"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • PERSOEIRO

    Poeta e periodista. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >Dirixiu The Gazette de Haverhill (1829) e The New England Weekly Review de Hartford (1830). Publicou Voices of Freedom (1846) e varios poemarios recollidos en Complete Works (1888-1889).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Theodor Adorno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequeno arbusto propio de América do Norte. A súa esencia emprégase en forma de fregas como antirreumático analxésico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor inglés. Creou personaxes como Bertie Wooster, prototipo de gentleman, e o seu mordomo Jeeves. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >Publicou The Inimitable Jeeves (1923), Carry on, Jeeves! (1925) ou The World of Psmith (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela de Alfredo Conde publicada en Vigo en 1984. Articulada por medio dunha estrutura bimembre, característica do autor, combina pasado e presente, e fantasía e realidade en capítulos alternos. Foi galardoada co Premio Blanco Amor de novela (1984), o Premio Nacional de Literatura (1986), o Premio de la Crítica española e o Premio Grinzane Cavour.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Mesía. Ten planta en forma de L cunha torre cadrada na parte principal. O escudo de armas alude, entre outros, aos Aguiar e Montenegro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor grego. Foi un dos fundadores do teatro moderno grego e escribiu novelas sociais, como Plúsii ke ftokhí (Ricos e pobres, 1919) ou Tímii ke àtimi (Honestos e deshonestos, 1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ciencia que trata de analizar e explicar a localización e a distribución no espazo dos diferentes elementos da superficie terrestre e a súa evolución. O seu obxectivo é a análise do resultado das relacións entre dúas estruturas diversas: a física e a humana, ambas as dúas obxecto de estudo doutras ciencias que analizan aspectos parciais. Os estudos sobre a forma da Terra e a súa posición respecto aos astros foron iniciados polos caldeos, chineses e aztecas, entre outros pobos. Estes coñecementos formaron parte da xeografía pero acabaron desenvolvendo unha ciencia propia, a astronomía. Os gregos aplicaron un gran rigor nos estudos astronómicos e, a súa expansión polo Mediterráneo, levonouno a unha sistematización das observacións de navegantes e viaxeiros. Apareceu entón a corografía e paralelamente, comezou o desenvolvemento da cartografía. As achegas máis importantes na elaboración de itinerarios e descricións foron as de Estrabón e C. Ptolomeo, cuxa concepción, aínda que moi deformada,...

      2. xeografía biolóxica

        bioxeografía.

      3. xeografía económica

        Rama da xeografía que estuda o home como produtor e os resultados das súas actividades.

      4. xeografía física

        Rama da xeografía que estuda todos os elementos naturais inanimados que constitúen a superficie terrestre, coa finalidade de analizar e comprender o medio onde vive o home e as actividades que este realiza. A diversidade dos elementos de estudo obriga a subdividila en diversas ramas como a climatoloxía e a xeomorfoloxía, que tamén se relaciona coa xeoloxía, incluíndo a paleoxeografía, a hidroloxía e a ocenografía.

      5. xeografía humana

        Rama da xeografía que estuda todo o que está en relación co home e as súas actividades. Segundo os enfoques no estudo do home pode dividirse en: xeografía social, económica e do establecemento humano.

      6. xeografía rexional

        Rama da xeografía que estuda todos os elementos xeográficos que aparecen nun sector concreto da superficie terrestre ou unha parte destes elementos, para poñer de manifesto as interrelacións que se producen.

      7. xeografía social

        Rama da xeografía que estuda o home e os grupos humanos en si mesmos, considerando a existencia e os efectos da evolución e da organización.

      8. xeografía xeral

        Rama da xeografía que estuda un elemento xeográfico ou un conxunto de elementos xeográficos en toda a superficie terrestre para establecer unha tipoloxía determinada.

    1. Conxunto dos accidentes e características físicas dun territorio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á xeografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa especializada en xeografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reproducir textos ou imaxes por xerografía. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á xerografía.

    2. Que se obtivo por xerografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento de diagnose que consiste na obtención de imaxes radiográficas en seco, gravando nas placas recubertas cunha capa moi fina dun semicondutor. Emprégase especialmente na detección de patoloxías nos tecidos brandos, como por exemplo a xeromamografía, para a diagnose dos tumores de mama. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Hungría (1074-1077), fillo de Bela I. Destronou a seu curmán Salomón e sucedeuno (1074). O papa e o emperador bizantino, Miguel VII, recoñecérono, pero o debilitamento interno do poder real permitiu os bizantinos reforzar a súa influencia en Hungría.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arte de gravar a madeira. A técnica consiste en rebaixar e tallar con gubias e burís as partes da superficie dunha prancha de madeira que teñen que quedar brancas na estampa, deixando en relevo a superficie lisa para ser tintada e estampada sobre o papel. Orixinouse en Oriente, a raíz do descubrimento do papel en China. As primeiras xilografías europeas (s XIV), gravadas a fío e empregadas para xogos de naipes ou estampas relixiosas, foron os precedentes dos tipos móbiles (tipografía).

    2. Lámina obtida por estampación dun gravado de madeira. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á xilografía. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Remar desde a popa da embarcación cun só remo.

    2. Termo do barallete que corresponde á voz ‘tocar’ (un instrumento musical).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Hungría (1526-1538) e príncipe de Transilvania (1538-1540), fillo do voivoda de Transilvania Esteve Szapolya. Na Dieta de Szekesfehervar (1526) elixírono rei de Hungría. O seu adversario Fernando de Austria proclamouse rei un mes máis tarde en Presburg. En 1538, despois dunha gran loita, asinaron a Paz de Nagyvarad, pola que recibiu Hungría oriental, mentres que Hungría occidental pasou a mans de Fernando de Austria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Portugal (1385-1433), fillo de Fernando I. Inaugurou a dinastía de Avís. Dirixiu a revolución anticastelá protagonizada polos nobres portugueses e foi proclamado rei de Portugal por unha asemblea reunida en Coimbra. Enfrontouse con Xoán I de Castela, que se consideraba con dereitos ao trono portugués polo seu matrimonio con Beatriz, única filla lexítima de Pedro I. Venceuno na Batalla de Aljubarrota (1385) e impulsou as conquistas portuguesas en África.

    VER O DETALLE DO TERMO