"Arra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 638.

    1. Conxunto de materiais vellos de ferro ou doutro metal.

    2. Metal de escaso valor que non é nobre. Ex: Non podo usar pendentes de chatarra porque me causan feridas na pel.

    3. Obxecto ou máquina de ferro, ou con boa parte de ferro, en estado inservible ou inutilizable. Ex: A lavadora que tiñamos anteriormente era unha chatarra.

    4. Diñeiro cambiado en moedas.

    5. Tendencia artística que consiste na realización de obras de arte co emprego de materiais de lixo e doutros desperdicios urbanos. O crítico Lawrence Alloway aplicoulles a denominación de Junk Art ós cadros realizados por Robert Rauschenberg na década dos cincuenta do s XX, nos que engadiu trapos e outros materiais inservibles. Posteriormente, o nome ampliouse a toda escultura realizada con madeiras vellas, anacos de metais, farrapos sucios e vellos, máquinas rotas, etc. As súas orixes remóntanse ás obras de Kurt Schwitters, feitas con materiais de desfeito, e ás colaxes do cubismo sintético de Picasso. Supón, por unha banda, un enfrontamento cos tradicionais materiais nobres, e pola outra, a afirmación de que a obra de arte pode crearse con materiais humildes. En España pode incluírse nesta tendencia a obra de Antoni Tàpies e en Italia os artistas da Arte Povera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insectos ortópteros do xénero Ephippiger, de ata 3 cm de lonxitude e de cor verde ou castaña, con longas patas posteriores modificadas para o salto, antenas de maior tamaño ca o corpo e pronoto en forma de sela de montar. As ás son moi curtas e de cor dourada; a esquerda superponse parcialmente sobre a dereita, coa que os animais dos dous sexos emiten un curto chío. En Europa están presentes na metade setentrional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Irlanda, situado no Munster (4.701 km2; 126.130 h [1996]). A capital é Trá Li (16.988 h [1986]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Insecto da familia dos cicádidos da orde homóptera. Cando é adulto caracterízase por posuír un corpo groso e escuro que, dependendo da especie, acada un tamaño de entre 10 e 180 mm, unha cabeza grande, provista dun longo peteiro que mantén nunha posición baixada cando non se alimenta, dous pares de ollos compostos e, entre eles, tres ollos sinxelos ou ocelos dispostos en triángulo; dous pares de alas membranosas e aptas para o voo que manteñen pregadas ao longo do corpo cando non fai uso delas, o primeiro é transparente e o dobre de longo que o segundo. Os machos producen unhas estridulacións, especialmente os días calorosos, mediante a vibración que ten lugar nunhas membranas con sucos que presentan nos costados do abdome e que se ve amplificada mediante unhas cavidades de resonancia tamén abdominais. Estes sons teñen, fundamentalmente, unha función de reclamo sexual. Para o home pode variar entre os 120 decibelios, o que supón acadar o limiar da dor e escoitarse nun raio de máis de 1...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista quincenal que se editou na vila de Redondela co subtítulo de “Periódico literario”. Foi dirixida por A. Adán a partir de 1912.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • XACEMENTOS

    Xacemento arqueolóxico ibérico localizado preto de Mula (Murcia). Está constituído por un santuario, do que proceden numerosas esculturas de pedra que representan principalmente cabalos, unha necrópole dos ss IV-III a C e un poboado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de espada empregada polos turcos e polos persas que se caracteriza por ter unha folla longa e curva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento metálico semellante a unha campá de reducidas dimensións que se colga do pescozo das cabezas de gando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ruído producido polas cinzarras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao escudo que ten barras de metal e cor opostas entre si.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos animais rampantes e enfrontados que, sosténdose sobre as patas traseiras, manteñen as patas dianteiras erguidas e miran un para o outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo industrial fundado en Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) en 1963, líder mundial no mercado da lousa e das rochas ornamentais. Está integrado por máis de 25 empresas. A súa facturación no ano 2000 superou os 25.000 millóns de pesetas (150,25 millóns de euros), dos que case a metade, 12.000 millóns (72,12 millóns de euros), corresponderon á lousa, da que produciron 164.000 toneladas (o 25% das ventas de lousa española). En 2001, as empresas do grupo daban emprego a máis de 1.200 traballadores. O director xeral é Manuel Fernández Blanco. O grupo CUPIRE acometeu un proceso de expansión que o levou, dende os seus núcleos de orixe valdeorreses e bercianos, a establecerse noutros puntos de Galicia e, posteriormente, en Andalucía, Castela e León, Portugal, Francia e Brasil. Ademais de consolidar a súa posición de privilexio no mercado da lousa, introduciuse, trala adquisición no ano 2000 do grupo Ramilo, no do granito. A súa actividade diversificouse coa produción de mármore en Brasil e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘cociña’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurisconsulto e economista. Estudiou na Universitat de València, na que posteriormente foi profesor. Publicou Lecciones de economía civil o del comercio (1779), libro no que deu a coñecer as doutrinas económicas francesas (fisiócratas e Condillac) e británicas (Hume e Cantillon). Foi membro da Academia da Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor árabe. Cronista e panexirista dos amíridos e, posteriormente, de diversos taifas, describiu algunhas campañas de Almanzor e de Abd al-Malik al-Mu ẓ affar. A súa obra é unha importante fonte documental para coñecer a historia de Al-Andalus.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, que corresponde á voz ‘pemento picante’.

    2. Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘pemento picante’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Soltar algo ou a alguén que está agarrado.

    2. Soltarse algo ou alguén que está agarrado.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Desatar ou romper unha embarcación as amarras.

      2. Desatar algo.

      1. Soltarse por calquera causa os cabos que suxeitan unha embarcación.

      2. Soltarse algunha cousa que estaba amarrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de desarraigar.

    2. Estado da persoa que non sente apego polo lugar ou a sociedade á que pertence.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arrincar da terra unha árbore ou unha planta coa súa raíz.

    2. Separar a alguén do seu lugar de orixe ou do ambiente en que vive.

    3. Eliminar un hábito, unha crenza, un sentimento, unha doenza ou vicio.

    VER O DETALLE DO TERMO