"sin" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 907.

  • Organización constituída en Betanzos a comezos de 1932. Un ano máis tarde, integraba dez sociedades dos concellos de Betanzos, Bergondo (Lubre e Guísamo), Sada (Soñeiro, Carnoedo, Meirás, Mondego e Sada) e Oza dos Ríos (Mondoi e Porzomillos) que representaban 580 afiliados. Durante a Fronte Popular dividiuse nas homólogas de Sada e de Betanzos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo confederal composto por dez sindicatos agrarios, de oficios varios, dos concellos de Carballo (Berdillo, Goianes, e Sofán), Coristanco (Erbecedo), Cabana (Nantón e Neaño), Ponteceso e Laracha (Golmar, Vilaño e Cabovilaño) afiliados á CNT. Constituído en 1934, durante a Fronte Popular agrupou a 650 afiliados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo confederal que abranguía os sindicatos de Noia, Lousame, Serra de Outes, Escarabote, A Pobra, Porto do Son e Portosín afiliados á CNT. Constituíuse durante a Fronte Popular grazas ao labor de Enrique Fernández e Claro José Sendón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federación constituída en agosto de 1931 en que figuraba media ducia de sociedades de Ferrol e unha de Mugardos, e na que destacaban o Sindicato General, dos traballadores da industria naval, polo seu volume de afiliación, e o de Camareros e de Transportes, pola súa combatividade. A finais do mesmo ano produciuse a incorporación dalgunhas sociedades escindidas da UGT e do Sindicato de Canteros, cunha traxectoria como sindicato independente dende finais do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo aglutinador das diversas sociedades de resistencia existentes en Santiago de Compostela que, durante o primeiro terzo do s XX, adoptou diversas denominacións. A primeira, Federación Local de Trabajadores, fundouse en 1902, e perdurou ata finais da primeira década do século. Reorganizouse en 1916 coa denominación de Federación de Obreros y Agrarios de Santiago, baixo a influencia de Xosé Pasín Romero. A integración da maioría das sociedades de oficio compostelá na CNT a partir de 1919, determinou que o colectivo ficase integrado na central anarcosindicalista baixo o nome de Federación Local de Sindicatos de Santiago ata 1934, data na que o ingreso no Partido Sindicalista de numerosos cadros societarios composteláns, levou ao arredamento de diversos sindicatos da organización cenetista e á creba da federación local.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federación internacional de sindicatos ligados aos partidos socialistas creada en Copenhaguen en 1901 e nomeada así a partir de 1913. Trala Primeira Guerra Mundial reduciuse a súa importancia e a súa actividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federación internacional de sindicatos xurdida da conferencia obreira mundial celebrada en Londres (1945), baixo a iniciativa de Walter Citrine, secretario xeral das trade unions británicas e presidente da Federación Sindical Internacional (FSI), e de Švernik, secretario xeral dos sindicatos soviéticos. No primeiro congreso (París, 1945) estaban representados cerca de 70 millóns de traballadores e Citrine foi nomeado presidente. En 1949 os sindicatos europeos que aceptaron o Plan Mar-shall retiráronse da FSM e crearon, xunto coa American Federation of Labor (AFL), a Confederación Internacional de Sindicatos Libres (CISL). Tivo como sedes as cidades de París, Viena e Praga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Artrite reumatoide na que aparece esplenomegalia e leucopenia con neutropenia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político, marqués de Loureda. Adquiriu o pazo de Loureda e propiedades vinculadas a el e mantivo negocios na cidade da Coruña. Foi elixido deputado en 1871 polo distrito de Carballo, polo de Carral (1872) e polo distrito da Coruña (1881-1903).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Investigador e crítico literario. Foi lector de castelán na Universidade de Hamburgo (1920-1932) e profesor na de Madrid ata o seu exilio en 1937. Ademais dos Estudios sobre Lope (1951), especializouse na novela e no costumismo do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima proteolítico formado no sangue que disolve o coágulo por desintegración da fibrina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Axente antifúnxico que se sintetizou no ano 1967. É activa sobre todo contra a Candida albicans e o Aspergillus fumigatus. En medicina emprégase no tratamento das micoses internas e, asociado coa amfotericina B, é moi útil en individuos con insuficiencia renal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción nuclear que provoca unha radiación γ cando incide nun núcleo atómico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Conxunto de reaccións que realizan diversos procariotas, cianobacterias e algunhas bacterias, e todas as plantas verdes para sintetizar compostos orgánicos, mediante a enerxía lumínica, a partir do dióxido de carbono e auga. A fotosíntese ten lugar grazas á existencia de pigmentos específicos nos cloroplastos (bacterioclorofila e clorofilas como pigmentos principais, e carotenos e ficobilinas como accesorios), capaces de absorber a enerxía e de transmitila á clorofila. As moléculas de pigmento con capacidade de transformar a enerxía lumínica en enerxía química constitúen os centros de reacción. Moitas moléculas de pigmento soamente transportan a enerxía que absorben ata o centro de reacción e constitúen unha pantalla. O conxunto centro de reacción-pantalla denomínase unidade fotosintética, no que por cada molécula do centro de reacción existen unhas 300 de pantalla. Cada unidade fotosintética vai asociada a cadeas enzimáticas que reciben a enerxía que absorbe o centro de reacción e a transforman...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á fotosíntese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que fotosintetiza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer a fotosíntese.

    2. Sintetizar, un organismo, hidratos de carbono mediante o proceso da fotosíntese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cunca marítima do N de Canadá, no Atlántico, entre o continente e a illa de Baffin. A illa principal é a de Prince Charles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e enxeñeiro francés. Pioneiro na utilización do cemento armado e inventor da técnica do cemento pre-comprimido, destinado a mellorar o comportamento estático das estruturas. Aumentaba a elasticidade ao fixar á estrutura de aceiro unha multitude de fíos ou barras metálicas que comprimían previamente o cemento. Director técnico da Enterprises Limousin (1913-1928), proxectou pontes, hangares, pistas de aeródromos e pontes ferroviarias. Entre outros destacan os destruídos hangares de Orly (1916).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, no Lazio, Italia (47.676 h [2000]). Está situada na comarca da Ciociaria, á beira do río Cosa, afluente do Sacco. É un centro agrícola importante (viña, oliveiras e cereais) e ten un mercado de animais relevante. Cidade do pobo itálico dos ernicos, foi ocupada polos romanos no 306 a C e promovida ao rango de colonia co nome de Frusino en época imperial. Pasou a ser dominio eclesiástico no s XIII. Do seu patrimonio cultural destacan os restos do anfiteatro de época romana e as igrexas de Santa Maria Assunta (s XIII), da Delibera, da Madonna della Neve, de San Magno (s IX) e de San Benedetto, do s XII e reconstruída no s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO