"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • Aminoácido esencial e hidrófilo, un dos máis correntes nas proteínas, especialmente na caseína.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vimianzo baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oligosacárido que está formado por catro monosacáridos do grupo das aldosas e que é isómero da eritrosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás treponematáceas.

    2. Bacteria da familia das treponematáceas.

    3. Familia de bacterias, da orde das espiroquetais, con forma en espiral, de 4 a 16 μ de lonxitude e que están desprovistas de cilios e de flaxelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución comunitaria que ten a función principal de fiscalización ou control das contas da Unión Europea. Creouse o 5 de abril de 1977 por decisión dos representantes dos gobernos dos estados membros, e entrou en funcionamento o 25 de outubro do mesmo ano. A súa sede está en Luxemburgo. Está composto por 12 membros, elixidos por 6 anos polo Consello da UE, que exercen as súas funcións con absoluta independencia e en interese xeral da UE. Ditos membros, durante o seu mandato, non poden exercer ningunha outra actividade profesional, retribuída ou non. Este tribunal examina as contas da totalidade dos ingresos e gastos da UE, e tamén os de calquera organismo creado por ela. Asemade, examina a legalidade e a regularidade destes ingresos e gastos, e garante unha correcta xestión financeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo, con sede en Estrasburgo, creado polo Consello de Europa para garantir o libre exercicio dos dereitos políticos e cívicos. Poden recorrer a el tanto os individuos como os estados asinantes da Convención Europea para a Salvagarda dos Dereitos do Home, creada en Roma en 1950. Antes de recorrer a el cómpre esgotar todas as instancias nacionais e ter presentado o caso perante a Comisión Europea dos Dereitos do Home.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás tricolomatáceas.

    2. Fungo da familia das tricolomatáceas.

    3. Familia de fungos, da orde das agaricais, con esporas brancas e carpóforos de sombreiro carnoso, láminas non decorrentes, e pé central sen velo nin anel. A maioría son terrícolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Plataforma provista ou non de rodas que se usa para arrastrar pesos.

    2. Especie de caixón que escorrega para transportar cousas ou persoas.

    3. ehículo provisto de patíns ou de esquís en lugar de rodas que se despraza esvarándose sobre a neve ou o xeo, tirado por cabalos, renos ou cans. Usado normalmente como medio de transporte e de locomoción nos países nórdicos, distínguense dous tipos: a zorra lapona dun só patín, e a zorra de dous patíns, difundido por outras zonas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao trigo.

    2. Que é da natureza do trigo ou ten as súas calidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Signo de vitoria, entre os gregos e romanos, erixido polos vencedores cos despoxos do inimigo vencido, que se penduraban do tronco dunha árbore ou se amoreaban sobre o mesmo campo de batalla en recordo da vitoria conseguida. Posteriormente, o nome pasou a designar basicamente os monumentos erixidos en lembranza das vitorias. Na arte antiga, foron un elemento arquitectónico e decorativo, tanto en Grecia (Atena Niké, na Acrópole ateniense, frisos con armas en Pérgamo), coma en Roma, onde se multiplicaron os arcos de triunfo, nas moedas (vitoriali) e nas columnas rostrais.

    2. Obxecto que representa a vitoria do vencedor fronte ao seu inimigo.

      1. Obxecto que recibe un competidor como recompensa simbólica pola súa vitoria.

      2. Competición deportiva que ten de premio un trofeo.

    3. Decoración esculpida ou pintada formada por armas, escudos, lanzas, bandeiras e temas florais, cintas ou outros.

    4. Cabeza disecada dun animal abatido que se conserva como trofeo de caza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Autor de obras botánicas e zoolóxicas, escribiu unha historia universal en corenta e catro libros titulada Historiae Philippicae.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás tropeoláceas.

    2. Planta da familia das tropeoláceas.

    3. Familia de plantas herbáceas, normalmente rubideiras, que presenta flores cigomorfas, hermafroditas, hipóxinas, solitarias e axilares, e froitos esquizocárpicos trímeros. Algunhas especies cultívanse en xardinaría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pé formado por unha sílaba longa e unha breve, na métrica clásica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de troular.

    2. troula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ruído producido co calzado ao camiñar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ditador dominicano. Militar, entre 1919 e 1925 ascendeu de tenente a coronel dentro da Guardia Nacional, corpo que chegou a comandar como xeneral. Colaborou na revolta contra o presidente Horacio Vázquez (1930). Presidente da república (1930-1938 e 1948-1952), coa axuda do exército instaurou unha ditadura e perseguiu á oposición democrática ou liberal. Morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo. Coñecido como Ernest Engels e Hilaire Bourdon, procedía do calvinismo, pero despois dunha etapa anglicana converteuse ao catolicismo (1879). Ingresou na orde xesuíta en 1880 e saíu sacerdote en 1891, pero o rexeitamento da encíclica Pascendi ocasionoulle a excomuñón e a expulsión da orde (1907).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unión de Europa Occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico neerlandés. Naturalizado estadounidense, foi profesor en Utrecht e Michigan. Fixo investigacións en física nuclear, mecánica cuántica ou estrutura atómica. Creou, xunto con Goudsmit, a teoría do spin do electrón. Recibiu a medalla nacional de ciencia en 1977 e compartiu o premio Wolf en 1979.

    VER O DETALLE DO TERMO