939) iniciou unha política de conciliación con Colombia e de represión da oposición interior. Nos últimos anos do seu mandato tivo que facer fronte a un movemento revolucionario encabezado polo xeneral Rodríguez, feito que lle valeu como pretexto para modificar a Constitución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, dramaturgo e cineasta italiano. Actor e director teatral, realizou longametraxes onde quixo fundir o cine, o teatro e a ópera: Nostra signora dei turchi (A nosa señora dos turcos, 1968), Caprici (Caprichos, 1969), Don Giovanni (1970), Salomé (1972), Un amleto di meno (Un tráxico de menos, 1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Castelló de la Plana, na Comunitat Valenciana, situado na comarca do Baix Maestrat, na chaira de Vinaròs (19.229 h [1996]). O 86% da superficie do concello dedícase á agricultura (árbores froiteiras e oliveiras). Destaca tamén a cría das aves de curral e a actividade pesqueira. A industria, moi desenvolvida e diversificada, converteuse no primeiro sector de actividade, destacando as ramas téxtil, química, conserveira e da construción. O sector comercial e de servicios tamén é moi relevante, favorecido pola explotación dos seus recursos turísticos, contando cunha gran cantidade de establecementos de hostalería. O Rei Xaime I outorgoulle carta de poboamento en 1236. Dende 1316 formou parte da encomenda da Orde de Montesa. En 1522 Carlos I concedeulle o título de vila. Durante a guerra das Xermanías resistiu un sitio de vinte días dos insurrectos, permanecendo leal á coroa. Os carlistas incendiárona en 1837, no transcurso da Primeira Guerra Carlista. Entre o seu patrimonio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro alemán. Foi   un dos creadores e propulsores do automóbil. Fundou a empresa Benz & Cie (1883), patentando o seu primeiro modelo de coche en 1886; ao saír dela (1905), constituíu a C. Benz Söhne. Construíu un motor de gas de dous tempos (1879), patentou un triciclo con motor de gasolina de dous tempos (1886), introduciu o cambio de velocidades, resolveu a xeometría da dirección e aplicou a batería ao arranque. A súa sociedade fusionouse en 1926 coa Daimler Motoren Gesellschaft.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Iacopo Barigazzi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar inglés. Entrou no exército en 1785, serviu na India e participou en 1806 no sitio á cidade de Bos Aires, onde o fixeron prisioneiro. En 1807 ocupou Madeira en nome de Portugal e pasou a España, onde participou na Guerra de Independencia baixo as ordes de sir John Moore. Tomou parte na batalla da Coruña (16.1.1809) e foi nomeado mariscal (7.3.1809) e organizador do exército portugués polo xeneral Arthur Colley Wellesley, o futuro duque de Wellington. Derrotou o mariscal francés Nicolas Jean de Dieu Soult na batalla de La Albuera (Badajoz) e ocupou Badajoz e Salamanca. Trala súa partida de Portugal, en 1819, ocupou diversos cargos militares no goberno do duque de Wellington (1928-1930). Obtivo o título de barón en 1814 e o de vizconde en 1823; así mesmo, tiña o título español de duque de Elvas e o portugués de conde de Troncoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenor italiano. Estudiou en Parma e no Conservatorio de Boito. Debutou en Lecce (1948) como barítono. Cambiou de corda en 1951. Máis tarde, en 1953, actuou no Scala de Milán e no Covent Garden de Londres, onde interpretou a distintos personaxes de Verdi. Está considerado como un dos máis grandes líricos deste século.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Catedrático de Historia Antiga na Universidade de Santiago de Compostela. Investigador no eido da teoría e da filosofía da historia e da mitoloxía grega e romana. Sobre os fundamentos da disciplina histórica publicou entre outras obras: Psicoanálise do coñecemento histórico (1982), traducido ao español en 1983, e O final da historia: ensaio de historia teórica (1986), obra coa que inauguraba a triloxía Ensayos de historia teórica, composta por El final de la historia (1987), Replanteamiento de la historia (1989) e Genealogía de la historia (1999). Ademais escribiu, entre outras, as seguintes obras: La sociedad en la Galicia castreña (1978), Introdución a la sociología del mito griego (1979), Mitología y mitos de la Hispania prerromana (1982-1986) e Grecia arcaica: la mitología (1996). Colaborou en numerosas obras colectivas, entre as que cómpre salientar Historia de la filosofía antigua (1997),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Formado no conservatorio de Madrid, realizou estudios musicais con Julio Gómez, Sergiu Celibidache, Goffredo Petrassi e Bruno Maderna, entre outros. Cómpre destacar da súa abundante produción as pezas: Picolo concerto (Pequeno concerto, 1959), Espacios variados (1962), Heterofonías (1967), Impulsos (1972), Numancia (1975) e Nostálgico (1986). Compuxo a música para a montaxe teatral La Celestina (1988) e a banda sonora das películas Nueve cartas a Berta (1965) e Tormento (1974). Foi Premio Nacional de Música en 1962.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Realizou estudios de Medicina en Santiago de Compostela e Madrid. Traballou nos hospitais militares de Tui e Vigo. As súas ideas liberais provocaron en 1823 o seu exilio en Francia. Á súa volta, estableceuse na Coruña. Ocupou o cargo de presidente da Academia Médico-Quirúrgica de Galicia y Asturias. Publicou: Consideraciones sobre los efectos generales y particulares de los baños de mar (1837), entre outras obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe lendario, heroe de cantares de xesta e de romances casteláns, de época máis ben serodia. Tal como o presentan os textos épicos, non corresponde a ningún personaxe histórico, pero ten como antecedente remoto o conde Unifred, de nome Bernaldo de Ribagorza (920-952). As antigas tradicións do occidente catalán cara á fin do s XI preséntano como un dos principais líderes da reconquista de Ribagorza, pertencente á liñaxe de Carlomagno; pero no s XIII, a través de Lucas de Tui (1236) e de Rodrigo Ximénez de Rada (1243), aparece convertido nun heroe leonés, fillo do conde de Saldaña Sancho Díaz e de Ximena, irmá de Afonso o Casto de Asturias. A Primera Crónica General, que di sacar a súa información dos cantares, malia a súa data máis tardía (1289), ofrece unha versión máis antiga da lenda de Bernardo, que conserva aínda a súa suposta orixe carolinxia e a súa primitiva localización ribagorzana, pero xa cun marcado acento aragonés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Catedrático de Economía na Universidade de Salamanca (1906-1922). De ideas reformistas, divulgou o socialismo, particularmente as ideas de Marx. Na obra La Hacienda Pública y los impuestos (1917) fixo unha das primeiras aproximacións da renda global española. Analizou tamén a incidencia económica da Primeira Guerra Mundial no estado español en Consecuencias económicas de la guerra (1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador occitano. É autor de cancións, serventesios e tenzóns, e de setenta e dúas coplas morais e satíricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Especializado en problemas de crecemento e de planificación, analizou as diferencias entre a teoría propugnada por Marx e Engels, e a súa praxe nos países occidentais. Escribiu Les luttes de classes en URSS 1917-1941 (As loitas de clases na URSS 1917-1941, 1974-1983).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que ten ao seu cargo a formación, a conservación, a catalogación e o funcionamento dunha biblioteca. Dende Zenódoto de Éfeso, primeiro bibliotecario da biblioteca de Alexandría, ata o s XIX, a atención das bibliotecas adoitaba estar encomendada a persoas que sobresaían nalgún aspecto científico ou literario. Co xurdimento das grandes bibliotecas públicas comezou a recoñecerse o bibliotecario como un profesional, pero non foi ata o ano 1885 cando a Library Association estableceu un sistema de probas para poder obter o título acreditativo. En todo o mundo hai diversas escolas de bibliotecarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exercer unha persoa unha pequena presión tocando cos beizos a alguén ou a algunha cousa mentres se separan, para mostar amor, afecto ou como saúdo mostrando amizade, respecto ou reverencia.

    2. Bater unha cousa contra outra.

    3. Darse bicos mutuamente dúas persoas.

    4. Acariciarse as aves co bico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén bicarbonato.

    VER O DETALLE DO TERMO