"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Escultor ruso. A partir do 1870 creou obras de grandes dimensións e temática histórica, entre outras: Pedro I (1872) e Iván o Terrible (1875).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e dramaturgo ruso. As súas obras describen a realidade soviética e glorifican epicamente os heroes do pobo. A súa principal obra como dramaturgo é Skalov, onde recrea a vida dun dos mellores aviadores soviéticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antoíño.
-
PERSOEIRO
Músico e compositor. Estudiou violoncelo e guitarra clásica; con nove anos destacaba como contralto na Masa Coral de Madrid. No 1939, dirixiu o coro Anaquiños da Terra. Foi membro da Orquesta Ibérica de Madrid e formou parte do quinteto Nebot e da Orquesta Clásica de Sevilla. Dende o ano 1947, logo do seu ingreso na Orquesta Sinfónica de Caracas, intensificou a súa relación coa música galega, que materializou coa fundación e dirección do Coro Castelao do Centro Galego, para quen fixo a montaxe da zarzuela Maruxa de Vives, de ambiente galego, e estreada no Teatro Municipal de Caracas. En 1953, estreou Canto a Castelao, sobre texto de Eduardo Blanco Amor, obra que seguiu a interpretarse cada ano no mes de xaneiro. No ano 1964 fundou e dirixiu a agrupación folclórica galega Airiños da Terra, coa que acadou grandes éxitos en Venezuela. En abril de 1979 fundou e dirixiu a coral Aires Galegos, da Irmandade Galega. En 1980 estreou a súa composición “Adiós ríos”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Trátase dun dos mellores representantes da escola de Madrid da segunda metade do s XVII. Conseguiu unha nova interpretación dentro do arquetipo da Inmaculada. Cultivou o retrato, o tema mitolóxico e os temas populares. Preocúpase tamén da perspectiva aérea nas súas composicións.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno teratolóxico que consiste no alongamento extraordinario do eixe dunha flor e na regresión dos órganos que a compoñen.
-
VER O DETALLE DO TERMO
antoloxista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recompilación de textos de varios autores ou de varias obras dun mesmo autor feita en atención a criterios cronolóxicos, temáticos, formais ou didácticos. A súa orixe remóntase ás escollas de epigramas iniciadas na Grecia Antiga por Meleagro de Gándara (s II a C), actualmente perdidas, que foron recuperadas en gran parte na Anthologia inedita codicis palatini do poeta bizantino Constantino Céfalas (s X). Durante a Idade Media e o Renacemento adoptou a forma de cancioneiro, romanceiro, coroa poética, etc. A expansión da industria editorial do s XIX produciu unha proliferación de antoloxías que continuou no s XX. Teñen unha intencionalidade informativa como mostra da produción dunha época ou tendencia determinadas, contribúen á fixación do canon e, nalgúns casos, á conservación do patrimonio literario, como ocorreu cos Cancioneiros da lírica galego-portuguesa. Considérase que as primeiras antoloxías da literatura galega foron o Álbum del Miño (1858), unha colección...
-
-
Propio dunha antoloxía ou digno de formar parte dela.
-
Que é excelente ou digno de ser destacado. OBS: Ás veces utilízase tamén con sentido irónico.
-
Exposición, xeralmente de homenaxe, dunha recompilación de obras dun mesmo artista.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que realiza antoloxías.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de medusa que presenta os hidroideos ximnoblastos de umbrela moi acampanada con ocelos nas beiras.
-
PERSOEIRO
Patriarca dos cenobitas da Tebaida (Exipto), que levou unha vida senlleira no deserto. Xa vello, visitou a san Paulo o Ermitán, outro dos anacoretas da Tebaida, alimentado milagrosamente por un corvo. Santo Antón Abade, santo Antón de xaneiro ou santo Antón o Verdadeiro, amais de ser avogoso dos partos é, en Galicia, o patrón dos porcos (santo Antón lacoeiro) e, por extensión, de todos os animais; no resto de España a protección dispensada por este santo aos animais pasou ao patrón dos portugueses, santo Antonio de Lisboa ou de Padua. No seu día lévanse a bendicir porcos, vacas, cabalos e mesmo cans, gatos e paxaros. En Espasante e Celanova é tradición mercar entre os veciños un porco que anda ceibo cunha campaíña ao pescozo e que vai de casa en casa, onde lle dan de comer e tamén, en concepto de ofrenda ao santo, lle dan bo millo. Cando xa está ben cebado, póxano e cos cartos obtidos fanlle unha festa a santo Antón; este é o chamado “porco de santo Antón”. Na Estrada animan as xugadas...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Monxe ucraíno. Considerouse o iniciador da vida monástica ucraína e rusa, e fundador da Laura das Grutas (Pečerskaja Lavra), preto de Kiev. A Igrexa eslava celebra a súa festividade o 10 de xullo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antón de Santiago Montero.
-
PERSOEIRO
Político e escritor. Foi deputado a Cortes e subsecretario de gobernación. Logo de formarse na redacción de El Noroeste, dirixiu os xornais madrileños El Debate (1910) e El Parlamentario (1914). Escribiu novelas e obras de teatro destinadas a un público amplo, entre as que cómpre salientar a novela de ambiente coruñés El encanto de sus manos (1909), onde inclúe a súa declaración “Yo soy gallego”, e o folleto político de ideoloxía conservadora Galicia llora (1918). Así mesmo, a súa ideoloxía recóllese no libro La evolución biológica de España y la Solidaridad Catalana (1907). É autor tamén de El libro de la vida bohemia (1909), El veneno de la víbora (1910), Lo que han visto mis ojos (1910), El hidalgo don Tirso de Guimarães (1912) ou El pleito (1923). Ademais escribiu, entre outras, as biografías de Cajal, Moret e Romanones.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso. Abandonou a Compañía de Xesús pero seguiu a exercer o sacerdocio en Viana do Bolo, Verín e Ourense. Pouco despois, licenciouse en Filosofía e Letras e exerceu como profesor en varios institutos de Ourense. No 1931 publicou Los jesuitas desenmascarados, o historia verídica y documentada de un jesuita, onde se desvelan os seus amplos coñecementos eclesiásticos e lingüísticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Atenas, fillo de Rainerio de Atenas. Coa axuda dos gregos reuniu as posesións do seu pai en Grecia. Foi un aliado dos turcos e mantivo durante trinta anos a paz na Ática e en Beocia, embelecendo a súa capital.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Vendôme (1537-1562), Rei de Navarra (1555-1562) polo seu casamento (1548) con Xoana III, Raíña de Navarra (1555-1572). Tras este casamento Navarra pasou da casa de Albret á dos Borbóns. Á morte de Francisco II de Francia foi nomeado lugartenente do reino (1561). Ao constituírse en Francia o Triunvirato Católico (1562), Filipe II conseguiu que adoptara o Catolicismo. Fillo seu e de Xoana foi o futuro Enrique IV de Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Antropólogo. Entre as súas obras, destacan: Antropología de España, Razas y tribus de Marruecos Antropología o historia natural del hombre.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Atleta. Acadou os seus maiores triunfos na proba de maratón, distancia na que foi campión do mundo en dúas ocasións consecutivas (Atenas 1997 e Sevilla 1999), sendo o único atleta que acadou dúas vitorias nos mundiais nesta proba. Con anterioridade, proclamárase campión de Europa de 10.000 m e conseguira a medalla de bronce dos 5.000 m, ambas nos campionatos europeos de Helsinqui 1994.
VER O DETALLE DO TERMO