vinagre
vinagre
(
s
m
[ALIM]
Líquido que se obtén por fermentación acética do viño e dos seus subprodutos (bagazo), aínda que tamén pode proceder doutros produtos (como a sidra ou a malta). É de cor amarela ámbar ou rosada, segundo o viño, de olor penetrante e sabor acedo e picante. Os seus compoñentes fundamentais son: ácido acético, extracto seco, etanol, minerais, glicerol e acetina. Emprégase para amañar e adubar pratos e como conservante.
Refráns
- O vinagre e o limón, medio cirorxiáns son.
- Vinagre e mel saben mal e fan ben.