"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Introduciu no seu país a arquitectura racionalista en detrimento da tendencia neotolteca. Recibiu o Premio Nacional de Artes (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado ao NL da capital provincial (2.662 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Coñecida como Marisa Villardefrancos, colaborou en distintos xornais madrileños (El Magisterio Español e Escuela Española), publicou libros de lectura escolar ( Lluvia de estrellas, 1948), comedias, contos e poesías infantís (Diario de una muñeca, 1944, ou Te veré un día, 1950), pezas teatrais infantís, e guións para Radio Madrid ou para cine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado no val do Tajo e regado polo canal do Jarama (1.565 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Líquido que se obtén por fermentación acética do viño e dos seus subprodutos (bagazo), aínda que tamén pode proceder doutros produtos (como a sidra ou a malta). É de cor amarela ámbar ou rosada, segundo o viño, de olor penetrante e sabor acedo e picante. Os seus compoñentes fundamentais son: ácido acético, extracto seco, etanol, minerais, glicerol e acetina. Emprégase para amañar e adubar pratos e como conservante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recipiente de diversos materiais para o vinagre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mollo feito con cebola, vinagre, aceite e sal. Emprégase fría, en pratos de peixe, marisco e carne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático ruso. Contribuíu á teoría de números e deu unha solución ao problema sobre a descomposición dun número nunha suma de números primos. En 1941 recibiu o Premio Stalin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista ruso. É autor de traballos sobre gramática rusa, como Grammaticeskoje ucenie o slove (Doutrina gramatical da palabra, 1947); lexicoloxía e fraseoloxía, como Oslingvisticeskoj disciplini (Conceptos fundamentais de fraseoloxía rusa como disciplina lingüística, 1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante de banda deseñada. Coñecido como Jano, foi editor de Lixo e autor dos cómics Nieve Negra (1999-2000) e Calamar, e cofundador do colectivo Polaqia (2001-2002). Colaborou na obra Tapa Roja (2004). Recibiu o Premio do INJUVE de ilustracion e banda deseñada (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Aragón. En 1234, a proposta do papa, foi arranxado o seu matrimonio con Xaime I de Aragón, con quen casou en 1235.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Santiago de Compostela baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Vilagarcía de Arousa. Foi edificada por Rodrigo de Mendoza no s XVI e, en orixe, tiña unha torre ameada a cada lado pero só se conserva unha. No s XVII unha parte do edificio trasladouse ao convento contiguo e está unido coa igrexa por un pasadizo. No s XVIII o pazo reformouse. Foi declarado BIC (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ocabulario que pretende ser unha base sólida para o establecemento de parte do léxico estándar galego. Por este motivo non se recolle moito léxico dialectal nin moito léxico das linguas de especialidade. É unha obra que serve de orientación para o uso correcto da lingua galega e un instrumento útil para a súa normalización. Coa finalidade de crear un vocabulario que servise de referencia para a ortografía estándar, en 1987 Antón Santamarina e Manuel González comezaron a traballar, xunto cun grupo de colaboradores, na súa elaboración. Tras varios anos de traballo ininterrompido, en 1989 tirouse unha versión provisional non venal, co obxectivo de mellorar e rectificar o que fose mester; despois de catorce anos de exposición pública, de estudo e revisión das propostas recollidas no VOLGa, publicouse en 2004.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da oblast’ homónima, Rusia (1.005.000 h [1997]). Cidade portuaria no Volga inferior, alí comeza o canal Volga-Don. Ten fábricas de tractores, industria metalúrxica e de aluminio, estaleiros, refinarías de petróleo e maquinaria para a industria petroleira. Fundouse co nome de Caricyn ou Tsaritsyn en 1589 para defender o territorio ocupado pola Horda de Ouro, contra as invasións.   A finais do s XIX converteuse nun centro industrial. Entre 1925 e 1961 chamouse Stalingrado e foi escenario da Batalla de Stalingrado (1942-1943).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast’ de Rusia (113.900 km2; 2.692.200 h [estim 1999]. A súa capital é Volgograd.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de ballet. Coñecido como coronel Wassili de Basil, en 1932 formou a compañía dos Ballets Rusos de Montecarlo, xunto con René Blum. En 1936 abandonou Montecarlo e a súa compañía tomou o nome de Ballets Russes du Colonel de Basil (1936-1939) e o de Original Ballet Russe (1940-1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario publicado en Chantada a partir de 1928. Cesou o 13 de setembro de 1931 (nº 131). Subtitulado “Semanario independente”, o seu fundador e propietario foi Xesús F. Taboada e estivo dirixido por Benito Rivadulla. Defensor dun agrarismo técnico e conservador, tivo varias reaparicións e cambios de orientación. Interrompido pola Ditadura de Primo de Rivera, reapareceu en abril de 1929 como El Agro, e pasou a editarse en Palas de Rei. En 1930 volveu a Chantada cunha orientación republicana e autonomista, e foi voceiro da ORGA. Incluíu colaboracións literarias relacionadas co nacionalismo galego e o agrarismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gran duque de Lituania (1392-1430). Loitou contra os moscovitas e contra os tártaros. Xunto cos polacos, derrotou os cabaleiros teutónicos na Batalla de Grünwald-Tannenberg (1410) e ocupou Samoxitia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Batalla producida o 5 e 6 de xullo de 1809 na chaira de Marchfeld, preto de Wagram (Baixa Austria), entre as tropas de Napoleón e o exército austríaco dirixido polo arquiduque Carlos. Napoleón derrotou os austríacos e o arquiduque Carlos solicitou o armisticio.

    VER O DETALLE DO TERMO