"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • CIDADES

    Cidade da provincia de Gauteng, República Sudafricana, situada ao S de Johannesburgo, da que constitúe un núcleo residencial (137.388 h [1985]). É unha cidade independente desde 1962.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da ría de Vigo, situada na parroquia de Cedeira (Redondela).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfrontamento que se produciu na ría de Vigo o 23 de outubro de 1702, durante a Guerra de Sucesión Española, entre a escuadra española que transportaba a prata desde América co apoio dunha escuadra francesa dirixida por Château-Renault, e unha frota anglo-holandesa ao mando de G. Rooke. A presión anglo-holandesa impedira a descarga en Cádiz e o xeneral español Manuel de Velasco Tejada buscou refuxio na ría de Vigo. As embarcacións franco-españolas refuxiáronse na enseada de San Simón desde o 22 de setembro. Construíuse unha barreira no estreito de Rande e instaláronse 38 canóns no forte de Corbeira (Domaio, Moaña) e 17 na batería de Rande e comezou o desembarco do ouro que traía a frota. Parte das defensas desmontáronse cando parecía que os anglo-holandeses ían permanecer lonxe, pero o 21 de outubro esta frota apareceu na ría mentres se tentaban reconstruír as defensas. O 23 de outubro, despois de desembarcar as forzas anglo-holandesas, que destruíron as fortificacións e aniquilaron as...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Paso marítimo entre as beiras S e N da ría de Vigo que se estende entre punta Aradoiro (Moaña) e Cabanas (Redondela).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o estreito do mesmo nome entre Vilaboa e Redondela. A súa construción iniciouse en 1973 e rematou en 1977 aínda que non se inaugurou ata 1981. Supuxo a maior obra de enxeñaría de Galicia e por ela discorre un tramo da AP-9. Foi obra de Florencio del Pozo Frutos, coa colaboración de Fabricio de Miranda e Alfredo Passaro. Trátase dunha ponte atirantada cunha lonxitude no tramo central de 695 m e unha anchura de 23,46 m, suspendida sobre dous piares que acadan os 128 m de altura sobre o nivel do mar, e cunha luz de 400 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • arrandeadoiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Xutlandia, Dinamarca, na beira do Gudenå e antes de formar este río o fiorde de Randers, en Kattegat (62.205 h [2001]). É un porto e centro comercial, con industrias metalúrxicas e alimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Calvos de Randín baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formouse na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela (1984-1989), onde se graduou en artes aplicadas na sección de esmaltes. Na súa obra fúndense diversos estilos e influencias como o expresionismo, o surrealismo e a nova figuración. Emprega diversas técnicas e materiais, como o acrílico e as colaxes sobre tea ou papel. Participou en diversas ocasións na Bienal de Pontevedra e noutras mostras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tratamento estatístico utilizado para distribuír os individuos ao azar en distintos grupos de ensaio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Tui baixo a advocación de santa María da Guía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santa Comba. Trátase dunha vivenda de planta cadrada, coa fachada principal realizada en cantaría e cun portalón de entrada con arco de medio punto con grandes doelas. No seu interior conserva restos dunha antiga escalinata. Ten unha fiestra nunha esquina e o balcón da parte posterior sitúase sobre tres canzorros de granito. Estivo vinculada ao pazo de Cícere. Foi declarada BIC en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en Madrid pola Real Cédula de Filipe V o 13 de xullo de 1744, para promover o estudo e cultivo da pintura, escultura e arquitectura. En 1747 someteuse ao patrocinio de san Fernando e coa celebración da súa apertura oficial en 1752 na Casa de la Panadería, erixiuse como a primeira academia oficial de España, instituída por Fernando VI como Real Academia de las Tres Nobles Artes de San Fernando. En 1773 Carlos III trasladouna a un palacio barroco, propiedade de Juan de Goyneche, que foi posteriormente reformado en estilo neoclásico por Diego de Villanueva. A súa actividade centrouse no ensino das artes e en 1845 naceu, baixo o seu amparo, a Escuela Superior de Bellas Artes. Organízase nas seccións de Pintura, Arquitectura, Música e Escultura y Artes de la Imagen. Dela depende a Calcografía Nacional, creada en 1789. Desde 1996 está composta por 54 membros numerarios, ademais dos académicos correspondentes e honorarios. Está integrada no Instituto de España e conta co Museo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de València, Comunitat Valenciana (1.870 h [2001]). A agricultura é principalmente de regadío, onde destacan os cultivos de cítricos. Posúe fábricas de ladrillos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anaco delgado e uniforme que se obtén cortando unha cousa dun lado a outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cortar algo en rebandas.

    2. Cortar algo dunha parte a outra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico ruso. Descubriu o efecto que fai referencia ás propiedades mecánicas dunha substancia inmersa nun líquido tensioactivo. Tamén foi o creador da química coloidal na URSS e desenvolveu a teoría da tixotropía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xardineiro. Introduciu e aclimatou, no terreo do marqués de Santa Cruz, sementes, flores e froiteiras que procedían de Francia. Contou cun establecemento de plantas en Santiago de Compostela. Recibiu o título de cabaleiro da Orde Civil del Mérito Agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO
  •   (A Coruña?) Arquitecto. Formouse na Escola Superior de Arquitectura de Barcelona. Desde 1977 é profesor na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Os seus primeiros traballos dirixíronse ao planeamento urbano e á ordenación do territorio, como o estudo sobre o impacto sobre o territorio da Autopista de Atlántico. Realizou a rehabilitación do cuartel da rúa do Hórreo para sede do Parlamento de Galicia en Santiago de Compostela (1987, Premio Julio Galán Carvajal en 1991) e, xunto con Albert Pineda, o Hospital Marítimo de Oza na Coruña (1995-1997, Premio Julio Galán Carvajal en 1998).

    VER O DETALLE DO TERMO