"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • Propiedade de ser opaco á calor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de libros que leva como subtítulo “Aproximación á distribución dos Vertebrados de Galicia durante o quinquenio 1980-1985”. Realizado pola Sociedade Galega de Historia Natural e publicado polo Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela en 1995, consta de dous tomos, un dedicado ás aves e outro aos mamíferos, réptiles e anfibios. Emprega para a distribución das especies a cartografía UTM que converte Galicia en 360 cuadrículas de 10x10 km. Reproduce 60 mamíferos, 146 aves, 15 anfibios, 24 réptiles e 11 peixes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Libro de Xosé Manuel Beiras Torrado, publicado pola editorial Galaxia en Vigo no ano 1972, no que se enuncia a teoría do atraso como modelo explicativo da estrutura económica de Galicia. Segundo a obra, as transformacións económicas que se estaban a producir daquela no país non se acompañaban dun desenvolvemento e dun crecemento parello, polo que incidían na permanencia dunha economía dependente e caracterizada por niveis de produtividade, renda per cápita, consumo, porcentaxe da poboación activa, etc, inferiores aos dos países do seu contorno, eis o atraso. Dende esta perspectiva, o país sufría un proceso de desartellamento territorial (éxodo rural), esmorecemento demográfico, crise agraria, proletarización da poboación e desastre ecolóxico pola xestión anárquica do hábitat. A obra conclúe que o atraso de Galicia é responsabilidade de factores como a emigración secular, o raquitismo burgués, a insolidariedade institucional ou a colonización financeira, e que o minifundismo, as deficientes...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e mestre,afiliado ao Partido Socialista Obrero Español. Foi Secretario Xeral da agrupación local do Barco e da comarcal de Valdeorras. Membro do Comité Nacional do PSdeG-PSOE, foi deputado no Parlamento de Galicia na segunda lexislatura, entre decembro de 1987 e outubro de 1989, cubrindo a baixa do electo Manuel Veiga Pombo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Empezou a súa carreira literaria publicando traducións do inglés e do francés en El Diario de la Habana. Moitas das súas obras, entre as que destacan Mauricio (1845), Úrsula (1848) e Una venganza (1850), apareceron como folletíns dominicais no Diario de la Marina. Asinaba co pseudónimo de Felicia. Escribiu os ensaios Luisa Siged e La Mujer Ilustradora, reivindicando unha educación sistemática para a muller e o voto feminino.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Impulso que leva a realizar sen temor accións difíciles, intrépidas ou perigosas.

    2. Acto de gran valentía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Admisión para ser oído, principalmente cando a concede algunha autoridade.

      1. Conxunto de persoas que nun momento determinado deciden sintonizar e atender un programa dun canal de televisión, dunha emisora radiofónica, ou ben adquirir e ler unha publicación periódica. É conveniente distinguir entre audiencia de televisión por cadenas, por programas e por franxas horarias. A medición da audiencia é fundamental para intentar calcular o número de impactos publicitarios que os anunciantes poden conseguir entre os potenciais consumidores. A audiencia condiciona o nivel de investimento publicitario dos anunciantes nos medios de comunicación.

      2. audiencia acumulada

        Número de persoas que recibiron algún impacto dunha mensaxe publicitaria emitida por un medio de comunicación concreto. Mídese porcentualmente sobre a totalidade da audiencia. En televisión utilízase este termo para facer referencia ao número de persoas que viron parte ou a totalidade dun programa.

      3. audiencia máxima

        Medida porcentual, sobre o total da audiencia, do número de persoas que seguiron un programa de radio ou televisión ao longo da súa emisión.

      4. audiencia media

        Cifra de persoas, en relación á audiencia total, que sintonizaron un programa televisivo ou radiofónico durante un período de tempo ou que len diaria, semanal quincenal ou mensualmente cada número dunha publicación.

      5. audiencia mínima

        Medida porcentual, sobre o total da audiencia, do número mínimo de persoas que seguiron a emisión dun programa durante un período de tempo.

      6. audiencia útil

        Sector da audiencia que comprende o público obxectivo e potencial dun anunciante. Son as persoas que o anunciante cre que están máis predispostas a adquirir un produto ou a utilizar un servicio.

    2. Lugar onde se axuntan os Tribunais de Xustiza, onde se celebran as audiencias.

      1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comunicación con intercambio de voz realizada cunha tecnoloxía específica a través dunha rede informática ou telemática como a Internet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Frecuencia de oscilación comprendida dentro da banda de audio (entre 15 e 20.000 Hz), perceptible polo oído humano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palacio de Música, Teatro e Congresos da cidade de Santiago de Compostela, inaugurado o 20 de outubro de 1989 cun concerto da Orquestra Nacional de España baixo a dirección de Odón Alonso e cunha exposición antolóxica de Laxeiro. O convenio para a súa construción asinárono o 15 de xuño de 1988 o ministro de Cultura, o Presidente da Xunta de Galicia e o alcalde de Santiago. O proxecto técnico redactárono os arquitectos Julio Cano Lasso e Diego Cano Pintos. Dende os seus comezos, exerce as funcións de xerencia do Auditorio Xosé Denis Hombre. O contorno do edificio inscríbese nun espazo exterior á cidade histórica e combina o urbano co paisaxismo natural, contrastando o granito, as galerías acristaladas e o cobre. Consta dunha sala de exposicións no nivel inferior; unha sala para música e teatro cunha capacidade de 1.032 prazas aproximadamente, destinada ás representacións teatrais, ópera, concertos e ballets; unha sala cunhas 600 butacas e un escenario máis reducido, axeitada para concertos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sal sódico ou amónico da hexanitrodifenilamina. Emprégase como colorante e en fotografía para facer filtros de luz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SEMANARIOS

    Semanario de tendencia moderada aparecido o 8 de maio de 1845, que cesaría aos tres meses de saír. Fundado por Xosé Mª Posada, foi dirixido por Íñigo García Jiménez. Contou coas colaboracións de Francisco Añón, Xosé Mª Carracido, Alberto Camino, Posada e Xosé María Gil. Incluía informacións sobre a industria, o comercio, a moral pública e contiña tamén páxinas de literatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Santiago no ano 1871, dirixida por Valentín Lamas Carvajal na súa época de estudiante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de ausentar.

    2. Feito de non estar unha persoa ou cousa onde debe ou onde se espera que estea.

    3. Tempo durante o cal se está ausente.

    4. Privación ou carencia de algo.

      1. Condición da persoa que desapareceu do seu último domicilio ou residencia sen que se tiveran novas. A lexislación española considera tres situacións: ausencia presunta ou de feito, ausencia legal ou declarada -cando transcorreu un ano ou tres, se o desaparecido deixa ou non unha persoa apoderada-, e, máis alá de determinados termos, a declaración de morte.

      2. En dereito procesal canónico, rebeldía.

    5. Breves interrupcións, de 5 a 30 segundos, da acción e da consciencia acompañadas dunha expresión estraña da mirada, propias das variedades máis leves da epilepsia ou dun pequeno mal.

    6. Perda momentánea da memoria ou do coñecemento que responde a causas diversas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Feito de non estar unha persoa ou cousa onde debe ou onde se espera que estea.

    2. Tempo durante o cal se está ausente.

    3. Privación ou carencia de algo.

      1. Condición da persoa que desapareceu do seu último domicilio ou residencia sen que se tiveran novas. A lexislación española considera tres situacións: ausencia presunta ou de feito, ausencia legal ou declarada -cando transcorreu un ano ou tres, se o desaparecido deixa ou non unha persoa apoderada-, e, máis alá de determinados termos, a declaración de morte.

      2. En dereito procesal canónico, rebeldía.

    4. Breves interrupcións, de 5 a 30 segundos, da acción e da consciencia acompañadas dunha expresión estraña da mirada, propias das variedades máis leves da epilepsia ou dun pequeno mal.

    5. Perda momentánea da memoria ou do coñecemento que responde a causas diversas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de auspiciar. Ex: Auspiciado o seu destino, comprobou que non era tan desastroso como pensaba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer auspicio, predicir algo que vai acontecer.

    2. Favorecer algunha iniciativa ou empresa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Noción que cadaquén ten do propio ser.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema político no que o poder do gobernante se considera derivado del mesmo e non recoñece, polo tanto, ningún outro límite á súa actuación. Foi o sistema oficial da monarquía rusa ata o 1917. Sono todas aquelas ditaduras que deixan o poder en mans dun só home.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Investimento interno realizado por unha empresa mediante a operación de deducir unha parte dos beneficios destinándoa ao mencionado investimento. A finalidade básica do autofinanciamento é a de poder realizar os investimentos sen necesidade de recorrer a medios externos e evitar os custos financeiros correspondentes. É particularmente interesante para as pequenas empresas, que teñen un acceso limitado a outras fontes de financiamento, e é igualmente unha das fórmulas financeiras máis empregadas polos grandes grupos económicos dos países desenvolvidos.

    VER O DETALLE DO TERMO