Viña, pazo da
Viña, pazo da
Construción situada en Manduas (Silleda). Ten planta en forma de L cunha das ás prolongada na capela e outra nun alpendre que pecha un patio. A fachada principal organízase con dúas ventás rectangulares e unha porta central arquitrabada á que se accede por unha escaleira frontal.