"Aso" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 411.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Furna da beira nororiental do cabo de Laxe, situada ao N da furna do Asno, no litoral da parroquia de Laxe, no concello homónimo.
-
-
Marcha militar rápida, adoptada como paso regulamentario de infantaría, fixada en 120 pasos por minuto.
-
Danza, con orixe na marcha militar, que se popularizou en España cara a 1926. Normalmente é de ritmo binario e de compás 2/4 ou ben 6/8, pero nalgúns casos tamén pode ser de ritmo ternario e de compás 3/4. Popularizada nas festas de touros, tamén figura en diversas zarzuelas.
-
-
PERSOEIRO
Escritor e realizador cinematográfico italiano. Influído por Gramsci, tentou enxertar un filoloxismo de ascendencia hermética na ideoloxía marxista. Crítico, narrador e poeta, loitou pola revalorización do feito de creación popular e, sobre todo, do friulano. Autor dos libros poéticos I diari (1945) e Poesie dimenticate (1965), e de novelas como Ragazzi di vita (1955), realizou os guións de películas como Morte di un amico (1959), La dolce vita (1960) ou La commare secca (1962). Logo de adquirir unha linguaxe cinematográfica autónoma e orixinal, dirixiu os filmes Accattone (1961), Mamma Roma (1962), La rabbia (1963), Il Vangelo secondo Matteo (1964), unha adaptación da vida de Xesús Cristo; Edipo re (1967), Medea (1970), Il Decamerone (1971, Silbernen Bär en Berlín), I racconti di Canterbury (1972, Goldener Bär en Berlín) e Salò o le 120 giornate di Sodoma (1976),...
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Ventoxo (Forcarei). O seu cumio acada os 600 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cabalo alado da mitoloxía grega, concibido por Posidón e a degolada Medusa. Segundo Hesíodo, naceu da cabeza de Medusa cando Perseo lla cortou preto das fontes do océano. Servidor de Zeus, cun couce orixinou a fonte Hipocrene, nas proximidades do bosque das Musas. É importante a súa relación con Belerofonte, xa que o heroe grego se serviu da súa montura para matar a Quimera e derrotar as amazonas. Finalmente, foi transformado en constelación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación boreal situada entre as de Raposa, Cisne, Lagarto, Andrómeda, Pisces, Acuario, O Cabaliño e Delfín. Contén 116 estrelas visibles, e o seu principal astro, á Pegasi, chamado tamén Markab, ten unha magnitude visual de 2,57 e está a 102 anos luz. Contén tamén un cúmulo de galaxias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Firma española de automóbiles de turismo, camións, autobuses e outros vehículos de tracción mecánica, fabricados pola Empresa Nacional de Autocares SA (ENASA). Tomando como base as factorías de La Hispano Suíza, marca que absorveu en 1946, en 1949 lanzou ao mercado o primeiro tipo de camión Pegaso, con motor diésel de 6 cilindros e 8 toneladas de carga útil, e en 1950 apareceu o primeiro tipo de autobús. En 1951 creouse o Pegaso Z-102, automóbil deportivo, aerodinámico e de gran potencia, provisto de 8 cilindros en V e que podía acadar os 240 km/h. Desde 1955 a empresa orientou a súa produción cara aos camións e autobuses. A finais da década de 1970 iniciou a fabricación de autocares, furgonetas, vehículos militares e maquinaria de obras públicas. En 1990 a firma italiana IVECO absorbeu ENASA.
-
PERSOEIRO
Músico cubano. Despois de iniciar a súa carreira en diversas orquestras de La Habana, en 1943 incorporouse á Orquesta Casino de la Playa, dirixida por Liduvino Pereira. Na súa música incorporou elementos do swing ao jazz para crear o mambo, polo que se coñeceu como “o rei do mambo”. Viaxou a México, onde formou unha das orquestra coa que difundiu o mambo por todo o mundo, sobre todo en EE UU. Da súa discografía destacan Qué rico el mambo (1949), Cerezo rosa (1955) e Corazón de melón (1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen ten a habilidade para persuadir.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sombreiro de á ancha utilizado na Antigüidade para protexerse do sol e da choiva, especialmente durante as viaxes.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Ourol, no concello homónimo. O seu cumio acada os 600 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ten a superficie lisa e sen elevacións.
-
Que ten unha vexetación pouca elevada.
-
Que non ten nubes.
-
Que non ten ningún grao ou título especial.
-
Que se move ou pasa a pouca altura do chan.
-
Que está cheo ata o bordo superior sen chegar a rebordar.
-
Terreo sen cultivar poboado de vexetación baixa.
-
-
-
PERSOEIRO
Médico italiano. Profesor nas universidades de Pavia desde 1796 e de Milán desde 1800, publicou diversos traballos médicos e en 1799 expuxo a teoría dos contraestímulos, que concibía como unhas substancias que diminuían a excitabilidade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Borato de sodio hidratado, de fórmula Na2B4O7 "Snell Roundhand" >⋅ 4H2O. Cristaliza no sistema monoclínico, ten unha dureza de 2,5 e unha densidade de 1,95.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de repasar.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Vigo a partir de 1980. Trátase da segunda etapa dunha revista anterior, dirixida polo doutor Luis Gómez. Coordinada polo doutor Isaac Arias, tentou difundir entre os profesionais do sector unha terapéutica farmacolóxica máis racional para a súa aplicación en hospitais e centros de saúde. Incluíu ensaios sobre fórmulas farmacolóxicas, estudos sobre a aplicación de medicamentos, revisión bibliográfica de compostos químicos e referencias a actividades profesionais dos farmacéuticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Coñecido como Pablo Neruda, en lembranza ao poeta checo Jan Neruda, foi cónsul en Madrid e Barcelona e estableceu unha grande amizade cos poetas da Xeración do 27. Partidario do bando republicano na Guerra Civil Española, ingresou no Partido Comunista en 1945. Candidato á presidencia da República de Chile en 1970, renunciou a favor do seu amigo Salvador Allende. Escribiu ao redor de corenta obras, como Veinte poemas de amor y una canción desesperada (1924), Residencia en la tierra (1935), España en el corazón (1937) e Tercera residencia (1947), en que iniciou o seu estilo épico, dunha retórica luminosa e dunha grande agresividade política, que tamén plasmou en Canto general (1950), poema en quince cantos que vai desde a evocación da América precolombina ata a exaltación política actual. Nos volumes de Odas elementales, iniciados en 1954, cantou as cousas máis elementais e cotiás. Tamén cómpre salientar os seus libros...
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia da ría de Arousa situada na illa de Arousa, na parroquia e concello homónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Gonfaloneiro de Florencia (1847), participou no alzamento toscano de 1848. En 1859 converteuse en xefe de goberno de Toscana, e levou a cabo a súa unión co Piemonte en agosto do mesmo ano. Substituíu a Camilo Benso di Cavour como primeiro ministro de Italia (1861-1862), cargo que volveu ocupar entre 1866 e 1897.
VER O DETALLE DO TERMO