"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • Obra de Vicente Risco, publicada en 1920, baseada dun ensaio co mesmo título publicado en A Nosa Terra en 1918. Desde a postura do nacionalismo bioloxicista, afirmou que Galicia é unha nación de seu, en que os alicerces da nación galega estaban na terra, na raza, na lingua, na organización social e no sentimento, feitos diferenciais que conseguiu pór en conexión con valores universais. Asumía así as ideas de Murguía, fundamentadas na raza, ás que engadía o factor da terra. Galicia debía conseguir definir uns dereitos e uns deberes que lle permitiran desenvolverse como nación de herdanza atlántica, entendido como superación do europeísmo mediterráneo. A loita para evitar a desaparición da nación galega correspondíalle á elite cultural galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á teoría.

    2. Que ten en conta unicamente a teoría.

    3. Persoa versada en teoría, tanto científica como artística.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de teorizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que teoriza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elaborar unha teoría.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de doutrinas filosóficas e relixiosas do Renacemento (filosofía natural de Paracelso e mística de Böhme) e do Romanticismo (F. X. von Baader e o último Schelling) que afirman que o coñecemento de Deus e das forzas espirituais, ocultas ao mundo, é independente da revelación, o que comporta un panteísmo místico naturalista ou místico racionalista que non parece compatible coa fe.

    2. Movemento relixioso estóterico fundado en Nova York por Jelena P. Blavatskij. Trasladouse a India en 1879 e constituíuse como entidade social (Sociedade Teosófica) en Madras en 1905. Tivo unha grande actividade social e política baixo o impulso de Anne Besant, que o converten nun dos centros da defensa dos indios e un foco da súa independencia. Afirma que todas as relixións conservan residuos parciais dunha única verdade coñecida só por uns poucos iniciados. Fundamentalmente sincrética, predominan os elementos hinduístas inseridos de elementos do evolucionismo, o humanitarismo ou o monismo filosófico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á teosofía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Se-guidor da teosofía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade do estado de México, situada 48 km ao NL da capital do estado. Importante centro relixioso (250 a C-650), foi a metrópole da cultura prehispánica en México. Ao longo da avenida dos Mortos consérvanse, entre outros monumentos, as pirámides do Sol e da Lúa, o templo de Quetzalcóatl e o palacio de Quetzalpalaóatl. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Torneo de fútbol que se disputa na Coruña desde 1946, e no que se lembra a figura de Tareixa Herrera Pedrosa. Creado na posguerra para paliar as penurias económicas das persoas con menos recursos, o gañador recibe como trofeo unha réplica en prata da torre de Hércules.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos termosbenáceos.

    2. Crustáceo da orde dos termosbenáceos.

    3. Orde de crustáceos malacrostáceos coa cuncha reducida e o corpo subcilíndrico sen diferenciación do tórax e do abdome, sen ollos e coas anténulas bífidas e as antenas desprovistas de exopodito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada un dos tres compostos hidroxílicos isoméricos, de estrutura ciclohexánica e natureza monoterpénica con fórmula C10H18O. Desígnanse cos prefixos α, β e γ. O α-terpineol emprégase como aromatizante na industria alimentaria e en perfumaría para producir olor de lilas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está composto por terra e auga, referido á Terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está feito de terra.

    2. Extensión de terra en canto á súa natureza, orixe ou idade.

    3. Conxunto de rochas, brandas ou duras, que ten unha composición, xénese ou facies comúns.

      1. Espazo de terra destinado a unha cousa.

      2. Espazo de terra destinado a un uso particular. Distínguese entre terreo aberto e pechado, segundo estea ou non rodeado por calquera elemento que permita entrar nel; terreo fitado, cando dunha maneira patente mostra a prohibición de entrar nel sen permiso do dono; terreo franco, cando é concedido libremente polo estado para a explotación dunha industria mineira; e terreo do estado, cando pertence á administración pública.

    4. Campo onde se exerce ou ao que se refire unha actividade, arte ou ciencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que é de terra.

    2. Que ten un aspecto semellante á terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terreos delimitados e xestionados que substituíron aos antigos coutos de caza, a partir da Lei 4/1997 de 25 de xuño, de Caza de Galicia, aprobada en 2002, co fin de garantir a viabilidade das poboacións cinexéticas e a conservación do medio en que se encontran mediante unha planificación e xestión da caza, unha mellora forestal, o control das queimas ou a instalación de refuxios para a fauna e zonas de alimentación, ademais de controlar os aspectos sanitarios das repoboacións de especies cinexéticas. O termo societario, que acompaña o acrónimo na maior parte dos casos, refírese a que a propiedade do terreo é dunha sociedade de cazadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroe mítico grego, fillo de Exeo e de Etra. En Atenas enfrontouse ao touro enviado por Posidón para devastar os campos. Despois de vencelo, encamiñouse a Creta e matou o minotauro, que fora recluído nun labirinto por Minos e do que Teseo conseguiu saír seguindo un fío que lle dera Ariadna. Por orde de Dióniso abandonou a Ariadna na illa de Naxos e marchou a Atenas, pero esqueceu cambiar as velas negras por outras brancas -sinal acordada para indicar ao seu pai o éxito da empresa- o que provocou o suicidio de Exeo. Rei de Atenas, organizou as doce cidades de Ática. Acompañou a Heracles na guerra contra as amazonas e casou coa súa raíña Hipólita, da que tivo un fillo, Hipólito. Participou na loita contra os centauros, no rapto de Helena e no descenso ao reino de Hades para liberar a Perséfone. De volta a Atenas, foi perseguido por Menesteo, pretendente ao trono, e fuxiu a Esciros, onde o Rei Licomedes o lanzou desde un precipicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Templo situado en Atenas. Aínda que a maioría de estatuas coa que estaba decorado representaban as xestas de Teseo, en realidade é un templo dedicado a Hefesto. Construído cara ao 444 a C, é un edificio períptero e de forma rectangular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos animais, especialmente aos moluscos, que teñen cuncha.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos testudíneos.

    2. Quelonio da familia dos testudíneos.

    3. Familia de quelonios que se caracteriza por ter unha crista na caluga, a parte dorsal da cuncha formada por nove ósos, as vértebras anteriores baleiras e o pescozo completamente retráctil. Inclúe especies repartidas por todo o mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO