"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

    1. Acción e efecto de morixerar.

    2. Moderación nos costumes ou no xeito de vivir segundo os principios morais e a educación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Foi reitor da Universidad Internacional Menéndez Pelayo (1980-1983), profesor universitario e director da Revista de Política Comparada. Foi cofundador e deputado do Partido Socialista Popular (PSP), parlamentario europeo polo CDS e embaixador de España ante a UNESCO e en Portugal (1995-1999). Escribiu Política y partidos en Chile: las elecciones de 1965 (1968), España 1970: perspectiva (1970), Por una sociedad democrática y progresista (1982), Los orígenes ideológicos del franquismo: acción española (1985), La transición política (1993) e Atando cabos: memorias de un conspirador moderado (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de mortificar ou mortificarse.

    2. Privación ou padecemento voluntario que alguén se impón a si mesmo por motivos ascéticos ou relixiosos. A Igrexa Católica preséntao como o complemento voluntario aos sufrimentos redentores de Xesús Cristo.

    3. Fenómeno de diminución da vitalidade nalgunha parte do corpo, como na necrose ou na gangrena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festival de teatro infantil e xuvenil organizado desde 1984 pola Comisión Mancomunada de Cultura de Concellos da Ría de Ferrol. Organizado en dúas seccións, presentábanse dunha banda traballos de carácter profesional de Galicia e Portugal, fundamentalmente de grupos de teatro de monicreques e obxectos, e da outra os traballos escénicos dos grupos de teatro escolar da comarca, o que supuxo un forte pulo á actividade teatral de escolas e institutos. Alén de cursos, seminarios, conferencias e outras actividades de formación e divulgación, a Mostra tamén organizou un concurso de literatura dramática para a infancia e a mocidade. A principios da década de 1990 comezou a esmorecer e desapareceu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de motivar.

    2. Proceso que sostén e que dirixe a actividade do organismo e o comportamento dos individuos. As posicións filosóficas relativas á importancia dos motivos que interveñen en todo acto libre van desde a afirmación de que toda elección segue ao motivo ou aos motivos máis fortes ou mellores, ata o dunha redución dos motivos como simples elementos concomitantes ou incluso condicionantes, pero nunca determinantes da decisión concreta. Xeralmente, todo acto adoita incluír unha gran multiplicidade de motivos. Neste sentido, xurdiron diferentes teorías sobre o problema da motivación; as máis coñecidas son a teoría condutista, que analiza as motivacións inconscientes (S. Freud, E. H. Erikson) e a cognoscitiva. Pedagoxicamente distínguense dous tipos de motivación: a extrínseca, que está orixinada pola presenza dun estímulo alleo ao proceso de aprendizaxe, e a intrínseca, que está intimamente relacionada co obxecto de estudo daquilo que desvela o interese do alumno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de motorizar ou motorizarse.

    2. Conxunto das características do motor dun vehículo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Chantada baixo a advocación de san Cristovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Chantada. De estilo románico, é un templo de dimensións reducidas. Construída entre finais do s XII e principios do s XIII, a sancristía e o retablo maior foron engadidos no s XVII. Ten planta rectangular e unha soa nave. Á ábsida accédese desde a nave a través dun arco triunfal de medio punto con arquivoltas decoradas. No interior destaca o retablo neoclásico do altar maior, cunha imaxe do s XVI. A fachada presenta unha porta con arquivoltas e columnas decoradas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política chilena creada en 1963 co propósito de impoñer o socialismo mediante a loita armada. Recoñecida por Salvador Allende, opúxose, non obstante, á súa política legalista. Perseguida pola ditadura militar (1973-1989), legalizouse co restablecemento da democracia (1989) e renunciou á loita armada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de forzas políticas que participaron no levantamento do 18 de xullo de 1936, integradas posteriormente como un partido único do Estado español na Falange Española e artellado dentro dunha ideoloxía unitaria, tipificable na Ley de Principios Fundamentales del Movimiento Nacional do 17 de maio de 1958. Dentro da súa organización estaba a Jefatura Nacional, que correspondía ao xefe do estado ou ao presidente do goberno, o Consejo Nacional del Movimiento, a Secretaría General (con rango de ministerio desde 1939) e os consellos nacionais e os locais. De feito, o Movimiento constituíu a ideoloxía do estado totalitario e o ámbito político dentro do que se prevía a evolución do réxime, pero despois da morte de Franco resultou ser o elemento máis inmobilista. Foi abolido o 1 de abril de 1977, no contexto da reforma política de España levada a cabo polo goberno de Adolfo Suárez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político boliviano fundado en 1941 por Víctor Paz Estenssoro. De ideoloxía de centro dereita, en 1971 uniuse, entre outros, á Falange Socialista Boliviana no Frente Popular Nacionalista (FPN). Deu lugar ao nacemento de numerosos partidos como resultado das escisións e pugnas dos seus líderes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización nacionalista canaria que xurdiu en 1963 co propósito de loitar para acadar unha República Guanche Africana, independente e socialista. Entre 1975 e 1977 desenvolveu a súa máxima actividade armada, propagandística e diplomática tentando demostrar, no seo da Organización da Unidade Africana, a africanidade de Canarias e forzar a descolonización. Desde 1978, a mellora das relacións entre Madrid e Alxer e as disensións internas desmantelaron o movemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo revolucionario de ideoloxía marxista-leninista fundado en Perú o 1 de marzo de 1982. Naceu como resultado da unión do Partido Socialista Revolucionario Marxista Leninista (PSR ML) e do Movimiento de Izquierda Revolucionaria El Militante (MIR EM), -aos que se uniu, en 1986, o Movimiento de Izquierda Revolucionaria Voz Rebelde (MIR VR)- e tomou o seu nome en memoria do rebelde peruano José Gabriel Condorcanqui Noguera (Túpac Amaru). Contrario aos elementos imperialistas, denunciou a política económica gobernamental e motivou ao pobo á loita para rematar coa súa opresión. Organizouse en tres eixes: político, militar e a fronte de masas, e a súa acción levouse a cabo nas fases de acumulación de forzas, de propaganda armada e na propiamente guerrilleira. Para iso creou o Ejército Popular Tupacamarista, -que se complementou coas Fuerzas Especiales- baixo o modelo convencional da guerrilla latinoamericana e cuxos ataques consistiron en bombardeos, asasinatos, roubos a bancos e secuestros....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político romano. Foi cónsul en 133 a C, partidario da lei agraria e opúxose a empregar a violencia contra Tiberio Graco. O Dixesto recolle parte das súas obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización non gobernamental, de ámbito estatal, sen ánimo de lucro e declarada de utilidade pública, que se constituíu en 1987 para a defensa da igualdade de dereitos e oportunidades para as mulleres. Ten unha forte implantación en todas as comunidades autónomas e polo seu número de socias considérase unha das asociacións máis importantes no seu campo de acción. A súas actividades baséanse na loita contra a violencia de xénero, contra a linguaxe sexista e a súa integración no mundo laboral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización creada en Santiago de Compostela en 1986 ao abeiro do BNG. Defínese como feminista, nacionalista, anticapitalista e autónoma. Funciona mediante asembleas de zona e conta cunha coordinadora nacional. Realizaron campañas de mobilización e educación popular contra a violencia de xénero ou contra a discriminación. Os seus obxectivos son a autodeterminación das mulleres e a formación teórica. Desde 1992 publica o seu voceiro Deliberadamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode mover ou dirixir en moitas direccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a moitas nacións ou a moitos estados.

    2. Que realiza a súa actividade e posúe capital en varios países.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de multiplexar. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO