"BRE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 949.

  • PERSOEIRO

    Militar. Como comandante da guarnición da Coruña, apoiou o alzamento que encabezou Juan Díaz Porlier o 19 de setembro de 1815 para reinstaurar a legalidade constitucional. Non obstante , a pesar da súa intervención neste pronunciamento, non chegou a cumprir a pena imposta trala derrota do exército sublevado debido a que logrou fuxir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. s

    2. Cabrestante de cadeas inventado polo oficial da mariña francesa Barbotin que se caracteriza porque na parte inferior do gardainfante leva un anel de ferro moldeado en forma de 8.

    3. Arco con coroa Barbotin no que esta, no canto de ir fixada ao eixo daquel, acciónase desde o interior por un pequeno piñón cravado na cuberta que se pon a andar no seu torno por medio dunha roda dentada solidaria no eixo do cabrestante. Conserva a posibilidade de manobrar co brazo a pesar do esforzo que a miúdo cómpre realizar para levar áncoras.

    4. Conxunto de dous cabrestantes cun eixo común situados en diferentes cubertas.

    5. Cada un dos diferentes tipos de cabrestantes movidos co brazo que se empregan para facer grandes esforzos cando o número de homes debe reducirse. Un sistema de rodas ensambladas na base amplía considerablemente ese esforzo.

    6. Cabrestante cun dispositivo para poder traballar con cadeas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Comezou a traballar no teatro en compañías de afeccionados, ata que foi contratado por Adolfo Marsillach para debutar no filme El frente infinito (1956) de Pedro Lazaga. Especialista en papeis secundarios, interpretou a distintos personaxes en Distrito quinto (1957), Tristana (1970), El viaje a ninguna parte (1986) e Licántropo (1996). Participou tamén nalgunha produción estranxeira como Doctor Zhivago (1965) e Profession: Reporter (Profesión: Reporteiro, 1975). En 1960 foi premiado no Festival de Valladolid polo seu papel en El inocente, de Josep Maria Forn.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mesturar terras de diferente calidade ou materiais de consistencia semellante.

    2. Mesturar a fariña coa auga antes de amasar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Calabria, aos seus habitantes ou ao dialecto calabrés.

    2. Natural ou habitante de Calabria.

    3. Dialecto do italiano, do grupo centromeridional, que se fala en Calabria.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Diámetro interior do canón dunha arma de fogo. Desde o s XIX mídese en milímetros, centímetros ou polgadas. Nos exércitos de terra, o calibre máximo empregado é o de 203 mm, e na mariña, de 127 mm.

      2. Diámetro dun proxectil.

      3. Unidade de medida que permite determinar a lonxitude do canón relacionándoo co calibre interior. Así, un obús de 105/26, significa que ten un tubo de 26 mm de diámetro e 105 mm de lonxitude.

      1. Diámetro interior dun tubo ou dun obxecto cilindrico furado lonxitudinalmente.

      2. Diámetro dun fío, un arame ou unha barra metálica ben acabada.

      3. Grosor dunha chapa ou lámina de metal. OBS: Tamén se aplica ao grosor doutros obxectos.

    1. Utensilio que mide o interior, o exterior e a profundidade dos obxectos.

    2. Peza de madeira ou de metal que ten a forma que é nacesario darlle ao obxecto que se vai formar.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín informativo de carácter sindical que apareceu en Arcade-Soutomaior a finais do século XX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Miño baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Arzúa baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia e capital do concello de Cambre, baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Malpica de Bergantiños baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello das Mariñas, situado na provincia e na comarca da Coruña, no NO da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos municipios de Oleiros e Sada; polo S co de Carral; ao L cos de Bergondo e Abegondo e polo O co concello de Culleredo (todos eles da comarca da Coruña). Abrangue unha superficie de 40,7 km 2 cunha poboación de 14.972 h (1996), distribuídos nas parroquias de Anceis, Andeiro, Brexo, Bribes, Cambre, Cecebre, Cela, Meixigo, Pravio, Sigrás, O Temple e Vigo. A capital municipal, Cambre, sitúase a 43° 17’ 20’’ de latitude N e a 8° 20’ 50’’ de lonxitude O, 12 km ao SL da Coruña e 54 km ao NL de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial e á arquidiocese de Santiago de Compostela.
    Xeografía física
    O territorio municipal de Cambre está baixo o dominio climático oceánico húmido, dentro do subtipo do litoral atlántico do NO, caracterizado pola suavidade térmica e as precipitacións moderadas. Durante o inverno vese afectado polos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ensaísta. Licenciado en Filosofía e Letras e graduado en ciencias sociais, foi profesor da Universidad de Puerto Rico. Colaborador en múltiples xornais e revistas especializadas de distintos países, publicou estudios sobre a problemática socioeconómica de Galicia entre outros temas: Galicia ante el desequilibrio regional de España (1968), A revolución dos transportes marítimos e os complexos portuarios europeos (1969), Educación e desenrolo: estrutura e problemas do ensino en Galicia i en España (1969), El Espacio regional en el desarrollo económico de España (1970), Estrutura y problemas de la enseñanza en España (1971), El Fenómeno del regionalismo: una visión gallega del problema (1972), Monopolios norteamericanos y corporaciones multinacionales (1972), Galicia de hoxe: problemática dun pobo en crise (1973), Galiza de hoxe (1973), La Lengua gallega: en pleno resurgimiento o en peligro de muerte? (1974),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro beneditino situado en Cambre, fundado no s X. No 942 os monxes Gutierre e Aloyto doaron todas as posesións do cenobio ao mosteiro compostelán de Antealtares. Funcionou primeiro como abadía dependente de Antealtares e despois como priorado. No 1141 a condesa Sancha González retirouse a Cambre e doou a igrexa de Santo Estevo de Morás. En 1489, trala reforma monacal, pasou a depender do mosteiro de San Martiño Pinario. Saqueado en 1489 por piratas ingleses, en 1809 foi incendiado polas tropas francesas e só permaneceu en pé a igrexa. Trala desamortización pasou a mans particulares. A igrexa, hoxe parroquial, é unha das catro construcións do románico rural galego que ten deambulatorio. Ten planta de cruz latina e tres naves no eixe lonxitudinal, e outra no cruceiro. As naves están datadas en 1194, segundo unha inscrición dun arco situado á beira do cruceiro feita por Michael Petri, mentres que o deambulatorio e as capelas son da primeira metade do s XIII. O presbiterio está...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequena rexión no sector S dos departamentos franceses de Nord e de Pas-de-Calais, entre a chaira de Flandres e a conca de París, regada polo río Escolda. A capital é Cambrai. As principais industrias son a alimentaria, a metalúrxica e a téxtil (fiaduras, encaixes e bordados). É unha das rexións máis poboadas e explotadas de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Bretaña (1341-1364). Sobriño de Filipe VI de Francia e herdeiro do ducado de Bretaña polo seu matrimonio (1337) con Xoana de Penthièvre, sobriña do duque Xoán III. Morto este no 1341, disputoulle o ducado Xoán, conde de Montfort l’Amaury, apoiado por Eduardo III de Inglaterra, feito que orixinou a longa loita pola sucesión de Bretaña. Foi beatificado en 1904.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Navarra (1387-1425), fillo e sucesor de Carlos II. O seu casamento en 1375 coa infanta Leonor, filla de Enrique II de Castela, puxo fin ao longo período de hostilidade entre estes reinos. Asinou diversos tratados de paz con Castela e Aragón. Concluíu un acordo con Ricardo III de Inglaterra en 1393 polo que recuperaba Cherburgo. Polo Tratado de París de 1404, que asinou con Carlos VI de Francia, renunciou aos condados de Champagne, Brie e Évreux, e á cidade de Cherburgo, e recibiu o ducado-paria de Nemours. Comprometeuse con Fernando I de Aragón a impedir que Antón de Luna, partidario de Xaime o Desgraciado, conde de Urgell, recibise axuda desde Navarra e Francia. Recoñeceu en 1390 o papa de Aviñón, pero, unha vez que foi proclamado Martiño V, someteuse á obediencia de Bieito XIII. En 1423 instituíu o título de príncipe de Viana, privativo dos herdeiros do Reino de Navarra, a favor de Carlos, primoxénito da súa filla Branca e de Xoán, infante de Aragón. Reformou a facenda...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento elaborado en 1974 polas organizacións Unión do Pobo Galego (UPG), Unión Democrática Bretona (UDB) e Irish Republican Movement (IRM, composto polo Sinn Fein e o IRA) no que se avogaba polo dereito de autodeterminación dos pobos nunha Europa socialista. Posteriormente sumáronse a este documento outras organizacións da esquerda nacionalista: HASI, de Euskadi, Esquerra Catalana dels Treballadors, Cymru Goch (Gales Vermello), PSAN(p) (Partit Socialista D’Alliberament Nacional dels Països Catalans, provisional), Su Populu Sardu e Lutte Occitane.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo francés. Foi axudante de dirección do realizador Jean Renoir. Colaborou cos realizadores cinematográficos René Clair e Jacques Becker, e realizou a curtametraxe Le Retour (O regreso, 1945). Especializado en reportaxes fotográficas de todo o mundo, fundou, xunto con Robert Capa e David Seymour, a axencia Magnum Photos (1947). Expuxo os seus traballos no Museum of Modern Art de Nova York (1946), en Londres (1955) e París (1967). En 1973 deixou a fotografía profesional e dedicouse exclusivamente á pintura. Da súa autoría son os libros Les Européens (Os europeos, 1955) e Photographies (Fotografías, 1963), entre outros.

    VER O DETALLE DO TERMO