"Anu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1145.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela publicada por Gabriel García Márquez en 1981. Baseada nun feito real, recrea os acontecementos e circunstancias que rodean un crime, resultado dunha vinganza por unha ofensa de honor. Narra o asasinato do protagonista, Santiago Nasar, por dous irmáns, Pedro e Pablo Vicario, que o consideran responsable da perda da virxindade da súa irmá, Ángela Vicario, que acaba de casar e que é repudiada por Bayardo San Román, forasteiro que chegara á vila meses atrás. Inspirada nos modelos da crónica xornalística e da novela policíaca, é unha historia circular que comeza e remata coa morte do suposto culpable. O narrador preséntase como investigador que tenta aclarar o suceso a partir da reconstrución do período que transcorre desde o remate das celebracións da voda ata a consumación do crime anunciado. Ao longo de cinco capítulos, o narrador-cronista avanza e retrocede na sucesión lóxica dos acontecementos e alterna os seus recordos e as súas impresións posteriores co testemuño dos personaxes...
-
GALICIA
Poeta. Foi un dos iniciadores da escola de Tebra, caracterizada por unha temática intimista e angustiada, e colaborou en diversas revistas e xornais da época. Publicou os poemarios Frauta na noite (Premio do Centro Gallego de Bos Aires, 1947), Fabulario novo (1952) e Canto e fuga da irmandade sobor da terra e da morte (1977).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Fillo de Xosé María de Curros Vázquez, escribán natural de Melide, e de Petra Enríquez Nogueira, oriúnda de Vilanova dos Infantes, pasou a súa infancia e primeira mocidade na súa vila natal marcado pola tiranía e o integrismo católico do pai, home despótico e violento. Rematados os estudios elementais na escola de Manuel Rebollo, comezou a traballar como escribente para o seu pai, ao tempo que se impregnou da literatura clásica e romántica. A situación entre pai e fillo acabou por facerse insufrible e Manuel, con quince anos, fuxiu da casa paterna cara a Ourense onde o acolleu un antigo compañeiro de escola. De Ourense partiu para Madrid (entre 1866 e 1867); alí instalouse na casa do seu irmán Ricardo e iniciou os estudios de bacharelato xunto cos de dereito, que non rematou. Na capital atopou a protección e favor do ourensán Modesto Fernández González, delegado de Facenda e xornalista que o iniciou nesta última profesión. Participou na Revolución de Setembro de 1868, denominada...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao Danubio.
-
Que está bañado ou atravesado polo Danubio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome que recibiron no s XIX os principados de Moldavia e Valaquia no Congreso de París (1856). Na Conferencia de París (1858), aceptouse o nome de Principados Unidos de Moldavia e Valaquia e, coa subida ao trono dos dous principados de Alexandru Ion Cuza (1859), produciuse a fusión que orixinou a creación do novo estado de Romanía (1861).
-
RIOS
Río de Europa Central que nace no macizo montañoso da Selva Negra (Alemaña) a 1.078 m de altitude, preto de Donaueschingen, e desemboca no Mar Negro despois dun percorrido de 2.860 km. No seu curso presenta aspectos diferentes segundo atravesa a Selva Negra. O curso alto encaixa na plataforma calcaria de Suabia e na zona rochosa da selva de Baviera; augas abaixo o río discorre en dirección NO e atravesa o antigo macizo cristalino de Bohemia; é amplo nas zonas aluviais e estreito e profundo nas zonas de rocha máis dura, nas que aparecen grandes depresións, como a de Ulm e Ingolstadt. No curso medio, o Danubio convértese nun río de chaira, forma a liña divisoria entre Eslovaquia e Hungría, atravesa a conca de Panonia e recibe as augas do seu grande afluente, o Tisza; cando retoma a súa dirección xeral O-L, o curso do río forma grandes meandros. Máis adiante pasa polo extremo meridional dos Cárpatos, onde serve de fronteira entre Romanía e Iugoslavia. Finalmente, na conca de Valaquia, onde...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
alse op 314 da autoría de Johann Strauss II composto en 1867 a petición do mestre de coro Herbeck. Escribiuse para ser un valse coreado, pero inicialmente a peza non tivo boa aceptación entre o público vienés debido á mediocridade dos seus versos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Chaira de Europa Central, ao S de Romanía, que se estende desde os Alpes de Transilvania ata o Mar Negro, pola marxe esquerda do Danubio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo internacional destinado a regular a navegación polo Danubio, creado en 1856 por Alemaña, Francia, Italia, Romanía e Turquía. Despois da Primeira Guerra Mundial, o Tratado de Versailles (1919) confirmou a súa existencia e creou unha nova Comisión Internacional encargada de controlar o curso do Danubio augas arriba do delta; a súa sede estableceuse en Viena (1921). Durante a Segunda Guerra Mundial, Alemaña aboliu as comisións. En 1948, os estados ribeiregos celebraron, por iniciativa soviética, a Conferencia do Danubio, na que se creou de novo a Comisión, con sede en Budapest. Austria incorporouse á Comisión en 1960 e a República Federal Alemana en 1963.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de pintores xurdido a principios do s XVI en Austria e Baviera. Caracterizáronse por ter unha nova valoración da natureza e da paisaxe ao interpretalas como xénero independente. Os seus principais representantes foron Albrecht Altdorfer e Lucas Kronach nas súas primeiras obras, e Wolf Huber.
-
PERSOEIRO
Pintor. Policromou unha imaxe de san Roque, obra de Francisco de Moure (1598).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Catedrático de Historia Moderna na facultade de Filosofía e Letras da Universidad de Córdoba. Entre as súas publicacións cómpre salientar Ideologías y opciones políticas a través de la prensa a finales del s XIX (1982), El poder municipal y la organización política de la sociedad: algunas lecciones del pasado (1998) e A historia de Galicia vista por Alfredo Brañas (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Catedrático de Psicoloxía Evolutiva e de Educación da Universidade de Vigo, dá clases na facultade de Ciencias da Educación no campus ourensán. Vicepresidente da Asociación Española para la Educación Especial e membro de diversos comités de revistas científicas e anuarios, dirixe a revista Educación, Desarrollo y Diversidad. Desenvolve unha liña de investigación centrada nas dificultades da aprendizaxe matemática, sobre a que publicou Los conocimientos lógico matemáticos en la escuela infantil (1993), Dificultades de aprendizaje numéricas y matemáticas (1994), Desarrollo de operaciones lógico-matemáticas en sujetos con retraso ligero (1996), La discalculia (1998), Dificultades de aprendizaje del cálculo (1999) e Cómo prevenir las dificultades del cálculo (2000). Tamén desenvolve outra liña de investigación centrada na deficiencia mental, sobre a que publicou Modelos de orientación en educación especial (2001),...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
decumano.
-
GALICIA
Avogado e poeta. Licenciado en Dereito pola Universidad de Valladolid, residiu ata os dez anos na súa vila natal e logo en Ourense, Palencia e Valladolid. En 1928 regresou a Córgomo e exerceu como avogado no Barco de Valdeorras, á vez que comezou a colaborar con artigos e poemas no xornal Heraldo Orensano co pseudónimo Corgomófilo. Na Guerra Civil española trasladouse a Valladolid, logo a Portugal e a Francia, para máis tarde chegar á zona republicana española na que permaneceu ata a fin da guerra. En xullo de 1939 exiliouse a Guadalajara (México), onde traballou a prol da cultura galega promovendo diversas iniciativas, como a fundación da revista Vieiros, con Luís Soto e Carlos Velo, a fundación do Padroado da Cultura Galega, a Irmandade Galeguista ou o Ateneo de Galicia; ademais colaborou nos xornais Galicia, Heraldo de Galicia, Nova Galicia e Opinión Gallega. Tralo seu pasamento, as súas cinsas foron trasladadas a Córgomo o 12 de xullo de 1987. Como poeta deu ao prelo Bebedeira (1934),...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Deixar de estar o ceo cuberto de nubes.
-
GALICIA
Mariño mercante. Ingresou na Compañía Trasatlántica Española (1878) e acadou o grao de capitán. Tras realizar viaxes a Filipinas e Sudamérica levou o mando do transatlántico Montserrat, que dirixiu a Cuba durante o conflito hispano-cubano. Tralo éxito das operacións que lle foron encomendadas, foille concedida a Cruz do Mérito Naval.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, debuxante e poeta suízo. Foi soldado en Italia (1516) e defensor da Contrarreforma. Deseñou gravados, vidreiras e o cadeirado do coro da catedral de Berna. As súas obras caracterízanse polos detalles macabros e burlescos; entre elas destacan A tentación de santo Antonio, ou A morte e a moza. Partidario do movemento iconoclasta protestante, abandonou os temas relixiosos e cultivou os mitolóxicos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Escribiu artigos de carácter científico en publicacións especializadas, e textos literarios e de actualidade en diversos xornais. Publicou Fábula en tres escenas. El dolor de la guerra (1941) e Oración a Sevilla (1944).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico aparecido o 24 de novembro de 1858 na Coruña que cesou a súa edición o 12 de abril de 1866. Dirixido por Francisco Mª de la Iglesia, Benito Vicetto, Manuel Murguía, Xosé López de la Vega, Xosé Mª Montes e Froilán Salazar, contou coa colaboración de, entre outros, Antonio da Iglesia, Antonio San Martín, Ramón Buch, Domingo Camino e Alejos Pita. Impreso nos obradoiros tipográficos de Castor Míguez, foi unha das publicacións da época con maior número de subscritores. No nº 53, en xaneiro de 1859, Antonio de la Iglesia publicou a súa composición “Ribeirana”.