"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
PERSOEIRO
Relixioso. Ordenouse sacerdote en 1940. Doutor en Sagrada Teoloxía pola Pontificia Universitá Gregoriana de Roma, foi bispo de Almería (1966-1969) e Málaga (1969-1973) e arcebispo de Santiago de Compostela (1973-1983) e Madrid (1983-1994). En 1985 foi elevado ao cardealado. Presidiu a Conferencia Episcopal Española (1987-1993). Desde 1994 é cardeal arcebispo emérito de Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Corea do Sur ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Corea do Sur.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento aparecido en Francia en 1924 que afectou primordialmente á poesía e á pintura, pero tamén á prosa, ao teatro, ao cine e á escultura. Nacido como consecuencia do dadaísmo, formou escola, definida e mantida por A. Breton, que redactou o Manifeste du surréalisme (1924), L. Aragon, P. Élouard, B. Péret e P. Unik. Propuxo o automatismo psíquico, mediante o que se pretende expresar o funcionamento real do pensamento. Fundaméntase no mundo dos soños e no subconsciente. Ao grupo inicial uníronse os pintores H. Arp, M. Ernst, A. Masson e J. Miró, e os escritores M. Leiris, P. Queneau, P. Naville, A. Artaud e I. Tanguy. Cara a 1929 formaban parte R. Char, G. Hugnet, S. Dalí, R. Magritte e P. Picasso. O movemento estendeuse por Europa e América. Cultivaron o surrealismo Eugenio Granell, Mario Granell, Urbano Lugrís e Maruja Mallo. Na literatura castelá maniféstase a influencia surrealista na denominada Xeración do 27. O introdutor do surrealismo na literatura galega foi Álvaro Cunqueiro,...
-
-
Relativo ou pertencente ao surrealismo.
-
Seguidor do surrealismo.
-
-
PERSOEIRO
Fisiólogo estadounidense. Profesor e director do departamento de farmacoloxía da Western Reserve University (Cleveland) e profesor de fisioloxía da Vanderbilt University, descubriu o monofosfato de adenosina cíclico (AMPc) e demostrou o seu papel no mecanismo de acción química das hormonas (teoría do segundo mensaxeiro). En 1971 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina, polo descubrimento dos mensaxeiros químicos que median a actuación das hormonas.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión histórica de Suecia central, que recibe o seu nome do pobo prehistórico dos svear e que contra o ano 600 se uniu coa rexión de Götland, ao S, e formou o núcleo do reino de Suecia (80.971 km2). Comprende as provincias históricas de Dalarna, Wärmland, Närke, Västmanland, Södermanland e Uppland.
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito unitario de Gales, Reino Unido (378 km2; 223.301 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra de François Quesnay publicada en 1758, onde formulou un modelo de circulación económica mediante a representación dun fluxo de gastos e produtos entre as diversas clases sociais. Estas clases clasifícaas seguindo a análise de Cantillon en agricultores (clase produtiva), propietarios da terra (clase soberana ou clase distributiva) e o resto de individuos de ocupación non agrícola (clase estéril), dentro da que incluía, entre outros, os artesáns e os comerciantes.
-
GALICIA
Médico e escritor. Exerceu como médico no Hospital da Caridade, no gremio de mareantes e no Hospital Militar, e foi cronista oficial de Vigo. De temática médica escribiu Hidrología médica de Galicia (1877), a obra histórica Descripción topográfico-histórica de la ciudad de Vigo, su ría y alrededores (1840) e a literaria La tía Marizápalos. Cuentos maravillosos de magia (1840). Foi correspondente da Real Academia de Medicina de Galicia e da Real Academia de la Historia. Recibiu a Cruz de Isabel la Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situada ao L da capital provincial, á beira do Guadiana (5.284 h [2001]). Centro industrial, destaca tamén a agricultura e gandaría lanar.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de teatro creado en 1988 e vinculado á Asociación Cultural Domingo Antonio de Andrade, entidade organizadora da Mostra de Teatro de Cee. Como compañía afeccionada chegou a montar ata sete espectáculos, dos que destacan O rei aborrecido, de X. Pisón; e Ai, Carmela e Marsal Marsal, de J. Sanchis Sinisterra. As críticas e os premios recibidos, xunto coa propia evolución da compañía, fixeron que se convertese en profesional en 1996. Desde ese momento continuou coas súas representacións, como A secreta obscenidade de cada día, de M. A. de la Parra; Pedro e o capitán, de M. Benedetti; Soños dun sedutor, de W. Allen; Xustiza infinita, de Cándido Pazó; Eu así non xogo, de A. Trillo; e Bicos con lingua. Co tempo produciu e distribuíu os seus espectáculos e creou unha infraestrutura propia. Por outra banda, edita unha colección de textos teatrais e leva adiante a Escola de Teatro do concello.
-
PERSOEIRO
Escritor francés. Estudou leis civís e canónicas en París e exerceu como conselleiro, antes de introducirse nos círculos literarios. Asiduo ao Hôtel de Rambouillet, chegou a ser confidente da marquesa de Rambouillet. As súas Historiettes (1835) reflicten este ambiente mundano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Ao inicio da Revolución Francesa foi deputado montagnard. En 1794 casou con Thérésa Cabarrús, de quen se divorciou en 1802, e moderou os seus pulos revolucionarios. Durante o Directorio, foi membro do Consello dos Cincocentos, adicto a Barras. Participou na expedición francesa a Exipto e foi cónsul en Alacant en 1804. Ao caer Napoleón, retirouse da política.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Moverse alguén ou algo dun lado a outro coma se fose caer.
-
VER O DETALLE DO TERMO
zangonear.
-
PERSOEIRO
Pintora estadounidense. Adscribiuse ao surrealismo en 1936. En 1942 coñeceu a Marx Ernst, con quen casou. A súa obra revela un lirismo expresionista na representación de bacantes e ritos con seres fantásticos e animais que seducen mulleres coas formas disoltas na luz.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
apalpar.
-
Considerar unha persoa con prudencia ata descubrir a súas intencións.
-
Facer uso do dereito de tenteo.
-
Calcular unha magnitude de xeito aproximado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Remendar as rodas do carro con tacos de madeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Respiración acelerada, con frecuencia superior a 20-24 respiracións por minuto.