"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Compañía teatral constituída en Ourense en 1967, a partir do Teatro Juvenil de Ourense (1962), baixo a dirección de Segundo Alvarado. Representaron Antígona (1967), Edipo abandonado (1969) e Don Hamlet (1970), entremeses cervantinos e pezas curtas. En 1970 unha parte dos actores constituíron Histrión-70.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Las Palmas, Canarias, na illa de Gran Canaria, no sector L da caldeira de Tirajana (7.964 h [2001]). A economía baséase na gandaría e na agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xerador electrostático de alta tensión (ata uns 8 MV) que consiste nunha correa sen fin, que transporta as cargas eléctricas, e unha esfera condutora onde se van acumulando ditas cargas. Emprégase sobre todo como acelerador de partículas. Foi inventado polo físico estadounidense, Robert Jemison Van de Graaff (Tuscaloosa, Alabama 1901-Boston 1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa de deseño e comunicación fundada en Vigo en 1975 polo publicista e deseñador Carlos Núñez. Consolidada como núcleo de deseñadores creativos, destacou pola planimetría e a perspectiva aérea elaborada para as cidades galegas e polo deseño da tipografía galega medieval Gallaecia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado independente formado polos territorios polacos subtraídos á administración prusiana no Tratado de Tilsit (1807). Napoleón confioulle o seu goberno a Federico Augusto I de Saxonia e o mando do exército ao príncipe J. Poniatowski. Promulgouse unha constitución inspirada na francesa e suprimiuse a servidume do campesiñado, aínda que non se lles recoñeceron dereitos sobre as terras que traballaban. O Congreso de Viena (1814-1815) dividiu o territorio entre Prusia e Rusia, agás Cracovia, erixida república independente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor colombiano. Influído por Murillo, pintou naturezas mortas, retratos e sobre todo escenas relixiosas de gran formato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de exploración cardiolóxica que permite coñecer a corrente de acción do corazón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexistro fotográfico, nos planos frontal, ho­rizontal e saxital, das proxeccións da asa do vector espacial da corrente do corazón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na Coruña entre o 3 de marzo e o 28 de abril de 1860. Fundada e dirixida polos irmáns Francisco María e Antonio de la Iglesia e sen periodicidade fixa, está considerada como a primeira publicación escrita integramente en galego. A través de diversas crónicas asinadas por Francisco, tratou a Guerra de África dun xeito benévolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • diagrama de Euler-Venn.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina que significa ‘por exemplo’. OBS: Adoita empregarse abreviada en v. g.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Último congreso das potencias da Santa Alianza, celebrado en Verona entre outubro e decembro de 1822. Nel tratouse a retirada das tropas austríacas do Piemonte e a súa redución a Nápoles, a retirada das tropas turcas de Moldavia e Valaquia, e decidiuse a intervención francesa (Cen Mil Fillos de San Luís) en España co obxecto de restaurar a Fernando VII no poder.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • asta extensión desértica do centro-sur de Australia, situada entre a serra de Musgrave, ao N, e a chaira de Nullarbor, ao S (325.000 km2).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sistema de telecomunicación en que a información se transmite xeralmente en forma de datos numéricos e se recibe en forma de texto gráfico sobre unha pantalla ou monitor.

    2. videotexto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Luandino Vieira, foi un importante activista do movemento de liberación de Angola, polo que sufriu cadea. Na súa obra destacan os temas relacionados cos mestizos e cos pobres de Angola e cos suburbios de Luanda, que reflicte na obra Luuanda (1965). Emprega unha linguaxe coloquial e dialectal, pero sen esquecer as técnicas narrativas. Destacan as súas novelas A cidade e a infância (1960), Velhas histórias (1974), Nós, os de makalusu (1975) e Joâo Vêncio: os seus amores (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reunións celebradas en Viena entre o 30 de outubro de 1814 e o 9 de xuño de 1815. Pretendían reconstruír o mapa de Europa despois da fin do imperio napoleónico. Prevista no primeiro Tratado de París, quería conseguirse a restauración da orde social e do sistema político e unha paz duradeira en igualdade de condicións entre as diferentes potencias. Foi dominado polas catro grandes potencias da época, Austria, Rusia, Reino Unido e Prusia, aínda que Francia tamén tivo un papel importante grazas ao príncipe de Talleyrand. Os monarcas das grandes potencias asistiron ao congreso o que creou dous centros de decisión: o consello de ministros e a reunión dos soberanos, na que o Tsar Alexandre I ideou a Santa Alianza. O Imperio dos Cen Días non interrompeu as reunións. Austria, que abandonou os Países Baixos, obtivo Galitzia, o Tirol, a rexión de Salzburgo, o Reino de Lombardia-Véneto e o litoral dálmata. Prusia obtivo o terzo setentrional de Saxonia, a Pomerania sueca, a maior parte do antigo Reino...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar e capital do concello de Cerdido situado na parroquia homónima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Guntín baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Ribela (Coles). Ten planta en forma de U, con dúas plantas, con torre no extremo dun dos corpos laterais e patio pechado. Ten dous patios de servizo onde se atopan a casa dos caseiros e diversas construcións adxectivas. Ten unha capela pegada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Conquistador. En 1537 marchou para América e participou na conquista de Chile. En 1547 Pedro de Valdivia nomeouno lugartenente e realizou expedicións ao sur. Depois da morte de Valdivia foi nomeado gobernador e capitán xeneral de Chile.

    VER O DETALLE DO TERMO