"Ava" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 621.

    1. Sistema empregado antigamente para obter gravados en relevo mediante a luz do Sol.

    2. Impresión obtida polo procedemento do heliogravado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor xaponés. Coñecido polos nomes de Utagawa ou Ando, realizou cerca de 8.000 estampas, das que destacan Cincuenta e tres vistas da ruta de Tōkaidō (1833), Vinteunha paisaxes baixo a lúa e Cen vistas de Edo (1853-1856). Foi un destacado paisaxista e un mestre para captar, cun debuxo preciso e unha cor rica, as características dun lugar determinado a calquera hora do día e con calquera fenómeno meteorolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Considerar algo con menor valor ou importancia da que realmente ten.

    2. alorarse alguén por debaixo da súa verdadeira valía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Linguaxe de programación por obxectos creado por Sun Micro-systems, Inc. que permite crear programas que funcionan en calquera tipo de ordenador e sistema operativo. Emprégase para crear programas especiais denominados applets, que se poden incorporar en páxinas web para facelas interactivas. O único requirimento é que o navegador utilizado sexa compatible con Java.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista búlgaro. Coñecido como Christo, creou unha obra significativa mediante os embalados de diversas cousas, idea que trasladou ata os espacios naturais, facendo deste xeito unha obra próxima á land art. Entre outros proxectos destacan o realizado nas costas de Australia (1969), as Surrounded Islands en Florida (1983) e os empaquetados do Pont Neuf de París (1985) e do Reichstag de Berlín (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de homes primitivos, da familia dos homínidos, que se engloba actualmente dentro do xénero Homo e a subespecie Homo sapiens soloensis. Foi descuberto nun depósito fluvial de Ngandong (Xava).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do kraj de Moravia Meridional, situada na República Checa (52.271h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DIARIOS

    Diario francés fundado en 1665 en París. O seu inspirador foi J. B. Colbert, coa intención de que servise para dispoñer a cultura ao servizo do Estado. Incluía información literaria e científica. Desapareceu en 1792 e reeditouse a partir de 1816; en 1902 foi adquirido polo Institut de France e converteuse en órgano das cinco academias francesas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta grego. Escribiu unha obra poética de extensión limitada e única na súa totalidade, na que revelaba o seu sentimento tráxico ante a vida, coa excepción da evocación dos amores prohibidos e da vontade que ofrecen. Inspirados nunha lectura e nunha reflexión constante da historia, os seus poemas nunca foron recollidos en libro. En 1935, en edición póstuma, publicáronse uns 154, dentro do corpus que o autor destinou á súa publicación. Posteriormente, editáronse en 1963 algúns artigos en prosa e, en 1968, uns 75 poemas novos que o autor desaconsellara difundir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nomós de Macedonia, Grecia (2.111 km2; 135.937 h [1991]). A súa capital é Kavála (58.025 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor inglés. Interesado polos estudios clásicos e pola influencia da Revolución Francesa no seu tempo, está considerado como un dos máis destacados poetas da época. Publicou anonimamente Gebir (1798), primeira peza destacada da súa obra poética, a súa extensa obra en prosa Imaginary Conversations (1828), The Hellenics (1847), Drysticks (1858) e Heroic Idylls (1864).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Material fundido que xorde dos volcáns no momento da erupción e forma ríos que baixan polas súas vertentes. A temperatura da lava depende do contido de gases e da súa composición, pero oscila entre os 600°C e os 1.100°C. As lavas ácidas, ricas en sílice, son máis viscosas ca as lavas básicas. Ao arrefriarse, a lava fluída dá lugar a amontoamentos caóticos de bloques irregulares e puntiagudos, que constitúen a lava de bloques (aa en hawaiano e apalhraum en islandés). A lava viscosa, que se despraza lentamente, dá lugar a formas rugosas que constitúen a lava cordada (pahoehoe en hawaiano e helubraun en islandés). As lavas que se solidifican no mar forman uns esferoides en forma de coxín e denomínanse lavas almofadadas ou pillow-lavas. Finalmente, as lavas terciarias ou cuaternarias, consolidadas en condicións particulares de estancamento, dan lugar a estruturas prismáticas de cinco ou seis caras, en forma de columnas, que é a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode lavar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de porcelana, cerámica vernizada ou outros materiais como o aceiro, cunha ou dúas billas, que se utiliza para asearse.

    2. Cuarto da casa destinao ao aseo persoal.

    3. Fonte situada nos claustros dos mosteiros en que os monxes lavaban as mans despois de xantar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que reciben dúas especies de algas do xénero Ulva, U. rigida e U. lactuca, da familia das ulváceas. Son algas laminares de cor verde escura, consistentes e cos bordos ondulados. Atópanse nos niveis intermareal ou infralitoral, adheridas ás rochas ou como epífitas doutras algas. Atópanse en augas ricas en materia orgánica, polo que se empregan como indicadores de contaminación, ou preto da costa. Ricas en vitaminas, son comestibles, pero empréganse máis como abono para a terra. A principal diferenza entre as dúas especies é que a U. rigida presenta uns pequenos dentes nos bordos que non aparecen na especie U. lactuca. OBS: Tamén se denomina leituga de mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar da parroquia de Sabugueira que pertence ao concello de Santiago de Compostela. Está integrado no Camiño Francés de peregrinación a Santiago, e a orixe do nome pode estar en que alí os peregrinos facían un alto para asearse antes de chegar á cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aeroporto situado no concello de Santiago de Compostela. Está declarado desde 1995 de actuación conxunta civil-militar. A titularidade dos seus terreos repártese entre Aena e o ministerio de Defensa. A terminal de pasaxeiros rematouse de construír en 1969 e ampliouse en 1976, 1982 e 1993. Emprégase para tráfico regular e chárter, tanto nacional como internacional, e para aviación xeral. En 2001 acadou a certificación ISO 9001/2000. En 2003 rexistrou un total de 1.381.826 pasaxeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dispositivo colocado no automóbil que se utiliza para lanzar auga sobre o cristal dianteiro ou traseiro para limpalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: carqueixa.

    VER O DETALLE DO TERMO