"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Contracción ou acción antiperistáltica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. En sentido inverso ao da contracción peristáltica, como o dos movementos que fan posible o vómito.

    2. Que se opón ao movemento peristáltico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que actúa contra a febre.

    2. Medicamento ou práctica terapéutica que rebaixa a febre. Pode actuar provocando unha vasodilatación periférica xeral (alcohol), moderación do metabolismo xeral (quinina, salicilato sódico), narcose do sistema nervioso central (anestesias con éter), ou unha acción específica sobre o centro da termorregulación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composto obtido por condensación da metilfenilhidracina con acetoacetato de etilo. Utilízase como antipirético e analxésico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Curva que ten por podaria unha curva dada.

    2. Persoa que ocupa na Terra un punto diametralmente oposto verbo doutra. OBS: Xeralmente utilízase en plural.

      1. Cada un dos puntos da superficie terrestre situados nos extremos do mesmo diámetro do xeoide.

      2. Parte da Terra situada no outro extremo do mesmo diámetro.

    3. Persoa ou cousa diametralmente contraria a outra, polo seu carácter, natureza, etc.

    4. Dise de cada unha das tres células que, no saco embrionario das anxiospermas, están situadas no extremo oposto ao que ocupa a ovocélula.

    5. Cada unha das parellas de esteroisómeros ópticos que fan xirar o plano da luz polarizada plana en direccións contrarias dun mesmo ángulo determinado. O dextroxiro faino xirar cara á dereita (+) e o levoxiro cara á esquerda (-).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa que ocupa na Terra un punto diametralmente oposto verbo doutra. OBS: Xeralmente utilízase en plural.

      1. Cada un dos puntos da superficie terrestre situados nos extremos do mesmo diámetro do xeoide.

      2. Parte da Terra situada no outro extremo do mesmo diámetro.

    2. Persoa ou cousa diametralmente contraria a outra, polo seu carácter, natureza, etc.

    3. Dise de cada unha das tres células que, no saco embrionario das anxiospermas, están situadas no extremo oposto ao que ocupa a ovocélula.

    4. Cada unha das parellas de esteroisómeros ópticos que fan xirar o plano da luz polarizada plana en direccións contrarias dun mesmo ángulo determinado. O dextroxiro faino xirar cara á dereita (+) e o levoxiro cara á esquerda (-).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Curva que ten por podaria unha curva dada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exercicio no que un acróbata, apoiado sobre un soporte chamado trinka, move cos pés toda clase de obxectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quen ou que practica o antipodismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Creación literaria que se produce á marxe dos recursos tradicionais, en reacción contra a linguaxe poética herdada. É habitual o tratamento desmitificador da tradición por medio da ironía, a parodia, a burla ou o prosaísmo para acadar unha nova interpretación da realidade. Nun sentido amplo, o termo pode aplicarse a todas as correntes poéticas que supoñen un rexeitamento ou ruptura cunha estética e unha linguaxe poética consagradas. Celso Emilio Ferreiro é autor do libro Antipoemas (1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Contrario aos preceptos da poesía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que serve para tratar ou previr a poliomielite.

    2. acina que contén os tres tipos de polivirus que provocan a enfermidade e que desenvolve a inmunidade contra cada un deles. A vacinación acostuma realizarse aos 2, 4 e 18 meses de idade, unha dose de recordo ao ano seguinte e outra cada cinco anos. Un tipo de vacina alternativa é a OPV (vacina oral de polivirus), que contén cepas de virus vivos, aínda que inofensivos, e se administra por vía oral. Esta última, moi utilizada, pode excepcionalmente (nun de cada cinco millóns) provocar a poliomielite no vacinado ou nas persoas que o rodean. Cabe salientar, aínda así, que non hai ningún medicamento eficaz contra a poliomielite unha vez adquirida a enfermidade. Os pacientes que quedan paralíticos mentres o virus permanece activo requiren de repouso na cama e tratamento fisioterapéutico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen é contrario ao espírito político.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Contrario ao pobo, aos seus intereses ou ás organizacións representativas dos intereses do pobo.

    2. Aplicado a unha iniciativa gobernamental, indica que esta non goza do favor do público ou que existe na sociedade unha opinión maioritaria en contra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nun sistema óptico, refírese a cada un dos planos conxugados, normais ao eixe do sistema e cun aumento lateral igual a -1. Un feixe de raios que saia dun punto P do plano antiprincipal obxecto e penetre no sistema emerxerá, concorrendo real ou virtualmente nun punto P’, do plano antiprincipal imaxe; esta imaxe, P’, atoparase na outra banda e á mesma distancia do eixe que o punto P.

    2. Aplícase a cada un dos dous puntos de intersección dos planos antiprincipais co eixe do sistema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibe a antipartícula do protón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que combate as infeccións producidas por protozoos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que protexe ou evita a acción dos proxectís.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que prevén ou combate o proído.

    2. Nome xenérico dos fármacos antiprurixinosos; os máis comúns son os antihistamínicos, antiserotonínicos e algúns cortisónicos, anestésicos e astrinxentes cutáneos locais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento psiquiátrico nado en Inglaterra durante a década do 1960 como denuncia das bases da psiquiatría clásica. Considera a enfermidade mental como un fenómeno socioxenético e, polo tanto, estende a súa denuncia á organización da sociedade e dos sistemas ideopolíticos, rexeitando a existencia de enfermidades mentais. De acordo con isto, basea o seu tratamento nun cambio das estruturas sociais, onde deberán desaparecer os vínculos de autoridade, de poder, de opresión e de marxinación social. Foron representantes destacados deste movemento: en Inglaterra, R. D. Laing, D. G. Cooper e A. Esterson; en Francia, R. Gentís; e, en Italia, F. Basaglia.

    VER O DETALLE DO TERMO