"qu" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4475.

  • GALICIA

    Artista plástico e escritor. De nome Xaime Quesada Porto, comezou a pintar de neno e iniciou a súa formación na Escola de Artes e Oficios de Ourense. Estudou na Escuela Superior de Bellas Artes de San Fernando en Madrid (1956-1960), cidade onde entrou en contacto co grupo Acento. Obtivo unha bolsa para acudir á escola de paisaxe de El Paular (Segovia) e recibiu a medalla de ouro en paisaxe polas obras Beso e Tierras (1959). Partidario do internacionalismo da arte, empregada como medio de expresión cultural e compromiso social, iniciou, desde a década de 1960, a súa particular busca de novas formas de expresión, en Europa e Norteamérica, que derivaron na mestizaxe estética característica das súas obras. Cubismo, expresionismo, surrealismo, naturalismo, simbolismo, suprematismo, futurismo, orfismo, hiperrealismo ou academicismo foron algúns dos infinitos estilos que aplicou nas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Farmacéutico e político. Doutor en Farmacia en 1860, foi catedrático de Materia Farmacéutica Vexetal na Universidade de Santiago de Compostela (1863), da que tamén foi decano (1865-1866, 1880-1888). En 1888 trasladouse á Universitat de Barcelona. Como político, situouse en posicións de esquerda republicana, que o enfrontaron co clero e cos sectores máis conservadores. En Santiago de Compostela foi presidente do Comité Republicano (1869) e presidente, durante a Primeira República Española, da Junta de Gobierno Democrática Republicana. Competiu electoralmente con U. Montero Ríos (1872). Fundou en Barcelona o xornal La alianza farmacéutico-médica e publicou Conferencias populares dedicadas a los obreros y aldeanos de Galicia (1869) e Fitología médica (1871).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apéndice filiforme ríxido e quitinoso, de orixe dérmica, característico dos poliquetos, dos oligoquetos e doutros invertebrados. Agrúpase en feixes que sobresaen da pel, dispostos a ambos lados de cada segmento, e que contribúen á locomoción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estatístico, matemático e astrónomo. Profesor en Gante e Bruxelas, dirixiu a construción do observatorio de Bruxelas, do que foi o seu primeiro director. Aplicou a teoría das probabilidades nas ciencias sociais e na antropometría, de onde xurdiu o concepto do home medio, central na súa teoría, para referirse ao conxunto das características máis comúns. Foi o primeiro en aplicar a estatística aos fenómenos sociais, base da socioloxía e do neopositivismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos quetognatos.

    2. Metazoo do filo dos quetognatos.

    3. Filo de metazoos triploblásticos con especies de corpo alongado, transparentes, fusiformes e divididos en tres rexións: cabeza, tronco e cola. Na cabeza, esférica, está a boca, e teñen o tronco alongado e envolto por dúas aletas laterais, coa cola apuntada e rematada nunha aleta horizontal. Son mariños, peláxicos e planctónicos. O xénero máis coñecido é Sagitta, que ten diversas especies.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos quetópodos.

    2. Animal do grupo dos quetópodos.

    3. Grupo de anélidos ao que pertencen os poliquetos e os oligoquetos, e que se caracterizan por presentar quetas ou sedas, dispostas sobre os parapodios, no caso dos poliquetos, ou directamente sobre cada segmento, no caso dos oligoquetos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Lobios, no concello homónimo. O seu cumio acada os 1.007 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Baluchistán, Paquistán (560.307 h [1998]). Situada no extremo setentrional do val de Shal, nun lugar estratéxico que domina os pasos de Bolān e Khojak, próximo á fronteira con Afganistán. Ten refinaría do xofre, central termoeléctrica e industria téxtil de algodón, de materiais de construción e de conservas de froitas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave, da orde dos trogniformes, co macho de cor verde dourada co ventre vermello, de 35 cm do pico á cola e con dúas ás supracaudais de 60 cm. A femia é escura e con ás supracaudais de dimensións regulares. Habita en bosques densos e húmidos de América Central, desde o S de México ata Panamá, e é moi escaso.

    2. Unidade monetaria principal de Guatemala (Q). Divídese en 100 céntimos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade de diversos pobos precolombinos de Mesoamérica como os toltecas, os maias e os aztecas. Normalmente represéntase como unha serpe con plumas, que é o seu significado en náhuatl, acompañado de caracois mariños. En Teotihuacán (100 a C-650 d C) dedicóuselle un templo co nome de Tlaloc (deus da chuvia). Coñecido en Yucatán co nome maia de Kukulkan, representábase con pel branca e barba; segundo a lenda, volvería ao final dun dos períodos de 52 anos, considerados sagrados. Para os aztecas era semellante ao deus creador do mundo, e a miúdo era venerado como o deus do vento, co nome de Ehécatl, o deus da mañá e da tarde, simbolizado polo planeta Venus, ou como o deus da sabedoría, representado coma un home branco con longa barba. A chegada de Hernán Cortés e os seus homes -brancos e con barba- ao final dun período náhuatl (1519) a Tenochtitlán, foi considerado polos pobos sometidos aos aztecas como o retorno do deus, crenza que aproveitaron os conquistadores para vencer os aztecas coa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Foi membro do Parti Radical, e ocupou diversos ministerios entre 1924 e 1940. Foi vicepresidente do Consello de Ministros (1949-1950 e 1952-1954) e primeiro ministro (1948-1949, 1950 e 1951). Creou o novo Parti Radical-socialiste (1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (Villanueva del Fresno, Badajoz 12.1.1736 - Ourense 28.3.1818) Relixioso. Bispo de Ourense (1776-1818), Napoleón I Bonaparte convocouno á Asemblea de Baiona (1808) pero negouse a acudir e, iniciada a Guerra da Independencia (1808-1814), formou parte do primeiro Consello de Rexencia española (1810). Polas súas crenzas e actitudes desamigouse dalgúns membros do mesmo e foi desterrado polas Cortes de Cádiz (1812) e privado dos seus cargos e dignidades ata 1814. En 1816 o Papa Pío VII nomeouno cardeal. Rexeitou os cargos de arcebispo de Sevilla e inquisidor xeral. Recibiu a Gran Cruz de Carlos III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Considerado como unha das máximas figuras do Barroco e un dos máis grandes poetas de todos os tempos, apaixoouse pola política; ao longo da súa vida foi protexido, desterrado e encarcerado pola Corte. Cultivou todos os xéneros, desde o satírico e político ata os morais, os burlescos e a sátira literaria e persoal, especialmente contra Góngora. Quevedo amósase tamén como o máis profundo poeta metafísico do Barroco e na poesía de carácter amoroso foi un dos máis apaixoados e orixinais de todo o s XVII. As súas obras poéticas editáronse tras a súa morte en dous volumes, El Parnaso español (1648) e Las tres Musas últimas castellanas (1670). A súa obra en prosa é moi extensa e variada, e dela destacan diversos tratados políticos, como Política de Dios, gobierno de Cristo y tiranía de Satanás (1635) e La vida de Marco Bruto (1644); obras ascéticas, como Providencia de Dios (1641), e filosóficas e morais, como o tratado estoico La cuna...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anteollos que se suxeitan ao nariz sen apoiarse nas orellas, mediante un resorte que o pinza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Guatemala (1.951 km2; 624.716 h [2002]). A súa capital é Quezaltenango (127.569 h [2002]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da illa de Luzón, Filipinas, situada ao NL de Manila (2.173.831 h [2000]). É unha cidade principalmente residencial e de carácter administrativo. Foi capital de Filipinas (1949-1976).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político filipino. Loitou contra a colonización española e a penetración estadounidense (1898-1903). Gobernador de Tayabas e deputado, fundou o Partido Nacionalista e esixiu a autonomía filipina. Presidente de Filipinas (1935-1942), mellorou a xustiza, a administración e o exército. Despois da invasión xaponesa, trasladouse co goberno a Australia e despois a EE UU, onde presidiu un goberno no exilio ata a súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cruzamento de dúas cromatidas homólogas durante a sinapse que ten lugar na profase, na primeira división da meiose. Produce unha disxunción dos xenes que quedan a un e outro lado do punto de cruzamento.

    2. Estrutura hipotalámica, de substancia branca, que resulta do cruzamento do nervio óptico dereito, cara ao recanto esquerdo do cerebro, e viceversa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao quiasma.

    2. Afección que provoca a diminución da visión, debida á comprensión do quiasma óptico por un proceso tumoral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura retórica que relaciona dous membros conceptualmente paralelos, de maneira que os termos do segundo estean dispostos en orde inversa dos do primeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO