"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Cianose permanente das partes distais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación universitaria aparecida en Santiago de Compostela despois de 1950. Nela aparecen artigos de carácter científico, colaboracións e novas da Universidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista trimestral editada pola Universidade de Santiago de Compostela no primeiro trimestre de 1964 e na que colaboraron Ramón Mª Aller, Paz-Andrade, Vidal Abascal e Bermejo Martínez, entre outros. Contiña artigos científicos, notas, cartas ao director, resumes de teses doctorais, crónicas da vida universitaria e moitas colaboracións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista médica aparecida en Santiago en 1960 que deixou de imprimirse en 1966. Editada pola Academia Médico-Cirúrxica de Santiago, recollía actividades de cada curso. Colaboraron nela X. Rof Carballo, Ladrón de Guevara, Vázquez Añón e Varela Durán, xunto con outros. Despois de sacar sete volumes fusionouse coa Revista Médica de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación iniciada no 1643 por Jean Bolland dedicada á edición crítica das vidas dos santos da Antigüidade e Idade Media.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Función sintáctica do estruturalismo de Lucien Tesnière (1959) que designaba cada un dos complementos que podían ser esixidos polo verbo ou adxectivo. No 1966 Julien Greimas introduciu este termo na narratoloxía para designar aquelas funcións narrativas da estrutura profunda que realizan ou sofren o acto. Correspóndese co que Vladimir Propp (1928) chamou dramatis personae vencelladas cada unha a unha esfera da acción propia do conto marabilloso e definidas pola súa repercusión no desenvolvemento da intriga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Bacteria da familia das actinoplanáceas.

    2. Familia de bacterias da orde das actinometais integrada por individuos que se reproducen mediante a formación de esporanxios que ceiban esporas móbiles e flaxeladas que se asemellan ás bacterias da orde dos pseudomonadais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento político francés, xurdido ao redor do xornal do mesmo nome (1908-1944), inspirado e dirixido por Ch. Maurras, L. Daudet e outros. Rexeitaba a democracia e preconizaba a acción directa como medio para a toma do poder. Defensor dun nacionalismo xenófobo e da monarquía absoluta, entendía o catolicismo como unha institución esencial para Francia, xerárquica e disciplinada. O apoio que durante a Segunda Guerra Mundial prestou ao goberno de Vichy (1940) provocou a súa desaparición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estadista de ascendencia británica ao servizo de Fernando IV de Nápoles que serviu nas mariñas francesa e toscana. No ano 1779 trasladouse a Nápoles, onde foi Ministro de Mariña, de Guerra, de Finanzas e Primeiro Ministro en 1785. Fracasou no intento, axudado polo Reino Unido da Gran Bretaña, de unir os estados italianos contra Francia (1793), polo que se tivo que exiliar en Sicilia (1798). Volveu ao poder pouco despois e, de acordo coa súa ideoloxía absolutista, promoveu a represión dos republicanos napolitanos do ano 1799. Exiliado de novo no 1804, torna ao poder no 1805; cando ao ano seguinte as tropas francesas napoleónicas entraron en Nápoles, trasladouse a Sicilia definitivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen actúa, especialmente nunha oposición ou no curso dun proceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Catedrático de Arqueoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, membro da sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e correspondente da Real Academia Galega.
    Os seus traballos centráronse na arqueoloxía romana, no que salientaron as investigacións sobre mosaicos, esculturas, epigrafía e numismática. Rematou o corpus de mosaicos romanos dos conventos lucense e bracarense e os fascículos correspondentes a Galicia do Corpus Signorum Imperii Romani (Corpus das inscricións do Imperio Romano) e da Tabula Imperii Romani (Táboas do Imperio Romano).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta de formación neoclásica, moi influído polo romanticismo, que inicia a tradición literaria do Uruguai. Foi autor do himno nacional, do Diario del sitio de Montevideo (1842), de carácter patriótico, e de La Malambrunada (1842), poema satírico e burlesco. Influíu na produción literaria de José María Riguera Montero, escritor galego que imitou algúns dos seus versos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre ilustrada, filla de Lope de Acuña, conde de Buendía. Cando este morre en Flandres en 1573, deixa encomendado que a súa filla case cunha persoa da liñaxe de Acuña. Diego Sarmiento de Acuña, futuro primeiro conde de Gondomar, descendente de Vasco Martínez de Acuña o Vello, ao quedar viúvo sen fillos solicita casar con Constanza, cerimonia realizada en Valladolid no 1588.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote, sobriño do Arcebispo de Santiago Sebastián Malvar. Identificouse ideoloxicamente co absolutismo, fronte ao carácter liberal do seu irmán Manuel, tamén sacerdote. Favorecido pola axuda do seu tío, acadará beneficios e cargos no cabido compostelán ata ser nomeado deán (1797). A defensa dos seus ideais absolutistas valeulle, ademais do enfrontamento ideolóxico co seu irmán, o encarceramento e o desterro ás Islas Canarias (1821) ao se iniciar o Trienio Liberal. Pola contra, acadaría recoñecemento dentro do estamento eclesiástico conservador compostelán, concedéndoselle a Orde de Cabalería de Carlos III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote liberal moi activo na loita contra os franceses durante a Guerra de Independencia. Iniciou a súa carreira eclesiástica estudiando en Salamanca e Oviedo para volver a Galicia (1789) como párroco de Carreira (Ribeira). Pouco máis tarde foi nomeado cóengo do Cabido Compostelán, onde desenvolveu diversos cargos pastorais e administrativos. A súa vinculación ás ideas liberais valeulle o desterro a Valladolid en 1803 por orde do Arcebispo Múzquiz. En 1809 regresou a Galicia como representante da Suprema Xunta co obxectivo de recrutar tropas para se enfrontar ao invasor exército francés, participando na reconquista de Vigo e na posterior defensa dos ideas políticos emanados das Cortes de Cádiz de 1812. Non obstante , a volta do absolutismo de Fernando VII significará unha nova caída en desgracia: o cabido de Santiago embargou as súas posesións e foi detido e encarcerado no convento franciscano de Herbón (Padrón) desde 1814 ata 1820. A súa liberación durante o Trienio Liberal permitiralle...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor, poeta e xornalista. Exerceu a docencia en Galicia e Madrid. Colaborou nas publicacións Vida gallega, Resol e Nós e nos xornais La Region, Galicia, El Heraldo de Galicia e Faro de Vigo. Aproveitou para mostrar neles a súa produción poética que, anos máis tarde, dará lugar á publicación da obra Fírgoas (1933). Entre 1930 e 1936 colabora no xornal El Momento e nas publicacións Escuela del Trabajo e ATEO, onde mostra o seu compromiso galeguista coa educación e coa pedagoxía. Os seus ideais republicanos e galeguistas fixeron que trala Guerra Civil Española fose expulsado do sistema público de ensino, pasando a traballar no ensino privado en Ourense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Doutora en Filosofía e Letras pola Universidade de Valladolid en 1973. Desenvolveu diversos traballos de investigación arqueolóxica aproveitando a súa experiencia en escavacións e os diferentes cargos como directora do Museo Arqueolóxico de Valladolid e do Museo das Peregrinacións de Santiago. Dende 1983 actúa como directora dos Museos Estatais. O seu labor está orientado cara ao tratamento, á investigación e á exposición dos fondos arqueolóxicos. Publicou numerosos traballos entre os que destacan: Esculturas militares romanas de España y Portugal I. Las esculturas thoracatas (1975); Algunhas cuestións sobre os asentamentos na Galicia Baixorromana (1983) e Financiación y patrocinio del Patrimonio histórico (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Porteiro internacional de fútbol.
    Durante 16 anos militou no primeiro equipo do Real Club Deportivo de La Coruña en 2ª e 1ª División.
    Acudiu coma membro da Selección Española de Fútbol á Copa do Mundo de Brasil (1950). Retirouse da actividade futbolística seis anos despois.
    Está considerado o futbolista máis carismático da historia do Deportivo e o torneo de verán organizado polo club herculino leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antonio Osorio de Acuña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gobernador e Xustiza Maior do Reino de Galicia (1480-1486). O seu nomeamento, que se insire no proceso que a documentación denomina “doma e castración do Reino de Galicia” -ordenada polos Reis Católicos conforme á súa política centralista-, outorgáballe amplos poderes gobernativos e xudiciais, tanto no civil como no criminal. Fernando de Acuña chegou a Galicia acompañado polo licenciado e corrixidor García López de Chinchilla e un corpo de cabalería ao mando do capitán Mudarra. Ao chegaren a Santiago reclamaron de Alonso de Fonseca as fortificacións da Catedral; diante da negativa do Arcebispo, convocaron aos condes de Altamira e de Camiña e ao Mariscal Sueiro Gómez de Soutomaior, de xeito que non tivo máis remedio que ceder. Así mesmo, apoiándose na Santa Irmandade, constituída a comezos de 1480 en Galicia, mandou derrubar 46 fortalezas; apresurou o proceso de adaptación de mercés do que saíron moi afectados Pedro Álvarez Osorio, Álvarez de Soutomaior, Gómez Pérez de Mariñas, etc; procedeu...

    VER O DETALLE DO TERMO