"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
PERSOEIRO
Política. Presidenta de Filipinas (1986-1992), foi a primeira elixida democraticamente despois de dúas décadas de ditadura. Educada en EE UU, casou en 1954 con Benigno Aquino, asasinado en 1983 debido á súa oposición ao Presidente Ferdinand Marcos. Cory tomou entón o relevo na loita contra a ditadura de Marcos, e conseguiu o reagrupamento da oposición baixo a coalición UNIDO. Despois das eleccións presidenciais (25 de febreiro de 1986), nas que se proclamou vencedor no medio de fundadas denuncias de fraude, Marcos tivo que deixar o poder e o país diante da reacción popular. Cory Aquino foi proclamada Presidenta do país co apoio de toda a oposición democrática e dun amplo sector do exército. Xa na Presidencia, abordou fondas reformas: ditou a amnistía dos presos políticos, disolveu o Parlamento, aboliu a constitución de 1973,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
San Tomé de Aquino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mansión da vía romana XX, per loca marítima, de Bracara (Braga) a Lucus (Lugo). A opinión máis aceptada sitúaa na desembocadura do río Miño, máis concretamente en Caminha.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Segunda mansión da vía romana número XVIII, chamada alio itinere ou nova, de Bracara (Braga) a Asturica (Astorga). Sitúase a 39 milliae de Braga, entre Salaniana e Aquis Querquennis, polo que se acepta a súa asimilación ao actual Baños de Riocaldo (Lobios), onde apareceron, entre outros restos arqueolóxicos, un miliario de Caracalla e outro de Traxano, xunto con instalacións termais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terceira mansión e campamento na vía romana número XVIII, chamada alio itinere ou nova, de Bracara (Braga) a Asturica (Astorga). Sitúase a 52 milliae de Braga, entre Aquis Originis e Geminis. Tanto a vía como o campamento, que se atopa no convento xurídico bracarense, son contemporáneos, xa que a vía se rematou na época de Tito (79 d C) e o campamento data dos primeiros anos da dinastía Flavia (69-96 d C). Non obstante , non se sabe se se construíu a vía en función do campamento ou o campamento para a construción e vixilancia da vía. A localización do campamento obedece a uns criterios ben definidos: ten óptimas comunicacións naturais, está á beira dun río importante (o Limia) e preto dunha fonte de augas termais; e, ademais, facilitaba o control dun territorio, o dos querquenos (querquenni), que aínda se mantiña rebelde. O campamento, que acollía unha unidade da Legio VII Gemina e quizais da Cohors I Gallica,...
-
CIDADES
Cidade do land do Rhin de Norte-Westfalia, Alemaña, situada na marxe setentrional das Ardenas (239.200 h [estim 1990]). É o centro comercial e industrial da conca mineira que proporciona á do Ruhr o combustible (lignito) para producir electricidade. Punto de empalme da rede de autoestradas que une Alemaña con Bélxica e os Países Baixos. Durante a época do Imperio Romano, e aínda hoxe, era unha estación termal chamada Aquae Grani. Foi conquistada polos francos cara ao ano 470; Carlomagno converteuna en capital do Imperio Carolinxio e nela foi enterrado (814). Na capela do seu palacio (Capela Palatina de Aquisgrán, máis tarde incorporada á catedral) foron coroados os reis dos romanos e os emperadores xermánicos dende Carlos IV ata Maximiliano I. No ano 1801, Aquisgrán (Aix-la-Chapelle en francés) permaneceu separada dos territorios alemáns ata que o congreso de Viena lla asignou a Prusia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Capela do Palacio de Carlomagno en Aquisgrán. Comezada no ano 796 e rematada polo arquitecto Otón de Metz no 805, inspirouse en San Vitale de Ravenna. Aínda que restaurada varias veces, conserva a estrutura orixinal: rotonda de planta octogonal cuberta cunha cúpula de pedra e rodeada por unha nave de dezaseis costados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Congreso celebrado en Aquisgrán no 1818 polos plenipotenciarios de Gran Bretaña, Prusia, Austria e Rusia. Nel decidiuse retirar de Francia as tropas de ocupación que alí permanecían dende a derrota napoleónica e, ademais, asinouse un protocolo secreto que anovaba a Cuádrupla Alianza. Ao se adherir, a Francia de Luís XVIII ingresou na Santa Alianza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado de paz asinado en Aquisgrán o 2 de maio de 1668 entre Francia e España despois da Guerra de Devolución francesa (1667-1668). Seguindo os consellos do ministro de Asuntos Exteriores francés, Hugo de Lionne, e baixo a presión da Tripla Alianza, da Haia, Francia devolvía o Franco Condado a España, que pola súa parte cedía a Francia as prazas fortes de Furnes, Bergues, Armentières, Menin, Lille, Douai, Courtrai, Audenarde, Tournai, Ath, Binche e Charleroi. O tratado foi ratificado en Madrid por Mariana de Austria, rexente na minoría de Carlos II.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado de paz asinado en Aquisgrán o 18 de outubro de 1748 entre España e Francia por unha parte e Austria, Gran Bretaña e as Provincias Unidas por outra, co que se pon fin á Guerra de Sucesión de Austria. As cláusulas principais foron a restitución mutua das conquistas coloniais efectuadas durante a guerra, a confirmación da Pragmática Sanción e o recoñecemento da soberanía prusiana sobre Silesia. En conxunto, a súa finalidade foi restablecer o statu quo anterior ao 1740.
-
REXIÓNS
Rexión administrativa de Francia que comprende os actuais departamentos de Dordogne, Gironde, Landes, Lot-et-Garonne e os Pireneos Atlánticos (41.308 km2; 2.866.600 h [1995]). A capital é Bordeos.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía
Situada entre o Macizo Central, ao N, os Pireneos, ao S, e o Océano Atlántico ao O, aséntase sobre unha litoloxía calcaria de época basicamente cretácica, a conca de Aquitania. A sinxeleza da súa rede hidrográfica, dominada polo Adour, ao S, e o Garona e os seus afluentes (Tarn, Lot e Dordogne), presenta unha grande homoxenidade que contribúe á identificación da rexión. Aquitania é unha rexión de abundantes recursos agrícolas, favorecida polo seu clima húmido (sobre todo na área litoral) e frío en inverno, e a natureza dos terreos. As Landas atlánticas posúen os bosques máis extensos de Francia. O cultivo de millo está destinado a un vasto comercio de exportación. Os viños de Bordeos ocupan o segundo lugar en importancia en Francia e as viñas... -
REXIÓNS
Rexión natural de Aquitania, Francia, situada entre o Macizo Central e a costa Atlántica, entre os Pireneos e o Loira. Está unida á conca de París pola porta de Poitou e ao Languedoc mediterráneo pola de Naurouze. Na área do N os calcarios do Lías superior e do dogger forman altiplanos que nalgúns puntos producen relevos cársticos. No SL, a área de Périgord está formada por calcarios do Xurásico e do Cretáceo que en parte se atopan cubertos por areas terciarias (areas de Perigord). O Garona atravesa a parte central da conca, formando un val moi amplo que deu lugar a cinco niveis de terrazas fluviais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro piso do Mioceno inferior mariño, situado enriba do Oligoceno (Chatiense) e debaixo do Burdigaliense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Aquitaniano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a Aquitania.
-
-
Relativo ou pertencente a Aquitania ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Aquitania.
-
Individuo dun populus prerromano do O de Occitania, situado entre os Pireneos, na marxe esquerda do Garona e o Atlántico. Dividíanse en numerosos pequenos grupos: nos vales pirenaicos estaban os sibuzates, oscidates, onesii, campani, ademais dos tarbeli que se estendían tamén por Chalosse, e os garumni, que vivían entre o Val de Arán e a parte da conca alta do Garona; nas planicies subpirenaicas atopábanse os bigerriones, vernani tarusates; en Armagnac, os ausci elusates; en Lomagne os lactoratenses; ao N de Condamés, os sotiates e en Landes os cocosates, boii vesates. No ano 56 a C Publio Craso, enviado por Xulio César para rematar a conquista das Galias, comezou o proceso romanizador da Aquitania.
-
Lingua prerromana falada, segundo os testemuños de César, entre os Pireneos e o Garona. Os poucos coñecementos que se teñen chegaron a través dos nomes persoais e relixiosos -en inscricións latinas- e da toponimia. O aquitano podería ser unha lingua intermedia entre o éuscaro e o galo.
-
-
-
Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘aquí’.
-
Termo da xerga dos telleiros ou daordes que corresponde á voz ‘aquí’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘aquí’.
-
PERSOEIRO
Poeta, ensaísta e autor dramático de lingua azarí. Autor dunha peza teatral (O niño do gabián, 1921), dun poema (Á morte de Puxquin, 1837) e dunha novela (As estrelas enganadas, 1857).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome da auga cando actúa como ligante neutro nos compostos de coordinación. Así, por exemplo, o composto [Cr(H2O)6]Cl3 denomínase tricloruro de hexa-aquocromo.